Odontopera bidentata
Odontopera bidentata | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia[1] | |||||||||||||||
|
Odontopera bidentata é unha especie de avelaíña de Europa e Asia da familia Geometridae. Foi descrita por Carl Alexander Clerck en 1759.
Distribución
É unha especie común no norte e centro de Europa, incluíndo as Illas Británicas e Rusia ata os Urais. Tamén se esende por Siberia e a rexión do río Amur-Ussuri ata as illas Kuriles e o Xapón.
Descrición
A súa envergadura alar é de 46–50 mm. A cor de fondo das ás anteriores adoita ser marrón agrisada. A parte central da mesma cor está beireada por barras anegradas que a miúdo son parcialmente brancas. No bordo das ás baixo o ápice hai dous dentes característicos que fan protrusión. O nome científico da especie deriva disto, do latín bidentatus, 'con dous dentes'. A liña que cruza escura externa das ás anteriores continúa nas ás posteriores. Todas as ás teñen manchas con forma de anel escuro. O tórax é peludo. É unha especie moi variable e a súa cor de ás varía de branquecho a beixe e marrón e a negro, ás veces con variegación, mais é sempre doadamente identificable pola mancha clara en cada á e as características beiras das ás con entrantes irregulares. As eirugas do último estadio ou ínstar teñen unha coloración amarronada. Porén, pode haber outras variacións de cor. Son características dúas pequenas xibas no penúltimo segmento así como dúas protrusións escuras parecidas a cápsulas na cabeza.
Nesta especie fixéronse estudos sobre o melanismo industrial.[2]
A época voadora dos adultos varía segundo a rexión; por exemplo, nas illas Británicas é de maio a xuño e son atraídas pola luz.
A eiruga é verde ou marón e con forma semellante a un pau, e aliméntase de diversas plantas (ver lista máis abaixo). A especie pasa o inverno en forma de pupa.
Bioloxía
Os seus hábitats inclúen bosques caducos e mistos, bosques pantanosos e parques.
Plantas que son alimento das larvas
- Alnus – ameneiro
- Arctium
- Artemisia
- Betula – bidueiro
- Cirsium – Cirsium arvense
- Crataegus – estripeiro
- Fraxinus – freixo
- Hedera – enredadeira
- Larix – lárice
- Ligustrum – ligustro
- Malus – maceira
- Picea – abeto vermello
- Pinus – piñeiro rubio
- Populus – chopos
- Prunus – cerdeira
- Quercus – carballo
- Rhododendron
- Ribes
- Salix – salgueiro
- Sorbus – capudre
- Tilia – tileiro
- Trifolium – trevo
- Vaccinium – arandeira
Subspecies
- Odontopera bidentata bidentata (Clerck, 1759) (Europa)
- Odontopera bidentata exsul Tschetverikov, 1904 (leste de Asia)
- Odontopera bidentata kurilana Bryk, 1942 (illas Kuriles)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Chinery, Michael (1986, reprinted 1991). Collins Guide to the Insects of Britain and Western Europe.
- Skinner, Bernard (1984). The Colour Identification Guide to Moths of the British Isles.
Ligazóns externas
- Kimber, Ian. "70.240 BF1920 Scalloped Hazel Odontopera bidentata (Clerck, 1759)". UKMoths. Consultado o 5 de xullo de 2019.
- Fauna Europaea
- Lepiforum e.V.