San Xosé de Ribarteme, As Neves
- Artigo
- Conversa
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
San Xosé de Ribarteme | |
---|---|
Panorámica do val de Ribarteme. | |
Concello | As Neves[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°06′52″N 8°23′47″O / 42.114337959133, -8.39644151413918°23′47″O / 42.114337959133, -8.3964415141391 |
Poboación | 238 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 20[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xosé de Ribarteme é unha parroquia que se localiza no concello das Neves. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 286 habitantes (138 mulleres e 148 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 314 habitantes.
No tocante á súa xeografía posúe dous elementos relevantes: o monte San Nomedio, de 690 metros de altitude e que domina toda a parroquia, e o río Termes, afluente do Miño e que transcorre por ela.
Nesta parroquia naceu o sacerdote Manuel Gómez González.
Cada 29 de xullo celébrase a romaría de Santa Marta, que posúe como singularidade unha famosa procesión de cadaleitos arredor da igrexa parroquial. Dentro dos cadaleitos van persoas vivas que deste xeito agradécenlle á santa a súa axuda na cura dalgunha doenza. Trátase dunha das romarías máis antigas de Galiza. Segundo o xornal británico The Guardian trátase da segunda festa máis curiosa do mundo [2] e foi, ademais, obxecto dun documental que a produtora catalá Mago Productions encargou aos profesores australianos Claudia Terstappen e Greg Wallif[3]
Lugares da parroquia de San Xosé de Ribarteme no concello das Neves (Pontevedra) | |
---|---|
O Areal | Babareira | Bocas | Casal da Vila | A Cernada | A Cortegosa | O Cotiño | O Coto de Lobos | O Coto | Currás | A Estrema | A Muradella | O Outeiro | As Pedriñas | A Portela | Quinteiro | Rodeiro | Rubial | Sancharredonda | Zafal |
Control de autoridades |
|
---|