Patrimonio da Humanidade en Gambia
- Artigo
- Conversa
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Gambia, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Gambia ratificou a convención o 1 de xullo de 1987, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]
Nº | Nome | Imaxe | Localización | Ano da inclusión | Datos da UNESCO |
---|---|---|---|---|---|
01 | Illa Kunta Kinteh | ![]() | North Bank | 2003 | 761rev-001; iii, vi (cultural) |
02 | Círculos megalíticos de Senegambia | ![]() | Central River | 2006 | 1226; i, iii (natural) |
Illa Kunta Kinteh (2003) · Círculos megalíticos de Senegambia (2006) | |||
Países con Patrimonio da Humanidade | |
---|---|
África | |
América | |
Asia | |
Europa | |
Oceanía |