O Mikoyan-Gurevich MiG-17 (designación OTAN: Fresco) é un caza subsónico deseñado para os roles de superioridade aérea e cazabombardeiro na Unión Soviética. Voou por vez primeira en xaneiro de 1950 e comezou a operar dous anos despois na Forza Aérea Soviética e na doutros países como China (co nome Shenyang J-5), Polonia (PZL-Mielec Lim-6), ou Vietnam.
A meirande parte das versións do MiG-17 non poden levar mísiles aire-aire, e usan os seus canóns para derrubar avións inimigos. Foi usado na Guerra de Vietnam e resultou ser unha ameaza efectiva contra os cazas supersónicos estadounidenses.