Micaela Chao Maciñeira
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1892 Viveiro, España |
Morte | 27 de novembro de 1928 (35/36 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | política |
Lingua | Lingua galega |
Familia | |
Cónxuxe | Antón Villar Ponte |
Fillos | Antonio e Carmen |
Irmáns | Teresa Chao Maciñeira |
Micaela Chao Maciñeira, nada en 1892 en Viveiro[1] e finada o 27 de novembro de 1928, foi unha política galega.
Da familia de Federico Maciñeira Pardo de Lama, era irmá de Teresa Chao Maciñeira, participou no acto fundacional das Irmandades da Fala, formou parte da delegación das Irmandades que viaxou a Cataluña en 1917. Actuou en diversas pezas teatrais do Conservatorio Nazonal do Arte Gallego e foi a principal animadora da constitución en agosto de 1918 da Sección Feminina da Irmandade coruñesa, da que foi a súa primeira conselleira primeira.
Casou en 1913 con Antón Villar Ponte ao que coñeceu en Cuba.
Finou a consecuencia dunha nefrite contra a que nada puideron os médicos Urbano Losada e Búa.[2]