As súas terras localízanse xunto ao río Cachoeira, non moi distante do litoral. A sede do municipio sitúase a uns 4,5 m sobre o nivel do mar. Hai algunhas montañas próximas cubertas por vexetación remanecente da Mata Atlántica.
Joinville ten ese nome pois foi fundada en terras de François Ferdinand Philippe, príncipe de Joinville e marido da irmá do emperador Pedro II do Brasil, Dona Francisca. As terras foron un regalo do casamento. O príncipe e Dona Francisca xamais visitaron as terras, mais unha casa foi construída para eles, que é hoxe o "Museu Nacional de Inmigración e Colonización Palacio dos Príncipes de Joinville". Non obstante, os primeiros habitantes da rexión foron os indios tupis e guaranís, feito comprobado por 40 sitios arqueolóxicos encontrados nas súas proximidades.
Entre os anos 1950 e 1980 a cidade tornouse eminentemente industrial, e recibiu a denominación de Manchester catarinense.
Hoxe a súa produción industrial é escoada por estradas para outras rexións do Brasil (ten acceso fácil ao sur do Brasil e Mercosur, e tamén a Curitiba, e desta até Sao Paulo e Río de Xaneiro), e por ferrocarril até os portos de Itajaí e de São Francisco do Sul, situados uns 40 e uns 90 km da cidade, respectivamente. Tamén posúe unha Universidade privada - UNIVILLE - e algúns cursos da Universidade estatal - UDESC.