Jean Lafaurie
- Artigo
- Conversa
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de novembro de 1914 Bordeos, Francia ![]() |
Morte | 22 de xullo de 2008 (93 anos)![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francesa. |
Educación | ![]() ![]() |
Coñecido por | Estudos de moeda francesa medieval. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático , bibliotecario ![]() |
Empregador | Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia École pratique des hautes études ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua francesa ![]() |
Premios | |
- 1965: Medalla da RNS. - 1974: Medalla Huntington (ANS) - (1993): Premio Derek Allen (BA). |
Jean Lafaurie, nado o 21 de novembro de 1914 en Bordeos, Aquitania, e finado o 22 de xullo de 2008 na mesma cidade, foi un numismático francés.
Xunto con Philip Grierson e Walter Hävernick, foi un dos numismáticos máis salientables da segunda metade do século XX na investigación da historia monetaria da Idade Media.[1]
Nado en Bordeos, e nesa cidade traballou inicialmente como empregado de correos. Carente dunha formación numismática específica, Lafaurie instalouse en París, onde frecuentou o ambiente numismático e, en 1944, ingresou como axudante no Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, inicialmente na sección de moeda moderna e papel moeda.[1] A súa vinculación ao Gabinete mantívose ata a súa xubilación en 1979, logo da cal se lle concedeu o título de conservador honorario.[2]
Completou os seus estudos na Escola Práctica de Altos Estudos da Universidade de París, onde se graduou en 1949 cunha tese que sentou as bases dos seus dous libros sobre as moedas dos reis franceses.[1] O primeiro destes catálogos, publicado en 1951, abrangue os monarcas da dinastía dos Capetos e da casa de Valois, ata Lois XII, e o segundo dedícase aos soberanos dos séculos XV e XVI, publicado en 1956.[3]
No propio 1949 comezou a exercer a docencia de Numismática Romana e Medieval na Escola Práctica de Altos Estudos,[2] e en 1958 foi nomeado director de estudos desa institución académica.[1]
Sen abandonar outras épocas, Lafaurie foi orientando as súas investigacións cara á numismática dos séculos III a XI (moedas ostrogodas e cuñaxes visigodas, particularmente dos burgundios e dos francos, cuñaxes merovinxias etc.).[4]
En 1953 participou, en condición de secretario, na organización do V Congreso Internacional de Numismática, celebrado en París, baixo a presidencia de Jean Babelon.[1][2][5]
Lafaurie foi un membro moi activo na Sociedade Francesa de Numismática (SFN), na que ingresou en 1942, e colaborou con asiduidade coa súa Revue numismatique, revista que dirixiu en varios períodos.[4][6] Na SFN ocupou o cargo de secretario e, entre 1959 e 1961, o de presidente.[1][2]
Foi foi nomeado membro honorario da Comisión Internacional de Numismática.[4] A Sociedade Suíza de Numismática nomeouno membro honorario en 1956 e recibiu o título de doutor honoris causa pola Universidade de Zürich.[7]
Por outra parte, con motivo da súa xubilación, a Sociedade Francesa de Numismática honrouno coa publicación en 1980 dun volume composto coa colaboración de diversas figuras da numismática do seu tempo, coordinado por Pierre Bastien.[8]
Jean Lafaurie foi un prolífico autor de artigos e colaboracións publicados en obras conxuntas e nas principais revistas numismáticas do seu tempo. No momento da súa xubilación en 1979 a súa bibliografía abranguía 454 artigos.[2] Amósase a seguir unha escolma representativa dos seus artigos e dos seus traballos monográficos:[12][13][14][15]
Predecesor: Jean Tricou | Presidente da Sociedade Francesa de Numismática 1959-1961 | Sucesor: Jacques Heurgon |