Ite
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Biografía | |
---|---|
Familia | |
Pai | Breogán |
No Libro das conquistas de Irlanda, Ite (ou Ith)[1] é un dos dez fillos do caudillo celta Breogán, esposo de Bron e pai de Lugai; da estirpe dos gaedil. Dende neno soñaba que había unha terra ó norte de Brigantia. Cando é maior, xa un sabio e valoroso guerreiro, alcanza a ver, dende a torre de Brigantia, unhas terras máis aló das illas Casitérides.
Ith, parte con tres barcos e trinta homes cara ás terras que vira, co consello de Breogán de que non debe descabalgar do seu cabalo mentres dure a viaxe. Fai escala nas illas Casitérides, onde algúns amigos se unen á súa expedición. Tras afrontar moitos perigos, chega por fin ás terras ás que se dirixía, ás que chama Eirín (Irlanda), que resultan ser verdes e húmidas coma o reino de seu pai.
A expedición atópase cunha terrible guerra fratricida entre tres irmáns: Mac Cuill, Mac Grené e Mac Crech pola sucesión do trono do pai, Neith. Mac Cuill tiña ben decidido que el deixaría as armas polo ben do pobo, pero os outros dous irmáns parecían ser máis ambiciosos ca el e non estaban dispostos a compartiren o trono.
Ith decide axudar a Mac Cuill, e vai con el ata a fortaleza de Aleich. Alí son atacados e vencen. Tras isto, convocan ós outros dous irmáns, que aceptan reunirse. Mac Cuill manda falar a Ith, quen é tomado con hostilidade polos outros irmáns. Ith, sen desmontar do cabalo, dálles ideas ós irmáns, pedíndolles que remate a guerra e que dividan o reino ou reinen xuntos. Emporiso, mentres Ith falaba, Mac Grené tentaba poñer de acordo a Mac Crech para botar ós "brigantes", pois pensaba que os estranxeiros só querían que os irmáns depuxeran as armas para eles quedar facilmente co país. Non obstante, Mac Crech prefería esperar a que se desenvolvesen os acontecementos.
Tras acabar a xuntanza, reuníronse os tres irmáns. Agora Mac Grené tentaba convencer tamén a Mac Cuill de botar fóra ós estranxeiros, expoñendo todo tipo de motivos. Ith, que sospeitaba que os tres irmáns estaban conspirando contra del, decidiu marchar aquela mesma noite.
Pero entón Mac Grené xa lograra convencer ós seus irmáns, e os tres decidiron ir a matar a Ith. A expedición brigante foi emboscada mentres marchaba cara á costa, sendo o branco dos irmáns o líder: Ith. Tal foi a sorpresa, que Ith foi derrubado do cabalo. Seu pai déralle o consello de non baixar do cabalo, mais aínda que non o fixera voluntariamente, agora xa non estaba montado. Fóra do cabalo, Ith foi asasinado. Ó facelo, os irmáns fóronse de alí, deixando atrás ós brigantes.
O fillo de Ith e os seus amigos decidiron vingalo, mais pensaron que era pertinente levar o seu corpo a Brigantia. Cumprindo co consello de Breogán, montárono no cabalo para levalo así toda a viaxe. Entón partiron co corpo de Ith de volta a Brigantia.
Alí, Breogán despediu con tristeza, coma todo o seu pobo, ó seu fillo Ith, tras darlle os tradicionais ritos funerarios. Breogán prometeu vinganza, e decidiu entón invadir Eirín, esta vez levando trinta e catro barcos, un por cada xefe brigante, levando cada un deles soldados e mesmo mulleres e nenos, para se establecer aló.
Brate | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Breogán | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Breogha | Cuailgne | Muirtheimhne | Ite | Bile | Cualu | Fuad | Bladh | Eibhle | Nár | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lughaidh | Míl Espáine | Scota | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Érimón | Eber Finn | Amergin Glúingel | Éber Donn | Fial nic Miled | Dill nic Mil | Ír mac | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Historia mítica de Galicia |
| |||||
---|---|---|---|---|---|---|
Razas míticas | Abelurio · Aborteiro · Anano · Anticristo · Avichucho · Busgoso · Canouro · Caxancrán · Demachiño · Demiños · Demo coxo · Demo maior · Demo negro · Demo · Demo gardián de tesouros · Demo rumudo · Demouchiño · Diaño · Diaño burleiro · Dona · Dona con pés de cabra · Entangoñeiro · Home peixe · Lavandeira · Leonardo · Lumia · Maruxaina · Meco · Moura · Mouro · Mouro anano · Olláparo · Ollapín · Serea · Sumicio · Tardo · Témera · Trasno · Xacio · Xainines · Xente cativa · Xerpa · Xigante | |||||
Personaxes lendarios | Achaiacotos · Ana Manana · Apalpador · Arrancapiñeiros · Aureanas · Birnarém · Brancaflor · Brutamontes · Cachán · Carissia · Dona Chama · Eusebio de Meire · Ferabrás · Lila de Mazaira · Mariamanta · María Mantela · Mariña · Meigo de Fradelo · Orcavella · Pedro Chosco · Pepa a Loba · Príncipe Ulla · Queimavellas · Rabeno · Raíña Lupa · Roldán · Tía Xuana · Xan de Candia · Xan de Outeiro · Xan Quinto · Xan Soldado · Xelda · Xoanciño, o Oso | |||||
Personaxes aparentemente humanos | Andarín · Aollador · Arresponsador · Baluros · Bruta · Chupasangues · Coco · Comeaños · Corredor · Dama do Castro · Dama do Sar · Feiticeira · Felo · Fiadora · Guapo das medias brancas · Home das bubas · Home do saco · Meiga · Meiga chuchona · Meiga dos dentes verdes · Muller cerva · Muller enloitada · Lobishome · Lobo da xente · Lubisón · Neno galo · Neno lagarto · Nubeiro · Pastequeiro · Peeira dos lobos · Sacaúntos · Saudador · Sociedade do Óso · Tronante · Vedoiro | |||||
Animais | Alicorno · Balea xigante de San Cibrao · Basilisco · Becerra con cans · Biosbardo · Boi Bruón · Boi de Sandomedio · Boi Louro · Bois de Gures · Boi Vidal · Butre · Cabalo da fiaña · Cabalo da luz · Cabalo do pensamento · Cabalo do vento · Cabalo pantasma · Cabra con pernas de muller · Cabra do aire · Cabra que fala · Cacharreira · Cadela peregrina · Can branco · Cancérbero · Can doente · Caranguexo coa pinza de ouro · Chasco · Cobra con ás · Cobra de sete cabezas · Coca · Cozocha · Cozorello · Dragón · Formigas de Belén · Galiña con pitos · Galiña dos ovos de ouro · Galo negro · Gata branca · Gatipedro · Gran besta · Home lagarto · Home vaca · Loberno · Lobo branco · Monstro da lagoa · Paxaro do demo · Pega negra · Princesa ra · Princesiña troita · Príncipe carneiro · Raposa do aire · Saavedra · Serpe do bosque de Cons · Serpe mariña · Serpe negra · Serpe xigante do Castelo · Urco · Vákner | |||||
Seres relacionados coa morte | Afogada · Ánima · Ánima soa · Antaruxo · As da noite · Coxo da Compaña · Home das campaíñas · Morte Branca · Morte Negra · Mortos vivos · Santa Compaña · Tres Marías · Xás · | |||||
Lugares | Alcaián · Alén · Antela · Antioquía · Armeña · Balancho · Bandomil · Boedo · Borrón · Buserana · Cabo do mundo · Castro · Cova da Curuxa · Cova da Serpe · Dolmen · Donón · Duio · Eabeca · Eimil · Feal Grande · Furna das Sereas · Furna de Morazón · Lucerna · Malverde · Mámoa · Monte Medulio · Montañas Baluras · Monte Pindo · Monte Neme · Monte da Paralaia · Mourindade · Mundo subterráneo · Pedra de abalar · Pena Molexa · Pena Cuíña · Pena das Ánimas · Pico Sacro · Rúa da Valconada · Santuario de Santo André de Teixido · Veria | |||||
Eventos | ||||||
Fontes |