Fernando Delgado
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Nome orixinal | (es) Fernando González Delgado ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Fernando Blas González Delgado ![]() 1 de febreiro de 1947 ![]() Santa Cruz de Tenerife, España ![]() |
Morte | 18 de febreiro de 2024 ![]() Faura, España (pt) ![]() ![]() |
![]() | |
13 de xuño de 2015 – 16 de maio de 2019 Circunscrición electoral: Valencia (en) ![]() Electo en: 2015 Valencian regional election (en) ![]() | |
Director Radio Nacional de España | |
1982, 1990 – 1986, 1991 | |
Director Radio 3 | |
1981 – 1981 ![]() | |
Datos persoais | |
Residencia | Torrecaballeros (pt) ![]() Faura (pt) ![]() Madrid (1971–1996) Santa Cruz de Tenerife (1947–1971) ![]() |
País de nacionalidade | España ![]() |
Grupo étnico | Raça Mediterrânea (pt) ![]() ![]() |
Educación | Facultade de Ciencias da Información - xornalismo (1965–1970) ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura española, xornalismo, Spanish poetry (en) ![]() ![]() ![]() |
Lugar de traballo | Tenerife Madrid Valencia ![]() |
Ocupación | escritor , xornalista , xornalista de opinión , presentador de televisión , político , locutor ![]() |
Período de actividade | 1965 ![]() ![]() |
Empregador | Cortes Valencianas (2015–2019) Grupo PRISA (1996–2005) RTVE (1967–1996) Prensa Ibérica Pueblo (en) ![]() ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Premios
| |
![]() ![]() ![]() |
Fernando González Delgado, nado en Santa Cruz de Tenerife o 1 de febreiro de 1947[1] e finado en Faura (Valencia) o 18 de febreiro de 2024,[2] foi un xornalista e escritor canario.
Licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, comezou a súa carreira profesional no diario El Día. Máis tarde pasou aos diarios Pueblo e Informaciones, onde se converteu en crítico literario.
O seu salto ao mundo da radio produciuse a través de Radio Nacional de España, onde ingresou por oposición en 1967. Co tempo, chegou a converterse no primeiro Director de Radio 3 (1981-1982) e da propia RNE en dúas ocasións: 1982-1986 e 1990-1991.
Baixo o seu primeiro mandato realizou unha profunda renovación en formatos e contidos e abandonaron a canle pública profesionais como Luis del Olmo, Jesús Quintero, Alejo García e Julio de Benito, sendo finalmente destituído por Pilar Miró. En 1986 foi nomeado membro do Consello de RTVE, a proposta do PSOE, cargo que ocupa ata 1990.
En 1991 pasa a ser Director de Tele-Expo, a canle televisiva da Exposición Universal de Sevilla de 1992. Unha vez finalizada a mesma, converteuse xunto a María Escario, no novo presentador dos Telediarios de TVE de fin de semana, en substitución de Rosa María Mateo.
En 1996, trala renovación do equipo directivo da canle foi relevado do seu cargo á fronte do informativo, e regresou á radio, incorporándose á Cadena SER, onde se fixo cargo do magazine A vivir que son dos días, un espazo sobre arte, cultura, lecer e actualidade, no que permanece ata 2005, cando decidiu abandonalo sendo substituído por Àngels Barceló despois de ter acadado o liderado de audiencia na súa franxa horaria.
En 2006, abandonou a radio definitivamente para adicarse á literatura.[2]
Malia nacer nas Canarias, enraizouse na Comunidade valenciana e viviu durante vinte anos en Faura.[3] Entre 2015 e 2019, foi deputado autonómico nas Cortes valencianas polo PSPV.[4] O presidente Puig, en 2021, nomeouno presidente do Padroado do Museo de Belas Artes de Valencia; cargo ao que renunciou dous anos máis tarde.[4]
En 1976 publicou a súa primeira novela, Tachero e transcorrerían catro anos ata que aparecese a súa seguinte obra, Exterminio en Lastenia, de marcado carácter experimental.
En 1994 saíu á luz a que o autor considera a súa obra máis persoal, Háblame de ti, e un ano despois conseguiu o Premio Planeta co que é o ata o momento o seu libro máis vendido: La Mirada del otro.[4]
Non só escribiu novela. Tamén cultivou a poesía (Proceso de adivinaciones e Autobiografía del hijo) e o ensaio Cambio de tiempo (1994).