Conversa:Música clásica
Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Propoño retirar o apartado de Cronoloxía dos compositores de música clásica do século XX, cértamente considero que está fóra de lugar, xa que o artigo trata da música do periodo clásico, un periodo moi lonxano tanto cronolóxica como estilísticamente respecto dos compositores citados no modelo. Este modelo debería incluírse nun futuro artigo sobre a Música do século XX, nese artigo coido que si tería sentido. Coido que é un erro este marcador ademáis polo feito de poñer ao principio da páxina as seguintes notas: * Isto é un artigo sobre a música académica europea da época neoclásica (1750-1800)* para ir á sección da música culta europea (mal chamada "música clásica") siga a ligazón: música académica.
Non é que a cronoloxía estea mal, únicamente penso que carece de sentido nesta páxina, tamén (co obxectivo de melloralo) penso que na mesma cronoloxía hai compositores que, con tódolos meus respetos, non son dunha importancia suficiente para aparecer nesta cronoloxía e non se fai referencia a compositores dunha importancia enorme como Schönberg (a baixa máis clamorosa dende o meu punto de vista). Esperarei a retirar a cronoloxía a ler as vosas opinións.Piquito(conversa)
Polo que di Piquito, este artigo debería moverse a Música neoclásica europea, deixando Música clásica como páxina de homónimos (non sei se chamala así) que distribúa aquí e a Música académica. Coa idea de retirar a cronoloxía do artigo, concordo; sempre se poderá recuperar do historial para outros artigos, se é conveniente. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:12, 8 de abril de 2011 (UTC)
Xoacas, o termo de música neoclásica pode levar a confusións, xa que o neoclasicismo foi unha corrente do século XX como resposta trala I Guerra Mundial á música atonal que se dera antes da Guerra. Sobre o exposto por Atobar, o que creo entender é que este artigo sexa o equivalente galego ao de Classical music de wiki inglesa, pode ser así e logo diferenciar o periodo da música clásica cun artigo como Música clásica (periodo), mais haberá que poñerse de acordo. Eu recoñezo que emprego o termo música clásica erróneamente, mais penso que o que na wiki inglesa é classical music é máis correcto denominalo música académica, esto é unha observación persoal, de feito noutras wikis como a alemá ou a francesa, o termo empregado é música clásica, o caso é que haberá que chegar a un acordo sobre qué é o máis correcto, se cadra poñer música académica (para min máis correcto e que non deixa lugar a malas interpretacións ou ambigüidades) é remar contra tódalas wikis, sinceiramente non sei qué facer. Outra opción sería música culta europea, non sei, penso que se poden procurar outras vías, non sei que pensades.Piquito(conversa)
O meu consello é que comeces a traballar e a medida que o traballo avance xa se irá vendo o que se fai. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:00, 8 de abril de 2011 (UTC)
Retiro o de bogar á contra, na wiki romanesa emprega o termo música académica (de feito coido que é a única). O artigo tal como está se refire ao periodo, se se quere orientar ao que sería a música culta (na wiki en castelán se propuxo a fusión dos dous, e na portuguesa se refire á música clásica ou música erudita) hai que refacelo de todo, se seguimos na dirección actual temos que cambiar as linguas (non sei como chamarlles) polos respectivos artigos correspondentes ao periodo (Exemplo da wiki inglesa: Classical music trocalo por Classical period (música). A min me sigue parecendo máis correcto o termo de música culta e non é, visto o visto, bogar á contra. Para traballar no artigo primeiro hai que poñerse de acordo coa dirección a seguir. Piquitoconversa
Vale Atobar, tan pronto como poda poreime a traballar no tema. Nun principio vou seguir na liña do que xa está feito (tratando a música clásica como periodo) para aproveitar o que xa está feito, se despois o persoal opina que é mellor que a páxina se refira á música clásica en xeral xa se moverá. Saúdos Piquito(conversa)