Bardos dos príncipes
- Artigo
- Conversa
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Gales ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta ![]() |
Lingua | Lingua galesa ![]() |
Os Bardos dos príncipes ou Poetas dos príncipes (Beirdd y Tywysogion en galés) é o nome que se lle dá aos poetas galeses que escribiron entre o 1100 e o 1290. Outro nome polo que tamén son coñecidos é o de Y gogynfeirdd.
Eran poetas de corte nun momento en que os diferentes reinos galeses eran independentes. A partir da conquista normanda de Gales e coa perda da independencia, desapareceron esas cortes reais. A partir de agora, eses bardos pasaron a traballar nas cortes dos nobres que dominaron o país a partir de entón, abrindo así paso ao período chamado dos Bardos dos nobres ou Poetas dos nobres (Beirdd y Uchelwyr en galés).