Baldomero Gutiérrez Alba
- Artigo
- Conversa
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1914 Vilarello |
Morte | século XX |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil española |
Familia | |
Nai | Consuelo Alba Digón |
Irmáns | Jovino Gutiérrez Alba, Abelardo Gutiérrez Alba, Florinda Gutiérrez Alba e Domitila Gutiérrez Alba |
Baldomero Gutiérrez Alba, nado en Vilarello (Cervantes) en 1914, foi un guerrilleiro anarquista galego.
A raíz do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o seu pai Juan Gutiérrez Santín foi sacado da casa por falanxistas o 20 de agosto e asasinado, e Baldomero botouse ao monte cos seus irmáns Abelardo e Jovino. En 1943 botou medio ano en Barcelona e despois regresou a Galicia. En 1945 foi procesado con Segundo Alba Digón e Corsina Martínez no sumario 180/1945 polo delito de agresión a forza pública, facéndose requisitoria para que se presentara.[1] En 1947 pasou clandestinamente a Francia. Retornou para preparar a fuga da súa nai e de dous dos irmáns a Francia. Nun choque coa Garda Civil foi ferido de dous balazos nunha perna.[2] En 1948 foi detido en Barcelona.