Cimbabue
Cimbabue[1][2] ou Zimbabwe[3][4][5] (en inglés: Zimbabwe), oficialmente República de Cimbabue (en inglés: Republic of Zimbabwe), é un país ó sur de África que anteriormente se chamaba Rodesia. Limita ó norte con Zambia e Mozambique; ó leste con Mozambique; ó sur con Suráfrica e ó oeste con Botswana. Ten tres linguas oficiais: o inglés, o shona e o ndebele.
Zimbabwe (sn) ![]() | |||||
Himno | Kalibusiswe Ilizwe leZimbabwe (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Unity, Freedom, Work» «Unitat, llibertat, treball» «Undeb, Rhyddid, Gwaith» ![]() | ||||
Nomeado en referencia a | Gran Cimbabue ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Harare ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Bulavaio (pt) ![]() Harare Manicalândia (pt) ![]() Masvingo (pt) ![]() Matabelelândia Norte (pt) ![]() Matabelelândia Sul (pt) ![]() Maxonalândia Central (pt) ![]() Maxonalândia Ocidental (pt) ![]() Maxonalândia Oriental (pt) ![]() Midlands (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 15.178.979 (2022) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa Lingua shona língua ndebele do norte (pt) ![]() lingua chichewa Barwe (en) ![]() Lingua kalanga Linguas khoisas Língua ndau (pt) ![]() Lingua tsonga Língua de Sinais do Zimbábue (pt) ![]() Lingua sotho Língua tonga (pt) ![]() Lingua tswana Lingua venda Lingua xhosa Nambya (en) ![]() ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 390.757 km² ![]() | ||||
Auga | 1 % ![]() | ||||
Punto máis alto | Monte Nyangani (pt) ![]() ![]() | ||||
Punto máis baixo | Runde River (en) ![]() ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 18 de abril de 1980 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Presidente ![]() | Emmerson Mnangagwa (2017–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Parliament of Zimbabwe (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 28.371.238.666 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | dólar estadounidense ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .zw ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +263 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 999, 994 (en) ![]() ![]() | ||||
Código de país | ZW ![]() | ||||
Páxina web | zim.gov.zw… ![]() | ||||
![]() |
En 1965 a minoría branca declarou o país independente do Reino Unido co nome de Rodesia, non recoñecido polo Reino Unido, e instalou un réxime de segregación racial semellante ó do apartheid de Suráfrica.
O país entrou en guerra civil coa implantación deste réxime, que só terminou cando os brancos concordaron coa mediación dos ingleses pór fin ó réxime de segregación da poboación negra. O 17 de abril de 1980 o Reino Unido concedeu formalmente a independencia do país co nome actual, Cimbabue.
Aínda que inicialmente durante a década dos 1980 a súa administración intentou mellor o nivel de vida e a economía do país, o certo é que o seu goberno foi caracterizado polo despilfarro orzamentario, pola hiperinflación e por denuncias de incumprimentos de dereitos humanos.[6][7] Tamén se dá a fraude electoral [8] entre intimidacións varias[9], que non logran estabilizar o goberno do estado a pesar dun intento de goberno compartido.[10]
Etimoloxía
A verba Zimbabwe deriva de "Dzimba dza mabwe," que significa "grandes casas de pedra" na lingua shona.[11] O seu uso como nome do país é polo Gran Cimbabue.
Goberno e política
Cimbabue é unha república parlamentaria. O sufraxio é universal para todos os maiores de 18 anos. O presidente é, á súa vez, o xefe de Estado e de Goberno. O parlamento está formado por dúas cámaras, a máis importante ten 150 escanos, dos cales 120 son escolleitos polos cidadáns, 20 polo presidente e dez xefes tribais. Outra cámara, unha cámara alta, o Senado, foi instaurada tralos cambios constitucionais de 2005.[12]
O partido de Robert Mugabe, Unión Nacional Africana de Cimbabue-Fronte Patriótica (ZANU-PF), leva dominando a vida política do país desde a súa independencia, gañando sempre as eleccións.[13] As eleccións de 1990 foron nacional e internacionalmente criticadas por sospeitosas de fraude, xa que o Zimbabwe Unity Movement, o segundo partido na oposición de Edgar Tekere, só obtivo o 16% dos votos. As eleccións de 2002 celebráronse entre denuncias de manipulación de votos, intimidación e fraude.[14] As seguintes eleccións celebráronse o 20 de marzo de 2008, onde Mugabe obtivo o 90% dos votos e se gravaron irregularidades nas eleccións.[15]. En 2017, Mugabe dimitiu tras un golpe de Estado que levou ao poder a Emmerson Mnangagwa.[16] Mnangagwa gañou as eleccións presidenciais de 2018.[17]
Tanto a Unión Europea como Estados Unidos decretaron sancións contra o goberno do actual presidente, Robert Mugabe, pola violación dos dereitos humanos.
Subdivisións
- Artigo principal: Subdivisións de Cimbabue.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/56/Zimbabwe_Provinces_%28adm%29_numbered_300px.png/175px-Zimbabwe_Provinces_%28adm%29_numbered_300px.png)
Cimbabwe divídese en oito provincias e dúas cidades con estatuto de provincia:
- Bulawayo (cidade)
- Harare (cidade)
- Manicaland
- Mashonaland Central
- Mashonaland Este
- Mashonaland Oeste
- Masvingo
- Matabeleland Norte
- Matabeleland Sur
- Midlands
Economía
- Artigo principal: Economía de Cimbabue.
O goberno de Cimbabue enfróntase a unha ampla variedade de difíciles problemas na súa economía. Entre estes problemas inclúense unha notoria falta de divisas, hiperinflación e escaseza de provisións. A súa participación na guerra de 1998 a 2002 na República Democrática do Congo, por exemplo, significou un descenso de centos de millóns de dólares da súa economía.[18] O necesitado apoio do FMI non chegou, debido a que o goberno fracasou en alcanzar os obxectivos orzamentarios precisos para as axudas. A taxa de inflación incrementouse dun 32% por ano en 1998 a un 586% a finais de 2005, e co maior rexistro do mundo cunha taxa de inflación dunha estimación oficial en xaneiro do 2008 do 100 580.2%, mentres que o tipo de cambio baixou de 24 dólares cimbabuenses por US$ a 85.000 por US$ na mesma época. Cimbabue ten actualmente a taxa de inflación máis alta do mundo. En marzo de 2008, a inflación alcanzou o 100.000% e, unha taxa de cambio de 1 dólar USA por 30 000 000 de dólares cimbabuenses. En xullo de 2008 a inflación oficial chegou a 2 200 000% ao ano, mais estatísticas extraoficiais indicaban unha inflación real de 9 000 000% ao ano.[19] Polo tanto, a poboación local que pode tende a comprar os produtos esenciais nos países veciños de Botswana, Suráfrica e Zambia.
As exportacións agrícolas, minerais e o turismo constitúen a principal vía de entrada de divisas estranxeiras.[20] Cimbabue é o país que mantén a relación comercial máis importante con Suráfrica no continente africano.[21] A dinámica decadente da economía do estado foi atribuída, principalmente, á mala xestión, á corrupción do goberno de Mugabe e á expropiación das terras de máis de 4000 granxeiros brancos durante a controvertida redistribución da terra do ano 2000.[22][23][24] A Zimbabwe Conservation Task Force publicou un informe en xuño de 2007 que estimaba a morte dun 60% da biosfera salvaxe do país desde 2000. O informe tamén advirte que a perda de vida xunto coa deforestación salvaxe é potencialmente perigosa para a industria turística.[25]
En 2005, o goberno, motivado polo gobernador do Banco Central Gideon Gono, comezou a suxerir a posibilidade de que os granxeiros brancos volveran ao país. Aínda quedaban entre 400 e 500 no interior, mais a maior parte da terra que foi confiscada xa non era produtiva.[26] En xaneiro de 2007 o Goberno permitiu incluso a algúns granxeiros facer contratos de arrendamento a longo prazo.[27] Porén, máis adiante deu marcha atrás e ameazou con encarcerar a todos os granxeiros brancos que seguiran en Cimbabue.[28][29]
En agosto de 2006 púxose en circulación un novo dólar cimbabuense, equivalente a 1000 dos antigos. Segundo o cambio oficial, a taxa de cambio caeu dos 24 dólares antigos por dólar estadounidense en 1998 a 250 000 dólares antigos o 250 novos por dólar estadounidense[30] ou no mercado paralelo, a 120 000 000 dólares antigos por dólar estadounidense en xuño de 2007.
En xullo de 2008, o Banco Central de Cimbabue puxo en circulación un billete de 1.000 millóns de dólares cimbabuenses para axilizar o uso de diñeiro en metálico. Non obstante, este novo billete ten aproximadamente o valor dun dólar estadounidense. Polo tanto, apenas serve para comprar unha barra de pan ou catro laranxas.[31]
A economía de Cimbabwe está en situación crítica. Tradicionalmente estivo baseada na agricultura aínda que a minería é moi importante, sendo un dos principais produtores de cromo.
Data | Nome en galego | Nome local | Notas |
---|---|---|---|
1 de xaneiro | Día de Aninovo | New Year’s Day | |
Varía cada ano | Venres Santo | Good Friday | |
Varía cada ano | Luns de Pascua | Easter Monday | |
18 de abril | Día da Independencia | Independence day | Concedida polo Reino Unido o 18 de abril en 1980 |
1 de maio | Día do Traballo | Labour Day | |
25 de maio | Día de África | Africa’s Day | O 25 de maio de 1963 fúndase a OUA |
7 de agosto | Día dos Heroes | Heroes' Day | |
8 de agosto | Día do Exército | Defenced Forces Day | |
22 de decembro | Festa da Unidade | Unity Day | |
25 de decembro | Día de Nadal | Christmas Day | |
26 de decembro | Boxing Day |