Yoel Rodríguez Oterino

futbolista español

Yoel Rodríguez Oterino, nado en Vigo o 28 de agosto de 1988, é un futbolista galego. Xoga de porteiro e o seu actual equipo é o Racing de Ferrol, da Segunda División.

Infotaula de personaYoel Rodríguez Oterino

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de agosto de 1988 Editar o valor em Wikidata (35 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura185 cm Editar o valor em Wikidata
Peso78 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor em Wikidata
Número deportivo25 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
 Equipoenllaç=enllaç=
- Real Valladolid
2006-2009 Celta Fortuna 66(0)
2009-2015 Real Club Celta de Vigo 78(0)
2012-2013cesión Club Deportivo Lugo 33(0)
2014-2015cesión Valencia CF 2(0)
2015- Valencia CF
2015-cesión Rayo Vallecano Editar o valor em Wikidata
 Selección nacionalenllaç=enllaç=
2006-2007   Selección de fútbol sub-19 de España 2(0) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Yoel co CD Lugo.

Un produto da canteira celeste, Yoel ascendeu ao primeiro equipo na tempada 2009–10[1] para xogar na Segunda División. A súa estrea co equipo produciuse o 2 de setembro de 2009 ante o Real Unión de Irún. Con todo, non foi ata o 20 de marzo de 2010 cando unha baixa por sanción do seu compañeiro Ismael Falcón lle permitiu debutar co Celta en liga. No partido, que os enfrontaba co Cartagena C. F., Yoel tivo unha notable actuación e o Celta acabou gañando por 1-0.

Na campaña 2010–11, Yoel volvería a comezar de gardameta suplente, pero unha lesión de Falcón permitiulle disputar os últimos partidos de liga e a eliminatoria de ascenso a Primeira División, onde o Celta caería eliminado en primeira rolda a mans do Granada CF.

Tras a marcha de Ismael Falcón ao Hércules CF,[2] Yoel comezou a tempada 2011–12 como titular indiscutible. O cérbero vigués chegaría mesmo a acumular 589 minutos consecutivos sen encaixar un gol, pero unha desafortunada lesión fronte o Real Murcia deixouno a 5 minutos de superar o récord de imbatibilidade na portería céltica ostentado por Pablo Cavallero. A lesión, que o mantivo varias semanas de baixa, abriulle o paso á titularidade ao tamén canteirán Sergio, o cal lle acabaría quitando o posto deica o final de liga.

En 2012,[3] malia o ascenso do Celta a Primeira División, Yoel non cambiaría de categoría. A chegada de Javi Varas á portería celeste desde o Sevilla FC supuxo a cesión de Yoel ao CD Lugo, equipo que acababa de ascender á división de prata do fútbol español. Tras unha tempada na que conseguiu ser un dos mellores gardametas da Liga, quedando no terceiro posto do Trofeo Zamora, volve ao seu club de orixe para xogar na Primeira División.

Internacional

O 10 de febreiro de 2010, tras unha serie de boas actuacións na Copa do Rei,[4] foi convocado por Juan Ramón López Caro para participar nunha concentración da selección española sub-21.

Clubs

AnoClubDivisiónPaísPartidosGoles
2005-2006Celta de Vigo BSegunda B Galicia89
2006-2007Celta de Vigo BSegunda B Galicia1320
2007-2008Celta de Vigo BSegunda B Galicia915
2008-2009Celta de Vigo BSegunda B Galicia3624
2009-2010Celta de VigoSegunda Galicia710
2010-2011Celta de VigoSegunda Galicia1216
2011-2012Celta de VigoSegunda Galicia2522
2012-2013LugoSegunda Galicia3336
2013-2014Celta de VigoSegunda Galicia3552
2014-2015ValenciaSegunda España20

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas