Yan Ge
Yan Ge (chinés simplificado: 颜歌; pinyin: Yán Gē), nada en Chengdu (Sichuan) en decembro do 1984, é unha escritora chinesa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1984 Sichuan, China |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Chinesa |
Educación | Universidade de Sichuan |
Actividade | |
Ocupación | escritora , novelista |
Período de actividade | Século XXI |
Xénero artístico | Novela |
Lingua | Sichuanés, chinés, inglés |
Traxectoria
Yan Ge naceu na cidade de Chengdu, no distrito de Pixian.[1] O seu nome de nacemento é Dai Yuexing 戴月行.[1] Comezou a escribir aos dez anos, e publicou o seu primeiro libro aos dezasete.[2] Aos dezanove anos, perdeu á súa nai, o que tivo un forte impacto na escritora.[2] Doutorouse en Literatura Comparada pola Universidade de Sichuan, e é presidenta da Asociación de Escritores Novos da China.
No 2011, foi profesora visitante na Universidade Duke, nos Estados Unidos.[3] En novembro do 2012, foi escritora invitada no Festival Cruzando Fronteiras celebrado na Haia, participando tamén noutros festivais de literatura europeos.[4] Dende o 2015, vive en Dublín co seu marido e o seu fillo.[5]
Obra
Yan Ge escribe en sichuanés, máis ca en mandarín estándar.[6] No ano 2023 publicou o seu primeiro relato en inglés, na antoloxía Elsewhere: Stories.[2]
As súas obras exploran temas coma o poder da linguaxe ou a diáspora chinesa, e varias delas destacan polo emprego de elementos mitolóxicos.[3][7] A súa novela máis coñecida, Yi shou zhi 异兽志 ("Monstros estraños", 2006), ambientada na ficticia vila de Yong'an, é unha caricatura da sociedade contemporánea.[1] Os seus protagonistas, diferentes razas de monstros moi parecidos aos seres humanos, constitúen unha alegoría da otredade e da alienación.[8]
Premios
- 2002 - Concurso de Novos Conceptos de Escritura (1.º Premio)
- 2003 - Premio de Literatura Chinesa dos Medios.
Publicacións
Novelas
- Guan he 关河 ("O río Guan", 2004).[9]
- Shiqi yue zang 十七月葬 ("O funeral do décimo sétimo mes", 2004).[9]
- Liang cheng 良辰 ("Os bos tempos", 2005).[9]
- Yaonie pai miji 妖孽派秘笈 ("O libro secreto dos malvados", 2006).[9]
- Yi shou zhi 异兽志 ("Monstros estraños", 2006).[9]
- Wu yue nü wang 五月女王 ("A raíña de maio", 2008).[9]
- Shengyin yuetuan 声音乐团 ("A orquestra", 2011).[9]
- Women jia 我们家 ("A nosa familia", 2013).[9]