Yaa Gyasi

escritora ghanesa e estadounidense


Yaa Gyasi, nada en Mampong en 1989[1], é unha escritora ghanesa e estadounidense.

Infotaula de personaYaa Gyasi

(2017) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1989 Editar o valor em Wikidata (34/35 anos)
Mampong, Ghana (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGhana
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Stanford
Universidade de Iowa
Virgil I. Grissom High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoNovela histórica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónnovelista , escritora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2016 Editar o valor em Wikidata -
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm8236821 BNE: XX5712861 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Presentación de Homegoing.

É filla de Kwaku Gyasi, profesor de Francés na Universidade de Alabama en Huntsville, e Sophia, enfermeira.[2][3] A súa familia mudouse aos Estados Unidos en 1991 cando o seu pai completou o seu doutoramento na Universidade do Estado de Ohio.[1][4] A familia viviu tamén en Illinois e Tennessee, e desde os dez anos Gyasi creceu en Huntsville (Alabama).[1][5]

Gyasi lembra ser tímida de nena, sentirse próxima aos seus irmáns polas experiencias compartidas como nenos inmigrantes en Alabama, e recorrer aos libros como os seus "mellores amigos".[4] Recibiu un certificado de méritos da man de LeVar Burton logo enviar o seu primeiro relato ao concurso Reading Rainbow para novos creadores e ilustradores, e aos dezasete anos, logo de ler Song of Solomon de Toni Morrison mentres asistía ao instituto Grissom, decidiuse a ser escritora.[4]

Gradououse en Lingua e literatura inglesas pola Universidade de Stanford. Despois de rematar a carreira comezou a escribir a súa primeira novela e empezou a traballar nunha empresa emerxente en San Francisco, pero deixouno[6] e marchou facer un mestrado en Belas artes no Obradoiro de Escritores de Iowa, un programa creativo de escritura da Universidade de Iowa.[5][6] En 2016, vivía en Berkeley, California.[6][7]

A súa primeira novela, Homegoing, está inspirada nunha viaxe a Ghana que fixo en 2009, a primeira vez que viaxaba fóra dos Estados Unidos desde que era nena. A obra foi rematada en 2015, e despois de prsentala a varios editores, tivo diversas propostas até que aceptou unha oferta millonaria de Alfred A. Knopf.[6] Ta-Nehisi Coates seleccionou Homegoing para o premio "5 menos de 35" da National Book Foundation en 2016,[5] e a novela recibiu varios premios máis.[7][8][9][10]

Escribiu en publicacións como African American Review,[11] Callaloo,[12] Guernica[13] The Guardian,[14] ou Granta.[15]

Gyasi cita Toni Morrison (Song of Solomon), Gabriel García Márquez (Cien años de soledad), James Baldwin (Go Tell It on the Mountain), Edward P. Jones (Lost in the City), e Jhumpa Lahiri (Unaccustomed Earth) como inspiracións.[4][6][16]

Obra

  • Homegoing (2016)

Recoñecementos

  • Premio Nacional John Leonard do Círculo de Críticos Literarios ao mellor primeiro libro[17]
  • Premio Hemingway Foundation/PEN ao mellor primeiro libro de ficción[18]
  • Premio 5 under 35 da National Book Foundation
  • American Book Award[19]
  • 2017: Granta Mellor escritora nova estadounidense[20][21][22]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas