Xubuntu

Xubuntu (IPA: /ˈzùbúntú/) é unha rama oficial derivada do sistema operativo de código aberto Ubuntu. Xubuntu emprega o contorno de escritorio Xfce, o cal está optimizado para ser máis lixeiro e rápido que outros contornos de escritorios (como GNOME ou KDE), conseguindo desta maneira facilitar a súa utilización nunha maior variedade de equipos.

Xubuntu
Xubuntu 23.04 "Lunar Lobster"
DesenvolvedorCanonical Ltd.
Familia de S.O.GNU/Linux
Lanzamento23 de xuño de 2006
Modelo de desenvolvementoSoftware libre
NúcleoLinux
Tipo de núcleoMonolítico
Última versión estable23.04 20 de abril de 2023
Sitio webXubuntu.org
Xubuntu 6.06

A primeira versión final de Xubuntu (Xubuntu 6.06) foi lanzada con Dapper Drake (nome en clave de Ubuntu 6.06 LTS).

Características principais fronte a Ubuntu

  • Emprega XFCE como escritorio en troques de GNOME, polo que o requisito de memoria RAM para executar a versión Live é inferior (128 MB).
  • Emprega Gnome Office en troques de OpenOffice.org.
  • Non dispón de tantas ferramentas gráficas como Ubuntu, aínda que se poden instalar.
  • Non conta cun servizo ShipIt.p

Historial de lanzamentos

VersiónNomeData de lanzamento
5.04Hoary Hedgehog8 de abril de 2005
5.10Breezy Badger13 de outubro de 2005
6.06Dapper Drake1 de xuño de 2006
6.10Edgy Eft26 de outubro de 2006
7.04Feisty Fawn19 de abril de 2007
7.10Gutsy Gibbon18 de outubro de 2007
8.04Hardy Heron24 de abril de 2008
8.10Intrepid Ibex30 de outubro de 2008
9.4Jaunty Jackalope23 de abril de 2009
9.10Karmic Koala29 de outubro de 2009
10.04LTS Lucid Lynx29 de abril de 2010
10.10 Maverick Meerkat10 de outubro de 2010
11.04 Natty Narwhal    28 de abril de 2011
11.10 Oneiric Ocelot    13 de outubro de 2011
12.04LTS Precise Pangolin   26 de abril de 2012
12.10 Quantal Quetzal   18 de outubro de 2012
13.04 Raring Ringtail   25 de abril de 2013
13.10Saucy Salamander 17 de outubro de 2013
14.04LTS Trusty Tahr  17 de abril de 2014

Véxase tamén

Ligazóns externas