Xoana de Flandres
Xoana de Flandres, nada en 1295 e finada en 1374, era unha princesa francesa filla de Lois I de Flandres, conde de Nevers, e de Xoana de Rethel, condesa de Rethel.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1295 (Gregoriano) ![]() |
Morte | setembro de 1374 ![]() |
![]() | |
30 de abril de 1341 – 16 de setembro de 1345 ← Joana de Saboia, Duquesa da Bretanha (pt) ![]() ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Residencia | Tickhill Castle (en) ![]() ![]() |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política ![]() |
Outro![]() | |
Título | Duquesa Duquesa ![]() |
Familia | Montfort of Brittany (en) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Xoán II de Montfort (1329 (Gregoriano)–) |
Fillos | Xoán IV da Bretaña, Joan of Brittany, Baroness of Drayton (en) ![]() ![]() |
Pais | Lois de Nevers ![]() ![]() ![]() |
Irmáns | Louis Ier de Flandre (pt) ![]() ![]() |
![]() |
- Para a Condesa de Flandres (1206-1244), ver Xoana I de Flandres.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/19/Jeanne_de_Flandre.jpg/220px-Jeanne_de_Flandre.jpg)
Traxectoria
Guerra de Sucesión da Bretaña
Á morte de Xoán III da Bretaña, Xoán de Monfort disputoulle o ducado á súa sobriña Xoana de Penthièvre, o que levou a unha guerra de vinte anos chamada Guerra dos dous Xoáns ou Guerra de Sucesión da Bretaña. Cando Xoán de Montfort foi feito prisioneiro, Xoana tomou a dirección dos seus exércitos e continuou a loita, permitindo ao seu fillo Xoán (V ou VI) (segundo as distintas fontes) conquistar o Ducado da Bretaña.
Xoana de Flandres tamén é famosa por unha acción espectacular: mentres as tropas de Carlos de Blois cercaban Hennebont, onde estaba Xoana, conseguiu galvanizar as tropas e os civís tan ben que todos os ataques foron rexeitados. Unha noite, á fronte dun destacamento de soldados, saíu da cidade e prendeu lume ás tendas das tropas do adversario. Máis tarde, grazas a isto, conseguiu chegar a Auray, desde onde puido levar 600 cabaleiros, o que permitiu a liberación da cidade. Despois diso, Xoana de Flandres pasou a chamarse Xoana a Chama.
Matrimonio e descendencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/41/Joanna-of-Flanders-History-of-France-Guizot-1869.jpg/220px-Joanna-of-Flanders-History-of-France-Guizot-1869.jpg)
Casou con Xoán II de Montfort (1294-1345), conde de Montfort, e tivo a:
- Xoán V (ás veces Xoán VI), coñecido como o anglófilo (m. 1399), duque da Bretaña e conde de Richmond.
- Xoana (1341 - 1399), casada con Ralph Basset de Drayton.
Devanceiros
16. Guillerme II de Dampierre | ||||||||||||||||
8. Guido de Dampierre | ||||||||||||||||
17. Margarida de Constantinopla | ||||||||||||||||
4. Roberto III de Flandres | ||||||||||||||||
18. Roberto VII de Béthune | ||||||||||||||||
9. Mafalda de Béthune | ||||||||||||||||
19. Isabel de Morialmes | ||||||||||||||||
2. Lois I de Nevers | ||||||||||||||||
20. Hugo IV de Borgoña | ||||||||||||||||
10. Otón de Borgoña | ||||||||||||||||
21. Iolanda de Dreux | ||||||||||||||||
5. Iolanda de Borgoña | ||||||||||||||||
22. Arquimbaldo IX de Borbón | ||||||||||||||||
11. Matilde II de Borbón | ||||||||||||||||
23. Iolanda de Châtillon-Saint-Pol | ||||||||||||||||
1. Xoana de Flandres | ||||||||||||||||
24. Hugo II de Rethel | ||||||||||||||||
12. Manasés V de Rethel | ||||||||||||||||
25. Felicidade de Broyes | ||||||||||||||||
6. Hugo IV de Rethel | ||||||||||||||||
26. Xerardo II de Écry | ||||||||||||||||
13. Isabel de Écry | ||||||||||||||||
27. Felicidade | ||||||||||||||||
3. Xoana de Rethel | ||||||||||||||||
28. Henrique IV de Grandpré | ||||||||||||||||
14. Henrique V de Grandpré | ||||||||||||||||
29. María de Garlande | ||||||||||||||||
7. Isabel de Grandpré | ||||||||||||||||
30. Erardo I de Brienne | ||||||||||||||||
15. Isabeal de Brienne | ||||||||||||||||
31. Filipa de Champaña | ||||||||||||||||