Xirobicúpula cadrada alongada

En xeometría, a xirobicúpula cadrada alongada é un dos sólidos de Johnson (J37). Como o seu nome indica, realízase alongando unha xirobicúpula cadrada (J29) e inseríndolle un prisma octogonal entre as súas dúas metades. O sólido que resulta é localmente regular polos seus vértices, o que é único entre os sólidos de Johnson, pero os seus vértices non son realmente uniformes polo que non constitúe un sólido de Arquimedes.O sólido pódese ver tamén como resultado da torsión das cúpula cadrada (J4) sobre un rombicuboctaedro (un dos sólidos de Arquimedes) de 45 graos; por esta semellanza tamén recibe o nome de pseudorombicuboctaedro.

Véxase tamén

Ligazóns externas