Xeografía de Gabón

Gabón é un país de África occidental, situado no océano Atlántico, ao sur do golfo de Guinea.

Mapa topográfico de Gabón.

Fronteiras

Gabón ten un total de 3261 km de fronteiras internacionais. Limita coa Guinea Ecuatorial (335 km) e o Camerún (349 km) polo norte e coa República do Congo (2567 km) polo leste e polo sur. O ecuador atravesa Gabón.

Clima

Gabón ten o clima húmido e quente típico das rexións tropicais. O mes máis cálido é xaneiro, cunha temperatura media en Libreville de 31 °C e unha media das mínimas de 23 °C. En xullo o rango de temperaturas medias na capital está entre 20 e 28 °C.

Entre xuño e setembro non hai apenas chuvia, mais si unha alta humidade; chove ocasionalmente en decembro e xaneiro. Nos restantes meses as chuvias son fortes, causadas pola condensación da humidade do aire que resulta do encontro sobre a costa da corrente fría de Benguela que vén do sur e a corrente cálida da Guinea do norte. En Libreville a media anual de chuvia é de máis de 2540 mm. Máis cara ao norte pola costa é de 3810 mm.

Terreos

Uso da terra(2012)
• Terra arable1.26 %
• Cultivos permanentes0.66 %
• Outros usos98.08%

Na costa Gabón posúe chairas estrechas con áreas de mangleiros, o interior ten outeiros e o leste e o sur está ocupado pola sabana.

En 2003 as terras irrigadas supoñían 44,5 km² e en 2011 o país tiña 164 km3 de auga renovable.

División administrativa

Provincias de Gabón.
  1. Estuaire
  2. Haut-Ogooué
  3. Moyen-Ogooué
  4. Ngounié
  5. Nyanga
  6. Ogooué-Ivindo
  7. Ogooué-Lolo
  8. Ogooué-Maritime
  9. Woleu-Ntem