Xehová

Xehová[1] é unha latinización da palabra hebrea יְהֹוָה (en hebreo: עברית), unha vocalización do Tetragrámaton יהוה (en hebreo: עברית) (YHWH) e as vogais de Adonai, que se cre é o nome propio de Deus no cristianismo e xudaísmo da Biblia hebrea, o cal tamén foi transliterado como "Yehowah" ou "Yahweh".[2][3]

Os signos יְהֹוָה aparece 6518 veces no texto masorético tradicional, ademais de 305 instancias do יְהֹוָה (en hebreo: עברית) (Jehovih).[4] O texto latino máis antigo que usa unha vocalización similar a Xehová data do século XIII, o Pugio fidei de Ramon Martí, escrito por volta de 1270.

Pronuncia

O nome Iehova na igrexa norueguesa.[5]

A maioría cre que "Xehová" é de finais do ano 1100 d.C., a forma híbrida derivada da combinación das letras latinas JHVH coas vogais de Adonai. Porén algúns sosteñen que hai evidencia que a forma Jehovah do Tetragrámaton sería usada nos textos fonéticos en semítico e grego e artefactos da antigüidade tardía. Outros din que a pronuncia Yahweh é testificada en ambos, textos cristiáns e pagáns da era do cristianismo primitivo.[6][7]

Os caraítas xudeus, que propoñen a lectura Xehová, estabelecen que aínda que a pronuncia orixinal de יהוה (en hebreo: עברית) foi escurecida polo desuso da pronuncia do nome de acordo á Torá oral, aceptan o establecemento de transliteracións a outras linguas de nomes persoais hebreos en uso normal, como Xosué, Isaías ou Xesús, porque a pronuncia orixinal podería ser descoñecida.[8] Eles tamén apuntan que "a forma en inglés Jehovah é, sinxelamente unha forma anglosaxoa de pronuncia figurada para Yehovah," e preserva as catro consoantes "YHVH" (coa introdución do son da "J" en inglés).[9][10] Algúns argumentan que Jehovah é preferible que Yahweh, basean a súa conclusión en que o Tetragrámaton era máis ben orixinalmente trisílabo, e que a forma moderna debería ser tamén trisílaba.[11]

Notas



 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.