X-Men: First Class

X-Men: First Class é un filme estadounidense de superheroes dirixido por Matthew Vaughn que se estreou no 2011. Baseado nos personaxes de X-Men de Marvel Comics. O filme está ambientado en 1962 durante a Crise dos Mísiles Cubanos, e enfocado na relación entre Profesor X e Magneto e as orixes dos seus grupos, os X-Men e os Brotherhood of Mutants.

X-Men: First Class
Ficha técnica
Título orixinalX-Men: First Class
DirectorMatthew Vaughn
ProdutorGregory Goodman
Simon Kinberg
Lauren Shuler Donner
Bryan Singer
GuiónAshley Edward Miller
Zack Stentz
Jane Goldman
Matthew Vaughn
IntérpretesJames McAvoy
Michael Fassbender
Rose Byrne
January Jones
Jennifer Lawrence
Oliver Platt
Kevin Bacon
MúsicaHenry Pryce Jackman
FotografíaJohn Mathieson
MontaxeEddie Hamilton
Lee Smith
Estudio20th Century Fox
Marvel Entertainment
Dune Entertainment
Bad Hat Harry Productions
Marv Films
Donners' Company
Distribuidora20th Century Fox
Estrea2011
Duración132 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido
XéneroAcción
Orzamento$140-160 000 000[1]
Recadación$353 600 000
Filme anteriorX-Men Origins: Wolverine
Filme seguinteX-Men: Days of Future Past
Na rede
http://www.x-menfirstclassmovie.com
IMDB: tt1270798 Filmaffinity: 875477 Allocine: 140894 Rottentomatoes: m/x_men_first_class Mojo: xmenfirstclass Allmovie: v475797 TCM: 813176 Metacritic: movie/x-men-first-class TV.com: movies/x-men-first-class
Allmusic: mw0002154538 Netlix: 70170269Editar o valor em Wikidata

Sinopse

Constitúe o comezo da saga dos X-Men. "X-Men: First Class" conta a historia previa á existencia dos mutantes, e antes dos protagonistas cambiaren os seus nomes polos de Profesor X e Magneto. Charles Xavier (James McAvoy) e Erik Lehnsherr (Michael Fassbender) eran dous mozos que ían descubrindo os seus poderes. Non había animadversión ningunha entre eles, senón que os unía unha sincera amizade e decidiron traballar xuntos para crear un grupo de mutantes coa finalidade de evitar o Armagedón nuclear. Foi entón cando se abriu unha enorme fenda entre eles e supuxo o comezo da eterna guerra entre a irmandade de Magneto e os X-Men do Profesor X.

Personaxes

  • James McAvoy como Charles Xavier: Líder e fundador dos X-Men e un dos mellores amigos de Magneto ata que os conflitos de opinión crearon unha rivalidade entre eles e os seus equipos.
  • Michael Fassbender como Erik Lensherr/Magneto: Líder e fundador da Brotherhood of Mutants.
  • Rose Byrne como Moira MacTaggert: Unha axente da CIA e o interese amoroso de Charles Xavier.
  • Kevin Bacon como Sebastian Shaw: Un científico e líder dunha sociedade secreta chamada Hellfire Club que intenta dominar o mundo. Shaw é un mutante que pode absorber a enerxía cinética utilizada contra el e empregala para incrementar a súa forza e ​​velocidade.
  • January Jones como Emma Frost/White Queen: Un telepata mutante que tamén pode cambiar o seu corpo en forma de diamante. É membro do Hellfire Club.
  • Nicholas Hoult como Hank McCoy/Beast: Un xove ex-científico e activista político que se transformou nun mutante con temible aspecto.
  • Jennifer Lawrence como Raven Darkholme/Mystique: Unha perigosa mutante metamorfa.
  • Oliver Platt como The Man in Black: Un axente da CIA e líder da "División X", unha axencia do goberno que traballa cos X-Men.
  • Ray Wise como O Secretario de Estado.
  • Zoë Kravitz como Angel Salvadore/Tempest: Unha mutante con fisioloxía insectoide e saliva aceda.
  • Caleb Landry Jones como Sean Cassidy/Banshee: Un mutante coa habilidade de controlar os seus extraordinarios berros e voos hipersónicos.
  • Lucas Till como Alex Summers/Havok: Un mutante que ten a capacidade de absorber a enerxía e descargala en forma de explosións.
  • Edi Gathegi como Armando Muñoz/Darwin: Un mutante co poder da "evolución reactiva".
  • Jason Flemyng como Azazel: Un membro do Hellfire Club coa habilidade de teletransportarse.
  • Álex González como Janos Quested/Riptide: Un mutante coa habilidade de crear poderosos remuíños dende as súas mans.
  • Hugh Jackman como Logan/Wolverine: Fai un cameo nun bar.
  • Rebecca Romijn como Raven Darkholme/Mystique: Fai un cameo interpretando a Mystique nunha versión adulta.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas