Wonder Woman (filme de 2017)

Wonder Woman é un filme estadounidense de superheroes baseado na personaxe de DC Comics Wonder Woman. Distribuído por Warner Bros. Pictures, é o cuarto filme do universo DC Extended Universe (DCEU). Foi dirixido por Patty Jenkins, cun guión de Allan Heinberg, baseado nunha historia de Heinberg, Zack Snyder e Jason Fuchs. Está protagonizado por Gal Gadot, Chris Pine, Robin Wright, Danny Huston, David Thewlis, Connie Nielsen e Elena Anaya. Wonder Woman é o segundo filme no que aparece a personaxe principal, despois do seu debut en Batman contra Superman: O amencer da xustiza.[5] Jenkins converteuse na primeira directora de cine en dirixir un filme de acción baseado nun personaxe de superheroes de banda deseñada.[6]

Wonder Woman
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalWonder Woman
DirectorPatty Jenkins
Produtor
GuiónAllan Heinberg
Baseado enWonder Woman de William Moulton Marston
Intérpretes
MúsicaRupert Gregson-Williams[1]
FotografíaMatthew Jensen
MontaxeMartin Walsh
Estudio
  • RatPac-Dune Entertainment
  • DC Films
  • Tencent Pictures
  • Wanda Pictures
  • Atlas Entertainment
  • Cruel and Unusual Films
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
EstreaShanghai: 15 de maio de 2017
2 de xuño de 2017
Galicia 18 de maio de 2020 (TVG)
Duración141 minutos[2][3]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción
Orzamento$149 000 000[4]
Recadación$821 800 000[4]
Na rede
https://www.warnerbros.com/movies/wonder-woman/
IMDB: tt0451279 Filmaffinity: 929728 Allocine: 173720 Rottentomatoes: m/wonder_woman_2017 Mojo: wonderwoman Allmovie: v617724 TCM: 2063713 Metacritic: movie/wonder-woman
Facebook: wonderwomanfilm Twitter: WonderWomanFilm Instagram: wonderwomanfilm BNE: XX5765774 Netlix: 80157091Editar o valor em Wikidata

Estreouse en galego o 18 de maio de 2020 na TVG.[7]

Sinopse

O filme conta a historia da Princesa Diana, que medra na illa das amazonas, Themyscira. Despois de que o piloto estadounidense Steve Trevor se estrelase nas augas arredor da illa, conta ás amazonas sobre a primeira guerra mundial. Diana deixa a illa para rematar co conflito.

Personaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas