Willie Cauley-Stein

baloncestista estadounidense

Willie Trill Cauley-Stein, nado coma Willie Durmond Cauley Jr. o 18 de agosto de 1993 en Spearville, Kansas, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Openjobmetis Varese da Lega Basket Serie A.

Willie Cauley-Stein
Openjobmetis Varese  – No. 2
Información persoal
Nacemento18 de agosto de 1993 (30 anos)
Spearville, Kansas
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Altura2,16 m (7 ft 1 in)
Peso oficial109 kg (240 lb)
PosiciónPivote
Información da carreira
InstitutoOlathe Northwest (Olathe, Kansas)
UniversidadeKentucky (2012–2015)
NBA Draft2015 / Rolda: 1 / Elección: 6
Por Sacramento Kings
Carreiradende 2015
Historial de equipos
Sacramento Kings (2015–2019)
Golden State Warriors (2019–2020)
Dallas Mavericks (2020–2022)
Philadelphia 76ers (2022)
Rio Grande Valley Vipers (2022–2023)
Pallacanestro Varese (2023–presente)

Traxectoria profesional

O 25 de xuño de 2015, Cauley-Stein foi seleccionado na 6ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Sacramento Kings.[1] O 16 de xullo de 2015, asinou o seu contrato de rookie cos Kings.[2]

O 8 de xullo de 2019, Cauley-Stein asinou cos Golden State Warriors.[3]

O 25 de xaneiro de 2020, Cauley-Stein foi traspasado ós Dallas Mavericks a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2020.[4] Debutou cos Mavericks tres días máis tarde na derrota contra os Phoenix Suns, facendo 4 puntos e 2 rebotes en 12 minutos.[5] Tras o remate da tempada 2019-20, Cauley-Stein decidiu non continuar nos Mavericks e convertirse en axente libre.[6] O 1 de decembro de 2020, asinou de novo cos Mavericks.[7]

Estatísticas

Tempada regular

TempadaEquipoPXMIN%TC%3P%TLREBASISROUBTAPPTS
2015–16Sacramento6621.4.563.000.6485.30.60.71.07.0
2016–17Sacramento7518.9.530.000.6694.51.10.70.68.1
2017–18Sacramento7328.0.502.250.6197.02.41.10.912.8
2018–19Sacramento8127.3.556.500.5518.42.41.20.611.9
2019–20Golden State4122.9.560.000.6146.21.51.11.27.9
2019–20Dallas1312.1.689.000.5564.60.80.30.85.2
Total34923.5.539.211.6116.31.60.90.89.6

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas