Wikipedia:Wiki Loves Parroquias

O obxectivo deste concurso é conseguir imaxes libres de tódalas parroquias de Galicia, no momento de comezar esta páxina hai preto de 700 parroquias de Galicia sen foto no seu artigo. As parroquias ás que lles falta foto están recompiladas na páxina Wikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquias, e tódolos seus artigos teñen as coordenadas para facilitar a súa busca. Tamén hai dous mapas coa posición das coordenadas das parroquias que faltan, as de Lugo aquí, e as de Ourense aquí.

As imaxes son fundamentais para ilustrar os artigos xa que achegan un alto valor ós contidos, e que cada parroquia de Galicia teña a súa foto é subir un pequeno chanzo no incremento da calidade desta enciclopedia libre.

As imaxes que se procuran son de moitos tipos, o patrimonio de Galicia é infinito, ademais de aldeas escondidas, ou non, hai castros, petróglifos, torres, igrexas, mosteiros, pazos, ríos, regatos, lagoas, fontes, serras, montes, outeiros, fragas, carballeiras, árbores senlleiras, festas, romarías, feiras... Descubre a Galicia máis escondida e amósaa na Galipedia, hai milleiros de fotos que se poden facer!

Neste ano 2019 faise a primeira edición deste concurso, esperamos que a Galipedia se encha de novas fotos para ilustrar os artigos desta enciclopedia libre, que está feita por todos e para todos. Anímate a participar!

Bases

Xigante do monte Pindo.
Concellos de Ourense con parroquias sen imaxe.
  • Para participar haberá que ter unha conta de usuario cun enderezo de correo electrónico activo e permitindo o envío de mensaxes por outros usuarios (requisito imprescindible para posibles comunicacións cos participantes, non ter activada a dirección de correo electrónico provocará que as imaxes do usuario non participen no concurso).
  • As imaxes deben ter unha licenza libre compatible coa da Galipedia (CC-BY-SA), é dicir, debe permitir o uso comercial e as obras derivadas.
  • As fotos deben ser de autoría propia, se algún participante sube fotos que non son da súa autoría será descualificado automaticamente.
  • As fotos deben de ser dunha parroquia que non teña ningunha imaxe no seu artigo no momento de comezar o concurso (1 de xullo).
  • As imaxes deben poder identificarse de forma clara que pertencen á parroquia que se indique. En caso de que non se poida identificar de forma clara que a imaxe pertence á parroquia, a foto non será aceptada no concurso. Para identificar unha imaxe poden proporcionarse as coordenadas GPS, comparación con imaxes semellantes con dereitos de autor e que estean identificadas de forma axeitada, ou outros medios que estean dispoñibles a través de Internet.
Concellos de Lugo con parroquias sen imaxe.
  • As imaxes deberán subirse a Wikimedia Commons. Non poderán participar fotos subidas localmente na Galipedia.
  • As imaxes poden realizarse en calquera momento da duración do concurso e incluso poden ser imaxes realizadas con anterioridade, sempre e cando non estean xa subidas a Wikimedia Commons.
  • Os usuarios que queiran participar terán que engadir a foto á páxina do concurso. Nesa páxina atópanse as instrucións para presentar cada unha das fotos. Poderán pedir axuda para todo o que precisen na propia páxina de conversa ou no enderezo electrónico wikilovesparroquias@gmail.com. Se algún participante non é capaz de subir as súas fotos a Commons ou engadilas na páxina do concurso, pode poñerse en contacto cos organizadores e eles axudaranlle a resolver as dúbidas que teña (pode consultarse o apartado Wikipedia:Wiki_Loves_Parroquias#Coordinación para máis información sobre este punto).
  • As fotos que non se engadan na páxina do concurso, Wikipedia:Wiki Loves Parroquias/Imaxes propostas, antes da data de fin de recepción de imaxes, non poderán participar.
  • Os participantes poden presentar tódalas imaxes que queiran, pero só se asignará un premio por participante, sempre o de maior contía.
  • Poden presentarse varias imaxes do mesmo lugar se antes de comezar o concurso aínda non había ningunha foto no artigo asociado.
  • As imaxes deberán publicarse coa maior calidade e resolución posible. Esíxese un mínimo de 2 Mpx (tamaño orientativo de 2 Mpx: 1920x1080), as fotos con menor resolución non participarán no concurso.
  • As imaxes non deben contar con firma, data, marco ou outras marcas superpostas á imaxe (a atribución garántese a través da páxina de descrición da foto en Wikimedia Commons). As fotos que non cumpran isto non participarán no concurso.
  • Os autores non poden votar polas súas propias fotos, si poden votar polo resto de imaxes propostas.
  • A lista de artigos de parroquias sen foto está en Wikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquias, e temos dúas listas coas parroquias sen foto coas súas coordenadas aquí: provincia de Lugo e provincia de Ourense. Nesas páxinas tamén pode accederse a un mapa coa xeolocalización desas parroquias.

Datas do concurso

Río Belelle no Roxal, concello de Neda.

As fotos participantes poderán presentarse na páxina do concurso dende o 1 de agosto ata o 31 de outubro, ambos inclusive.

Durante todo o mes de novembro procederase a votar as fotos presentadas e ó rematar anunciaranse as fotos gañadoras. A organización porase en contacto cos premiados para xestionar a entrega dos seus agasallos.

Escolla de gañadores

Na páxina do concurso haberá un período de votación do 1 ó 30 de novembro, ambos inclusive, no que os usuarios da Galipedia darán o seu voto favorable ás imaxes que consideren. Cada usuario poderá votar tantas veces como o desexe, sempre que sexa a fotos diferentes. Serán consideradas gañadoras as fotos con máis votos dentro do período de votación. En caso de empate gañará a foto que antes fose presentada.

Os usuarios que poden participar nesta votación serán os que cumpran Wikipedia:Votacións#Quen_pode_votar?.

Premios

Cruceiro de Barizo, concello de Malpica de Bergantiños.
  • Primeiro premio: 300 euros
  • Segundo premio: 200 euros
  • Terceiro premio: 100 euros

Como agasallo sortearanse 20 camisetas de promoción da Galipedia entre tódolos participantes, a talla e a imaxe da camiseta dependerá das existencias dispoñibles. As camisetas serán enviadas polos medios dispoñibles ós gañadores. Para o sorteo, cada usuario terá un número consecutivo correspondente coa primeira imaxe presentada ó concurso. Para escoller os gañadores das camisetas collerase o número de visitas diarias da Galipedia dende o primeiro día da votación e dividirase por 7 de forma consecutiva ata que coincida cun dos números asignados ós participantes. Se o número non coincide co de ningún usuario, volverá dividirse o número de visitas por 5, de continuar sen atoparse coincidencia dividirase por 3. En caso de non atopar coincidencia con ningún usuario, o sorteo dese día farase a xuízo dos organizadores.

En caso de que o número de participantes sexa menor que o de camisetas a sortear, non será necesario facer sorteo.

Os organizadores poranse en contacto cos premiados para xestionar a entrega do premio. Se pasados tres meses despois da finalización da escolla das fotos gañadoras, non foi posible contactar cos premiados, entenderase que renuncian ó seu agasallo e quedará deserto.

Coordinación

Festa dos Fachós en Castro Caldelas.

A coordinación sobre asuntos relacionados con este tema farase na conversa desta mesma páxina. Tamén poden enviarse consultas ó enderezo de correo electrónico wikilovesparroquias@gmail.com.

Wiki Loves Monuments

A maiores, as imaxes participantes poden participar no concurso Wiki Loves Monuments se cumpren as súas bases e se cargan en Commons durante o mes de setembro usando a súa ligazón. Se queredes participar nos dous concursos, primeiro cargade as fotos en Commons coa ligazón de Wiki Loves Monuments durante o mes de setembro, e logo presentádeas en Wikipedia:Wiki Loves Parroquias/Imaxes propostas.

Mencións nos medios

Parroquias que conseguiron foto

Esta é a lista de parroquias que conseguiron foto dende o comezo do concurso. Aínda que agora teñan imaxe, as fotos que se presenten destes lugares, poderán seguir participando xa que antes do 1 de xullo non a tiñan.

ParroquiaConcelloCat. parroquias sen imaxes no concelloNotas
Lousada, SamosSamosCategoría:Samos parroquias sen imaxes
Aranza, BarallaBarallaCategoría:Baralla parroquias sen imaxes
Pacios, BarallaBarallaCategoría:Baralla parroquias sen imaxes
Francos, BarallaBarallaCategoría:Baralla parroquias sen imaxes
Boimorto, Vilamarín‎VilamarínCategoría:Vilamarín parroquias sen imaxes
Sobreira, Vilamarín‎VilamarínCategoría:Vilamarín parroquias sen imaxes
Armariz, Xunqueira de AmbíaXunqueira de AmbíaCategoría:Xunqueira de Ambía parroquias sen imaxes
Santa Cruz de Grou, LobeiraLobeiraCategoría:Lobeira parroquias sen imaxes
Venceáns, EntrimoEntrimoCategoría:Entrimo parroquias sen imaxes
A Pereira, EntrimoEntrimoCategoría:Entrimo parroquias sen imaxes
San Paio de Araúxo, LobiosLobiosCategoría:Lobios parroquias sen imaxes
Requeixo, Chandrexa de QueixaChandrexa de QueixaCategoría:Chandrexa de Queixa parroquias sen imaxes
Guillén, BecerreáBecerreáCategoría:Becerreá parroquias sen imaxes
Vilarbuxán, BóvedaBóvedaCategoría:Bóveda parroquias sen imaxes
San Fiz de Rubián, BóvedaBóvedaCategoría:Bóveda parroquias sen imaxes
Rubián, BóvedaBóvedaCategoría:Bóveda parroquias sen imaxes
Pousada, BarallaBarallaCategoría:Baralla parroquias sen imaxes
Riba de Neira, BarallaBarallaCategoría:Baralla parroquias sen imaxes
Costantín, BarallaBarallaCategoría:Baralla parroquias sen imaxes
Vilarpunteiro, BarallaBarallaCategoría:Baralla parroquias sen imaxes
Guimarei, Baralla‎BarallaCategoría:Baralla parroquias sen imaxes
Vilachambre, Baralla‎BarallaCategoría:Baralla parroquias sen imaxes
Lexo, Baralla‎BarallaCategoría:Baralla parroquias sen imaxes
Vale, BarallaBarallaCategoría:Baralla parroquias sen imaxes
Vilalpape, BóvedaBóvedaCategoría:Bóveda parroquias sen imaxes
Remesar, BóvedaBóvedaCategoría:Bóveda parroquias sen imaxes
Lebruxo, BarallaBarallaCategoría:Baralla parroquias sen imaxesCompletouse o concello.
Laxes, Baralla‎BarallaCategoría:Baralla parroquias sen imaxes
Larín, LáncaraLáncaraCategoría:Láncara parroquias sen imaxes
Oleiros, LáncaraLáncaraCategoría:Láncara parroquias sen imaxes
Vilambrán, LáncaraLáncaraCategoría:Láncara parroquias sen imaxes
Ronfe, LáncaraLáncaraCategoría:Láncara parroquias sen imaxes
Ronfe, LáncaraLáncaraCategoría:Láncara parroquias sen imaxes
O Pereiro, A MezquitaA MezquitaCategoría:A Mezquita parroquias sen imaxes
O Pereiro, AlfozAlfozCategoría:A Mezquita parroquias sen imaxes
Santa Mariña do Monte, Monforte de LemosMonforte de LemosCategoría:Monforte de Lemos parroquias sen imaxes
Arcillá, CospeitoCospeitoCategoría:Cospeito parroquias sen imaxes
Vilapene, CospeitoCospeitoCategoría:Cospeito parroquias sen imaxes
Loboso, A PastorizaA PastorizaCategoría:A Pastoriza parroquias sen imaxes
Corvillón, A MercaA MercaCategoría:A Merca parroquias sen imaxes
O Río, VilamarínVilamarínCategoría:Vilamarín parroquias sen imaxes
Viña, VilamarínVilamarínCategoría:Vilamarín parroquias sen imaxes
Portomourisco, PetínPetínCategoría:Petín parroquias sen imaxes
Portomourisco, LaroucoLaroucoCategoría:Larouco parroquias sen imaxes
Manzalvos, A MezquitaA MezquitaCategoría:A Mezquita parroquias sen imaxes
Santigoso, A MezquitaA MezquitaCategoría:A Mezquita parroquias sen imaxes
Nigueiroá, BandeBandeCategoría:Bande parroquias sen imaxes
O Ribeiro, BandeBandeCategoría:Bande parroquias sen imaxes
Garabelos, BandeBandeCategoría:Bande parroquias sen imaxes
Santoalla do Monte, PetínPetínCategoría:Petín parroquias sen imaxes
Santa María de Mones, PetínPetínCategoría:Petín parroquias sen imaxes
Mones, PetínPetínCategoría:Petín parroquias sen imaxes
Vista Fermosa, OurenseOurenseCategoría:Ourense parroquias sen imaxes
Quintá de Cancelada, BecerreáBecerreáCategoría:Becerreá parroquias sen imaxes
Cedrón, LáncaraLáncaraCategoría:Láncara parroquias sen imaxes
Ceboliño, OurenseOurenseCategoría:Ourense parroquias sen imaxes
Rairo, OurenseOurenseCategoría:Ourense parroquias sen imaxes
Penamil, Navia de SuarnaNavia de SuarnaCategoría:Navia de Suarna parroquias sen imaxes
A Ribeira, CervantesCervantesCategoría:Cervantes parroquias sen imaxes
Santa Mariña do Monte, OurenseOurenseCategoría:Ourense parroquias sen imaxes
Seixalbo, OurenseOurenseCategoría:Ourense parroquias sen imaxes

Véxase tamén

Outras páxinas