Wakolda

filme de 2013 dirixido por Lucía Puenzo

Wakolda é un filme de 2013 dirixido, producido e escrito por Lucía Puenzo, que se basea na súa propia novela.[1] É unha coprodución entre a Arxentina, España, Noruega e Francia. Está protagonizado por Àlex Brendemühl como o oficial nazi das SS Josef Mengele,[2] que realizou experimentos en humanos no campo de concentración de Auschwitz. O resto do elenco complétano Florencia Bado, Natalia Oreiro, Diego Peretti, Elena Roger e Guillermo Pfening.[3]

Wakolda
Ficha técnica
Título orixinalWakolda
DirectorLucía Puenzo
ProdutorLucía Puenzo
GuiónLucía Puenzo
Baseado enWakolda de Lucía Puenzo
IntérpretesÀlex Brendemühl
Natalia Oreiro
Diego Peretti
MúsicaDaniel Tarrab
Andrés Goldstein
FotografíaNicolás Puenzo
MontaxeHugo Primero
DistribuidoraDistribution Company
EstreaFestival de Cannes: 22 de maio de 2013
19 de setembro de 2013
Duración94 minutos
Orixe Arxentina
España España
Noruega Noruega
Francia
XéneroDrama
Na rede
http://www.wakolda.com/eng/index.html
IMDB: tt1847746 Filmaffinity: 203147 Allocine: 220738 Rottentomatoes: m/the_german_doctor Mojo: germandoctor Allmovie: v582904 Metacritic: movie/the-german-doctor
Facebook: peliculawakolda Netlix: 70285694Editar o valor em Wikidata

Personaxes

  • Àlex Brendemühl como Josef Mengele alias Helmut Gregor
  • Florencia Bado como Lilith
  • Diego Peretti como Enzo
  • Natalia Oreiro como Eva
  • Elena Roger como Nora Eldoc
  • Guillermo Pfening como Klaus
  • Alan Daicz como Tomás
  • Ana Pauls como enfermeira
  • Abril Braunstein como Ailín
  • Juani Martínez como Otto

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas