Voo 311 de Thai Airways International

O voo 311 de Thai Airways International era unha ruta entre o aeroporto internacional Don Mueang de Bangkok e o aeroporto internacional Tribhuvan de Katmandú. O venres 31 de xullo de 1992 o Airbus A310-304 que realizaba o servizo, rexistrado HS-TID, esnafrouse na aproximación a Katmandú. Ás 07:00:26 UTC (12:45:26 NST; 14:00:26 ICT), o avión chocou contra a ladeira dunha montaña a 37 km ao norte da cidade a unha altura de 3 505 m e a unha velocidade de 560 km/h, matando aos 99 pasaxeiros e 14 tripulantes a bordo. O sinistro foi a primeiro accidente mortal dun Airbus A310.[1][2]

Voo 311 de Thai Airways International
O avión meses antes do accidente
Resumo
Data 31 de xullo de 1992
Causa perda de consciencia
situacional que levou a un
voo controlado contra o terreo
Lugar Parque Nacional de Langtang,
Nepal
Coordenadas 85°27′03″L / 28.0525, 85.4508
Orixe aeroporto internacional
Don Mueang
Destino aeroporto internacional
Tribhuvan
Finados 113
Aeronave
Tipo de aeronaveAirbus A310-304
Operador Thai Airways International
Rexistro HS-TID
Pasaxeiros 99
Tripulación 14
Superviventes 0

Avión e tripulación

O primeiro voo do avión foi o 2 de outubro de 1987, e entrou en servizo coa aeroliña canadense Wardair co rexistro C-FGWD. Canadian Airlines International mercou Wardair en 1989 e as súas operacións integráronse dentro da marca Canadian Airlines. O aparello entrou formalmente en servizo con Canadian Airlines o 15 de xaneiro de 1990 (co mesmo rexistro). Pouco despois vendeuse a Thai Airways International, recibíndoo o 9 de maio dese ano e sendo rexistrado como HS-TID. O A310 estaba impulsado por dous motores turboventiladores General Electric CF6-80C2A2.[3][4]

O avión estaba pilotado polo capitán de 41 anos Preeda Suttimai e o primeiro oficial de 52 Phunthat Boonyayej, e na cabina de pasaxe había 12 asistentes de voo.[5]

Notas