Vincetoxicum hirundinaria

Vincetoxicum hirundinaria

Vincetoxicum hirundinaria
Clasificación científica
Reino:Plantae
Subreino:Tracheobionta
División:Magnoliophyta
Clase:Magnoliopsida
Subclase:Asteridae
Orde:Gentianales
Familia:Apocynaceae
Subfamilia:Asclepiadoideae
Tribo:Asclepiadeae
Subtribo:Tylophorinae
Xénero:Vincetoxicum
Especie:V. hirundinaria
Nome binomial
'Vincetoxicum hirundinaria'
Medik.

A Vincetoxicum hirundinaria é unha especies da familia das asclepiadáceas.

Vincetoxicum hirundinaria.

Descrición

Erecta, case glabra, a miúdo perenne retorta de até 120 cm. Follas amplamente ovadas a amplamente lanceoladas agudas, pelosas en nervios e marxes por baixo. Flores brancas ou amarelas, de 3-10 mm de diámetro, nunha inflorescencia laxa de parte superior bastante palna. Lóbulos corolinos 5, ovados, carnosos, con escamas membranosas 2/3 o longo dos lóbulos. O froito é un par de folículos fusiformes. Especie moi variable. Florece a final de primavera e no verán.

Hábitat

Bosques, malezas, ribeiras secas, noiros pedregosos, mellor en chans calizos.

Distribución

Gran parte de Europa, excepto Islandia, Gran Bretaña e Irlanda.

Propiedades

Principios activos

Contén alcaloides, ácido cloroxénico e ácido sinápico, flavonoides e cetonas terpénicas. Heterósidos ésteres como a vincetoxina (parecida á condurangina). Tamén contén amidón.[1]

É diurética, sudorífica, expectorante e depurativa. Tomada en grandes cantidades é tóxica e provoca vómitos e diarreas.

Taxonomía

Sinonimia
[2][3]
  • Antitoxicum laxum (Bartl.) Pobed.
  • Antitoxicum officinale Pobed.
  • Asclepias vincetoxicum L.
  • Cynanchum laxum Bartl.
  • Cynanchum luteum (Miller) Steudel
  • Cynanchum vincetoxicum var. vincetoxicum
  • Cynanchum vincetoxicum (L.) Pers.
  • Vincetoxicum laxum (Bartl.) C.Koch
  • Vincetoxicum ruscinonense Timb.-Lagr.

Notas