Vincenzo Rennella

futbolista francés

Vincenzo Renato Rennella, máis coñecido como Vincenzo Rennella ou Enzo Rennella, nado o 8 de outubro de 1988 en Saint-Paul-de-Vence, Alpes Marítimos (Provenza-Alpes-Costa Azul) é un futbolista profesional franco-italiano que xoga na posición de dianteiro no Miami FC.

Rennella
Información persoal
NomeVincenzo Renato Rennella
Nacemento8 de outubro de 1988 (35 anos)
Lugar de nacementoSaint-Paul-de-Vence
Altura1,88 m
PosiciónDianteiro
Información de club
Club actualReal Betis
Carreira xuvenil
Dinan
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2006–2007AS Cannes1(0)
2007–2008Lugano29(7)
2008–2013Genoa0(0)
2008–2009Lugano (ced.)22(24)
2009–2011Grasshopper (ced.)31(9)
2011–2012Cesena (ced.)15(1)
2012–2013Córdoba (ced.)32(7)
2013–2016Betis40(7)
2013–2014Lugo (ced.)35(13)
2016Valladolid (ced.)14(3)
2016–Valladolid0(0)
2016–→ Miami FC (ced.)1(0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 5 de xuño de 2016editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Nado e criado en Francia , de pai italiano e nai francesa, comezou a xogar como xuvenil no AS Cannes, onde chegou debutar como profesional nun partido da terceira división do fútbol galo. En 2007 foi adquirido polo FC Lugano da Challenge League suíza, segunda categoría do fútbol helvético. No seu primeiro ano anota 7 goles, o que xunto coas súas boas actuacións espertan o interese do Genoa da Serie A italiana, que o contrata cedéndoo de novo ao Lugano. Nesa tempada consegue a marca de anotar 24 goles en 22 partidos, chegando a ter un rexistro de 16 goles nos 12 primeiros partidos de Liga, e sendo o máximo goleador da competición. En total no club suízo anotaría 31 goles en 51 partidos.

Ao ano seguinte da o salto de categoría, e o Genoa cédeo esta vez ao histórico Grasshopper da Super Liga suíza, onde estaría dúas tempadas, anotando 8 goles no seu segundo ano. Isto chama de novo a atención do fútbol italiano, polo que Rennella é cedido ao AC Cesena da máxima categoría do fútbol italiano. Debuta na competición o 30 de outubro de 2011 ante o Parma FC, anotando o seu primeiro e único gol o 22 de abril ante o Palermo.

Ao ano seguinte, o seu útlimo de contrato co Genoa, é cedido ao Córdoba da Segunda División española, onde anota 7 goles en 33, non chegando ao seu nivel habitual por mor do falecemento do seu pai durante a tempada. Porén, as súas boas actuación lévano a fichar por catro tempadas polo Real Betis, club da Primeira División, que o cede ao Club Deportivo Lugo. No conxunto galego, no seu primeiro partido como local no Anxo Carro, consegue anotar dous goles e dar unha asistencia ante o Real Jaén, racha que continuou anotando o gol da vitoria do Lugo ante o Real Zaragoza na Romareda e na seguinte xornada ante o Girona.

Clubs

ClubCategoríaAnoPXGoles
AS Cannes National2006-200710
FC Lugano Challenge League2007-2008297
FC Lugano Challenge League2008-20092224
Grasshopper Super League2009-2010111
Grasshopper Super League2010-2011208
AC Cesena Serie A2011-2012151
Córdoba CF Liga Adelante2012-2013337
Lugo Liga Adelante2013-20143513

Véxase tamén

Ligazóns externas