Victoriano Fabeiro
Victoriano Fabeiro García, nado en 1879 e finado en Negreira o 25 de outubro de 1951,[1] foi un médico e político galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Victoriano Fabeiro García ![]() 1879 ![]() |
Morte | 25 de outubro de 1951 ![]() Negreira, España ![]() |
![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | médico , político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Traxectoria
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5f/Negreira_-_Busto_de_Victoriano_Fabeiro_Garcia_-_01.jpg/220px-Negreira_-_Busto_de_Victoriano_Fabeiro_Garcia_-_01.jpg)
Membro da máis importante familia dos conservadores de Negreira, casou con Teresa Caamaño Ferreiro, dona do Pazo do Cotón e a máis importante vinculeira da familia liberal dos Caamaño.
Tío de José Reino Caamaño. Presidente do Sindicato católico de Negreira, foi nomeade alcalde de Negreira en abril de 1920,[2] volveu ser elixido en abril de 1922,[3] en 1930 e dende 1931 polo Partido Republicano Conservador cando a súa candidatura acadou nas eleccións a totalidade de concelleiros da Corporación. En 1934, despois da vitoria dos partidos conservadores nas eleccións xerais e a disolución das deputacións provinciais de esquerdas, ocupou a presidencia da Deputación da Coruña durante uns meses. Foi destituído como alcalde polo gobernador civil en outubro de 1936, e substituído por Jesús Magariños Pastoriza, novo alcalde franquista.[4] Foi conselleiro de FINSA.
Predecesor: Manuel Caamaño Ferreiro | ![]() Alcalde de Negreira 1920 - 1921 | Sucesor: Manuel Caamaño Rodríguez |
Predecesor: Manuel Caamaño Rodríguez | ![]() Alcalde de Negreira 1922 - 1923 | Sucesor: José Gómez Castro 1923- |
Predecesor: Manuel Ruso Alonso | ![]() Alcalde de Negreira 1930 | Sucesor: ? |
Predecesor: ? | ![]() Alcalde de Negreira 1931 - 1936 | Sucesor: Jesús Magariños Pastoriza |
Predecesor: Manuel Ínsua Sánchez | ![]() Presidente da Deputación da Coruña 1934 | Sucesor: Antonio Goyanes Cedrón |
Recoñecementos
Unha comisión veciñal erixiu un busto por subscrición popular na entrada do Colexio Público, obra do escultor Andrés Barbazán.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Liñares Giraut, X. Amancio (1988). FEIRACO, ed. O Val de Barcala (1900-1936). Negreira. ISBN 84-398-7496-0.
- Liñares Giraut, X. Amancio (1993). Do Castro, ed. Negreira na guerra do 36. Sada. ISBN 84-7492-656-4.