Vianesa
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Vianesa | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Descrición da vaca vianesa | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
|
A vianesa é unha raza de vacún autóctona de Galicia.
Cun peso medio duns 550-600 quilos, aínda que os touros poden acadar os 850–920 kg. Esta raza posúe unha pelaxe marrón escura e uns característicos cornos largos en espiral. A pelaxe dos touros é máis escura. Os francos son sombríos e o fociño escuro e aureolado cunha banda clara. De gran poder de tracción, críase tamén pola súa carne. É unha raza típica da provincia de Ourense.
A orixe da raza é bastante antiga, posiblemente xurdiu a partir do cruzamento entre as razas rubias e vermellas autóctonas de Galicia e do gando vacún escuro introducido trala chegada dos árabes no século VIII. Actualmente a poboación é moi reducida, cuns 2 958 exemplares (2022), aínda que dende a década de 1990 benefíciase dun programa de preservación do seu patrimonio xenético e reprodúcese na súa forma pura para manter os seus efectivos.
Dende época antiga as vacas de raza vianesa empréganse de forma ecléctica para usos de tracción e produción de carne e leite. A vacas son boas nais e producen un leite moi rico e nutritivo para o crecemento dos becerros. Habitualmente pastoréase cun sistema semiextensivo-extensivo, con estabulación no inverno, e pastoreo ó aire libre durante o resto do ano, alimentándose tanto en pastos abertos como en zonas frondosas. A raza está ben adaptada ó rudo clima montañés da súa zona de distribución e resulta adecuada para a produción de carne como outras razas próximas, como a rubia galega.
Ano | Femias | Machos | Total | Ganderías |
---|---|---|---|---|
2009 | 1 520 | 345 | 1 865 | 75 |
2010 | 1 805 | 421 | 2 226 | 78 |
2011 | 2 088 | 479 | 2 567 | 77 |
2012 | 2 108 | 455 | 2 563 | 79 |
2013 | 2 125 | 361 | 2 486 | 78 |
2014 | 2 069 | 332 | 2 401 | 78 |
2015 | 2 325 | 380 | 2 705 | 84 |
2016 | 2 298 | 447 | 2 745 | 85 |
2017 | 2 277 | 411 | 2 688 | 78 |
2018 | 2 356 | 402 | 2 758 | 79 |
2019 | 2 303 | 422 | 2 725 | 71 |
2020 | 2 546 | 483 | 3 029 | 64 |
2021 | 2 635 | 462 | 3 097 | 66 |
2022 | 2 528 | 430 | 2 958 | 56 |
Gráfica de evolución demográfica da vaca vianesa entre 2009 e 2022 |
Datos segundo a aplicación ARCA do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.[1] |