Vera Kurtić

activista romaní e feminista serbia

Vera Kurtić (serbio: Вера Куртић) é unha escritora e activista feminista romaní serbia. É a autora de Džuvljarke – lezbijska egzistencija Romkinja, o primeiro libro que fala da sexualidade non heteronormativa das mulleres romanís.

Traxectoria

Kurtić é da cidade de Niš.[1] Estudou socioloxía e ciencias da comunicación na Universidade de Niš.[2][3][4] O seu activismo está dirixido á comunidade romaní, os dereitos LGBTIQ, das mulleres e dos animais.[2] Algunhas das súas actividades inclúen formación sobre a conciencia de xénero e o veganismo.[2][5]

É membro de Ženskiprostor, unha organización serbia a prol dos dereitos das mulleres fundada en Niš en 1998, e foi a súa Coordinadora Executiva até 2019.[3][6] Fundou a Rede Serbia das Mulleres Romanís e promoveu unha organización máis informal de mulleres romanís LGBT.[5] Tamén creou a campaña Mes do Activismo das Mulleres Romanís.[7] Até 2020 traballou no Consello de Europa como parte do programa ROMACTED.[3]

As liñas de investigación de Kurtić inclúen a interseccionalidade de xénero, a orientación sexual e a presenza de grupos marxinalizados no espazo social.[3][5][8] É autora do libro Džuvljarke – lezbijska egzistencija Romkinja (2013), o cal fala da discriminación que sofren as lesbianas romanís.[9][10] É o primeiro libro sobre a sexualidade non heteronormativa das mulleres romanís.[7] Kurtić ten colaborado tamén coa socióloga romaní Jelena Jovanović.[11]

Notas

Ligazóns externas