Venturi Automobiles

Venturi Automobiles é un fabricante de automóbiles francés con sede en Mónaco, que deseña, fabrica e vende vehículos eléctricos de luxo. Fundada en 1984 polos enxeñeiros Claude Poiraud e Gérard Godefro como MVS (Manufacture de Voitures de Sport), o único propósito da empresa era competir no mercado de "Gran Turismo". Pero, este plan enfrontouse inmediatamente con moitos retos, entre eles que a existencia de Venturi fóra de Francia era case descoñecida, outro a falta de fondos propios e a falta de persoal. Isto deu lugar á declaración de creba de Venturi no ano 2000, case dezaseis anos logo da súa fundación. En 2001, o monegasco Gildo Pallanca Pastor comprou Venturi, e decidiu centrarse nos automóbiles eléctricos. Este cambio de dirección levou á producir soamente o Fétish.

Venturi Automobiles

Editar o valor em Wikidata
TipoPrivada
Fundación1984
LocalizaciónFontvieille, Monaco Mónaco Mónaco
FundadorClaude Poiraud
Gérard Godefro
Persoas claveGildo P. Pastor, (CEO & Chairmen)
IndustriaAutomóbil
ProdutosAutomóbil
Número de empregados140 (2012 est.)[1][2][3]
Na rede
http://www.venturi.fr
Youtube: UCuA6SIMYgw1yzGWRMFI4NFA Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

En decembro de 2009, Venturi anunciou a adquisición do fabricante de motocicletas francés Voxan. A adquisición permitiría efectivamente entrar a Venturi no mercado das motocicletas. En agosto de 2011, Venturi anunciou a creación de Venturi América do Norte, con sede en Columbus, Ohio. Venturi América do Norte foi creado principalmente como un centro de investigación e desenvolvemento, e como tal, mantén unha estreita relación de traballo co Center for Automotive Research.

Historia

Venturi 300 Atlantique.

O primeiro Venturi presentouse en 1984, creado por Claude Poiraud e Gérard Godfroy, dous ex enxeñeiros de Heuliez. O obxectivo era crear un automóbil de "gran turismo" francés capaz de competir co francés Bugatti, o italiano Ferrari, e o alemán Porsche. A sede da compañía atópase en Couëron, Pays de Loire, onde se produciron case 750 coches en 20 anos.

Venturi 260 LM 3.4

Desde mediados de 1980 ata mediados da década de 1990, construíron cupés con motor central e roadsters con turbos PRV e caixas de cambio Renault. A potencia do motor variou de 213 a 264 PS (194 kW) para a serie Venturi Atlantique.

Unha edición limitada do 400 GTR foi construído cos requisitos e homologacións para as carreiras e posteriormente utilizouse nas 24 Horas de Le Mans. Venturi tamén participou brevemente co equipo Larrousse de Fórmula 1. O coche do equipo de 1992, que levaba o nome de Venturi, foi deseñado e construído por Venturi Larousse Reino Unido, unha compañía británica antes coñecida como FOMET 1, que previamente deseñara os coches Fondmetal de Fórmula Un de 1991.[4] O 400 GT segue sendo un dos coches franceses con mellores resultados xamais producido, e é de feito o primeiro coche do mundo que tivo freos de carbono estándar. Fiel a esa afirmación, o Atlantique 400 GT con 408 hp (304 kW; 414 PS) V6 3.0 24v DOHC twin-turbo daba un excelente rendemento á altura dos Ferrari dos anos 90. O 400 GT podía acadar os 100 km/h en 4´7 segundos e unha velocidade máxima de 291 km/h, mentres que o 300GT con 314 PS (231 kW) V6 lograba en 4´9 segundos os 100 km/h e alcanzaba os 275 km/h.

Venturi Transcup 210

A competición de alto nivel tamén deu fama á marca. Stéphane Ratel, que máis tarde fundou o Campionato FIA GT, estaba na orixe dos Drivers Venturi Gentlemen Trophy, que reuniu a un impresionante conxunto de 75 pilotos. Venturi tamén gañou fama a través das súas brillantes actuacións nas 24 Horas de Le Mans, en particular en 1993, con Christophe Dechavanne e Jacques Laffite co equipo Venturi Jaccadi, e en 1995 con Paul Belmondo competindo cos 600 SLM .

Pero, foi nas carreiras das BPR Global GT Series nas que Venturi estableceu o seu pedigree ao derrotar aos Porsche e Ferrari en varias ocasións. En 1994, en Dijon-Prenois, con Ferté e Neugarten no Jaccadi 600 LM, nos 1000 km. de París, con Henri Pescarolo e Jean-Claude Basso no 600 LM, e, finalmente, na carreira das 4 horas de Spa, unha vez máis con Michel Ferté e Michel Neugarten.

Revival

Venturi Fetish no Salón do Automóbil de 2006.

En 2001, o millonario monegasco Gildo Pallanca Pastor comprou Venturi e decidiu centrarse nos coches de tracción eléctrica,[5] creando o modelo Fétish. Modelos máis recentes son o Eclectic, o primeiro vehículo con enerxía autónoma do mundo, un vehículo de baixa velocidade que ten paneis solares, un cargador eólico integrado e pode ser enchufado e o Astrolab, o primeiro coche híbrido solar-eléctrico do mundo. Houbo uns 60 a 65 pedidos para o Fétish, pero só ao redor de 30 foron entregados desde 2011.

Lista de modelos

Venturi Fétish.
Venturi Eclectic.
Venturi Astrolab.
  • Cupé 160 Ch BVA
  • Cupé 180 Ch
  • Cupé 200 ch
  • Cupé 210 ch
  • Cupé 260 SPC
  • Cupé 260 APC
  • Cupé 260 Atlantique
  • Transcup 160 Ch BVA
  • Transcup 160 Ch BVM
  • Coupé 260 LM
  • Transcup 180
  • Transcup 200
  • Transcup 210
  • Transcup 260
  • Atlantique 300
  • Atlantique 300 Bi-Turbo
  • 300 GTR
  • MVS Venturi (inclué versións Cupé e Cabriolet)
  • Venturi Atlantique (a partir do MVS Venturi)
  • Venturi 400 GT (homologación especial, xerou as versións 500 LM e 600 LM)
  • 500 LM
  • 600 LM
  • 600 SLM
  • Fétish
  • GT3
  • Eclectic (concept car)
  • Astrolab (concept car electro-solar)
  • Volage[6][7] (prototipo eléctrico de roadster) [8]
  • Eclectic 2.0
  • La Jamais Contente
  • Fétish II seguinte xeración do Fétish
  • America SUV concept


Venturi
Nome completoVenturi Automobiles
Bandeira
Baseada en
Tempadas en activo1 (1992)
Número de pilotosBertrand Gachot, Ukyo Katayama
DebutGran Premio de Suráfrica de 1992
Carreiras16
Campionatos de Construtores0
Campionatos de Pilotos0
Vitorias0
Pole positions0
Voltas Rápidas0
Puntos totais
Derradeiro GPGran Premio de Australia de 1992

Resultados Completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

AnoEquipoMotorPneu.Pilotos12345678910111213141516PuntosPos
1992Central Park Venturi LarrousseLamborghini V12GRSAMEXBRAESPSMRMONCANFRAGBRALEHUNBELITAPORXPNAUS111º
Bertrand GachotRet11RetRetRet6DSCRetRet14Ret18RetRetRetRet
Ukyo Katayama12129NSCRetNSCPRetRetRetRetRet179Ret11Ret

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas