Veillonella
Veillonella | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
|
Veillonella é un xénero de bacterias gramnegativas anaerobias con forma de cocos. Esta bacteria é ben coñecida pola súa capacidade de fermentación de ácido láctico. É unha das bacterias normais da flora intestinal e da mucosa bucal dos mamíferos. Nos humanos, en casos raros, a especie Veillonella parvula foi implicada en casos de osteomielite e endocardite.
Fermentación
A fermentación do lactato a propionato e acetato realízana pola vía do metilmalonil-CoA. Nesta fermentación prodúcese pouco ATP.
Lactato → acetato + 2 propionato + CO2 + H2O
Filoxenia
- Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.
A taxonomía aceptada actualmente está baseada na LPSN [1] e no NCBI[2]e a filoxenia está baseada no estudo do ARNr de 16S da LTP 111 do The All-Species Living Tree Project.[3]
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Brook I (maio de 1996). "Veillonella infections in children". J. Clin. Microbiol. 34 (5): 1283–5. PMC 228999. PMID 8727920. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 30 de xaneiro de 2014.