Vanja Marinković

baloncestista serbio

Vanja Marinković, nado o 9 de xaneiro de 1997 en Belgrado, é un xogador serbio de baloncesto profesional que xoga no Cazoo Baskonia da Liga ACB.

Vanja Marinković
Cazoo Baskonia  – No. 9
Información persoal
Nacemento9 de xaneiro de 1997 (27 anos)
Belgrado
NacionalidadeSerbia Serbia
Altura1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial86 kg (190 lb)
PosiciónEscolta
Información da carreira
NBA Draft2019 / Rolda: 2 / Elección: 60
Por Sacramento Kings
Carreiradende 2013
Historial de equipos
Partizan (2013–2019)
Valencia Basket (2019–2021)
Baskonia (2021–presente)

Traxectoria profesional

O 20 de xuño de 2019, Marinković foi elixido na derradeira posición do Draft da NBA de 2019 polos Sacramento Kings.[1] O 23 de xullo de 2019, Marinković asinou un contrato de dous anos co Valencia Basket da Liga ACB.[2]

O 7 de xullo de 2021, Marinković asinou co Saski Baskonia da Liga ACB.[3]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas