Valerianáceas

(Redirección desde «Valerianaceae»)

As valerianáceas (Valerianaceae) son unha familia da orde Dipsacales que contén 400 especies en 12 xéneros. As plantas son xeralmente herbáceas cun cheiro desagradable. Atópanse en case todas as rexións do mundo agás en Australia. Unhas especies cultívanse como planta ornamental e outras utilízanse como planta medicinal. Non están relacionadas filoxeneticamente coas compostas, pero presentan converxencias evolutivas: ovario ínfero, froito en aquenio, presenza de papo e presenza de pseudantos (inflorescencia). Actualmente esta familia inclúese dentro das caprifoliáceas.[1]

Descrición

Son herbas anuais, bianuais ou perennes, raramente arbustos, comunmente cun cheiro fétido característico, particularmente nas mostras herborizadas; son plantas hermafroditas, dioicas, xinodioicas ou poligamodioicas, con follas opostas, decusadas, de simples a pinnatífidas ou pinnaticompostas, ás veces envaiñadoras na base; pecioladas ou apecioladas, con estípulas ausentes. Deinflorescencias cimosas, comunmente un tirso compacto, ou un dicasio simple ou composto, flores irregulares; cáliz de 5 sépalos foliáceos (Nardostachys), obsoleto ou variadamente modificado, comunmente dividido en numerosos segmentos plumosos que persisten cando está en froito; corola simpétala, frecuentemente xibosa ou espolonada, con 5 lobos imbricados; estames 1–4, epipétalos, alternos cos lobos da corola, anteras con 2 tecas, dehiscentes lonxitudinalmente; ovario ínfero, 3-carpelar, con 2 lóculos estériles e 1 fértil, este cun óvulo sinxelo, pendente, anátropo, estilo 1, estigmas 3. Froito unha cipsela.[2]

Xéneros

  • Aligera
  • Aretiastrum
  • Astrephia
  • Belonantus
  • Centranthus
  • Fedia
  • Nardostachys
  • Patrinia
  • Phuodendron
  • Phyllactis
  • Plectritis
  • Pseudobetckea
  • Stangea
  • Valeriana
  • Valerianella


Notas