Son herbas perennes, rizomatosas. Flores hermafroditas, en inflorescencias cimosas simples ou escasamente ramificadas. Cáliz con dentes lineares enrolados durante a antese, acrescente, plumoso e persistente na frutificación en forma de papo. Corola con tubo infundibuliforme, con 5 lóbulos desguais. Androceo con 3 estames. Estigma trífido. Froitos coas dúas cavidades estériles moi pouco desenvolvidas.[1]
A herba benta emprégase en Galiza dende a antigüidade.
Valeriana: nome xenérico derivado do latín medieval xa sexa en referencia aos nomes de Valerio (que era un nome bastante común en Roma, Publio Valerio Publícola é o nome dun cónsul nos primeiros anos da República), ou ao provincia de Valeria, unha provincia do imperio romano, ou coa verba valere, "para estar san e forte" do seu uso coma menciña popular para o tratamento do nerviosismo e a histeria.[3]
Barrie, F. R. 2001. Valerianaceae. En: Stevens, W.D., C. Ulloa, A. Pool & O.M. Montiel (eds.). Flora de Nicaragua. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 85(3): 2495–2497.
Flora of China Editorial Committee. 2011. Fl. China 19: 1–884. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. (eds.) 2011. Fl. Antioquia: Cat. 2: 9–939. Universidad de Antioquia, Medellín.
Luteyn, J. L. 1999. Páramos, a checklist of plant diversity, geographical distribution, and botanical literature. Mem. New York Bot. Gard. 84: viii–xv, 1–278.
Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
Nash, D. L. 1976. Valerianaceae. In Nash, D.L. (Ed.), Flora of Guatemala - Part XI, Number 4. Fieldiana, Bot. 24(11/4): 296–306.
Stevens, W. D., C. Ulloa Ulloa, A. Pool & O. M. Montiel Jarquin. 2001. Flora de Nicaragua. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 85: i–xlii,.