Valentina (filme de 2021)

filme de 2021 dirixido por Chelo Loureiro

Valentina é un filme galego de animación de 2021 dirixido por Chelo Loureiro. É a primeira longametraxe de Chelo Loureiro como directora. Foi creado con Abano Producións e Brandán Álvarez en 2D e 3D.[2] O filme tiña previsto a súa estrea en xuño de 2021[3] mais aprazouse ata o 10 de decembro dese ano. Antes da estrea oficial de Valentina, foi nomeado ao mellor filme de animación nos Premios Goya,[4][5][6] galardón que finalmente gañou.

Valentina
Ficha técnica
Título orixinalValentina
DirectorChelo Loureiro
GuiónLúa Testa
Chelo Loureiro
MúsicaNani García
EstudioAbano Producións
Antaruxa
El Gatoverde Producciones
Estrea10 de decembro de 2021
Duración70 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroAnimación, infantil
Recadación84.634,10 €[1]
Na rede
IMDB: tt16277374 Filmaffinity: 356362 Allocine: 292287 Editar o valor em Wikidata

Sinopse

Vídeos externos
"Trailer Valentina (GAL)". YouTube. Abano Producións. 

Valentina é unha nena coa síndrome de Down que soña con ser trapecista. Porén, cre que nunca poderá conseguilo. A súa avoa, que xoga con ela, tamén ten un desexo, chegar a converterse en directora de orquestra.

Personaxes

  • Lucía Serén como Valentina[7]
  • Alicia Rábade como Valentina (voz da canción)
  • María Manuela como avoa
  • Andrés Suárez Otero como papá e rei
  • Lúa Testa como mamá e raíña
  • Uxía Senlle como Dona Lola
  • Coke Couto como alfil
  • Helga Méndez como cabalo
  • Pilocha como Dona Flor

Premios

AnoPremio[8]Resultado
2021XXXVIª Edición dos Premios Goya, cine de animaciónGañadora
2022IX Premios Platino do Cine IberoamericanoNomeada
2022V Premios QuirinoNomeada

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas