Valença, Portugal

concello portugués do distrito de Viana do Castelo

Valença, tamén coñecida como Valença do Miño[1] (Valença do Minho en portugués), é un concello portugués do distrito de Viana do Castelo, dentro da Região Norte e subrexión do Minho-Lima.

Modelo:Xeografía políticaValença, Portugal
Imaxe

Localización
Mapa
 42°01′42″N 8°38′02″O / 42.02821, -8.633888°38′02″O / 42.02821, -8.63388
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Viana do Castelo Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación14.127 (2011) Editar o valor em Wikidata (120,74 hab./km²)
Xeografía
Superficie117 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Día festivo
Santo padrónSão Teotónio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal4930 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario

Páxina webcm-valenca.pt Editar o valor em Wikidata
Murallas da parte vella.

O concello abrangue 117,43 km² de área e 14.127 habitantes (2011), subdividido en dezaseis freguesías. Linda polo leste co municipio de Monção, polo sur con Paredes de Coura, polo oeste con Vila Nova de Cerveira e ao noroeste e norte únese a Tui a través do río Miño.

Dende o 10 de febreiro de 2012, forma coa cidade galega de Tui unha eurocidade, como mostra de cooperación e integración dos dous concellos, separados tan só polo río Miño.

Historia

Fortaleza de Valença.

Valença ten orixes moi remotas. A súa ocupación remonta a épocas moi recuadas: os gravados rupestres que se poden observar en determinados lugares de certas freguesías son proba irrefutábel dunha ocupación afastada no tempo. As Inquirições de D. Afonso III tamén fan alusión a edificacións do tipo dolménico no concello de Valença.[2]

Procedentes das máis variadas orixes, indoeuropeas, mediterráneas e africanas, foron acudindo á rexión varios pobos atraídos pola abundancia de caza e da pesca, pola fertilidade do solo, polas serras acantiladas permitindo a defensa contra as doutras tribos como os ligures, os grovios e os celtas.

Un marco moi importante para a historia de Valença foi o paso de Décimo Xunio Bruto Galaico, no 137 a.C. que, após cruzar o río Limia, conduciu as súas tropas até o Río Miño, tendo acampado na freguesía de Gandra. No tempo do Emperador Augusto comezáronse a definir pequenas fortalezas nos Castri. Era este o caso do castellum de Valença, situado sobre o río Miño.

Aos romanos os sucederon os Suevos que penetraron na Galiza pola bacía do Douro, a mediados do século V. O mesmo aconteceu cos Godos: o famoso Vitiza estableceu a súa residencia real na cidade de Tui, tendo as ruínas dese pazo perdurado até o século XVIII. Na rexión valenciana son moi frecuentes os topónimos de orixe xermánica, que derivan destes tempos.

A primeira invasión árabe data do ano 716, Abd al-Aziz ibn Musa entra na Lusitania cun numeroso exército, tomando Porto, Braga e Tui, que apenas foi liberada no ano 736 por Afonso I de Asturias. O ano 997 trouxo as peores consecuencias para a Galiza e a Rexión de Miño, cando Almanzor, no seu camiño a Santiago de Compostela, destruíu todo ao seu paso, incluíndo o Mosteiro de Ganfei.

Repoboouse no século XIII tras recibir carta foral do rei Sancho II de Portugal, e chamouse Contrasta, co significado de "vila oposta a outra" (Tui neste caso). Recibiu o nome actual en 1262 por orde de Afonso III de Portugal.

Naceu aquí san Teotonio, o primeiro santo portugués, hoxe padroeiro desta cidade, e que foi un dos principais aliados de Afonso Henriques na altura en que este proclamou a independencia de Portugal.

Foi elevada ao título de cidade o 12 de xuño de 2009.[3]

Demografía

A evolución demográfica entre 1801 a 2011:[4]

Evolución demográfica
18011849190019301960198119912001200420092011
9.24213.98415.26516.03416.23713.94814.81514.18714.28414.29514.127

Freguesías

Mapa das freguesías de Valença.

As freguesías de Valença son:

Patrimonio

Monumentos

Espazos naturais

O concello de Valença ten 13 espazos naturais:[5]

  • Couto de Santa Ana (Gandra)
  • Pântano da Veiga da Mira (Cristelo Covo)
  • Parque de Nossa Senhora da Cabeça (Cristelo Covo)
  • Parque do Monte de Faro (Ganfei)
  • Miradouro de Santo Ovídio (Sanfins)
  • Ilha do Conguedo (Conguedo)
  • Ínsua dos Castros (Friestas)
  • Pesqueira da Gingleta (Verdoejo)
  • Pesqueira da Paiola (Verdoejo)
  • Pesqueira de Cristelo de Covo (Cristelo Covo)
  • Pesqueira do Lagartão (Verdoejo)
  • Pesqueira do Tadim (Verdoejo)
  • Pesqueira dos Frades (Ganfei)

Museos

En Valença existe unha Rede Museolóxica, creada para promover o patrimonio, proporcionando cultura en todas as súas vertentes.[6]

Na actualidade, o concello de Valença ten cinco museos:

  • Museo do Bombeiro
  • Núcleo Museolóxico Municipal
  • Núcleo Museolóxico Ferroviário
  • Colección Visitábel de Pesos e Medidas
  • Núcleo Museolóxico Rural de Taião

Enoturismo

Valença conta cunha rede de enoturismo que consta de tres adegas: Adega Edmun do Val, Adega Rolan e Adega J Barbosa e Herdeiros, nos que os turistas poden hospedarse, facer catas e gozar da paisaxe vitivinícola.[7]

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos