Usuario:O Breixo/Cronoloxía de Galicia

Esta é unha cronoloxía de Galicia, que comprende importantes eventos, cambios legais e territoriais ademais de acontecementos políticos, sociais e económicos en Galicia e nos seus estados predecesores; tamén eventos acontecidos na península ibérica e eventos internacionais que tiveron relevancia para a Historia de Galicia.


Esquema de Cores
Eras / Idades / Séculos
Entidade territorial - Entidade gobernamental
Guerra / Conflito militar (data do inicio – data da fin)
Acontecemento Cultural / Corrente / Movemento
Acontecemento Medioambiental / Ecolóxico / Sanitario

Prehistoria

Artigo principal: Prehistoria en Galicia.
Data aproximadaAcontecemento
Paleolítico
-420.000 – -347.000Xacemento de Porto Maior (As Neves), cultura acheulense.[1][2]
-300.000Xacemento de Louselas ou Vilaselán (Ribadeo),[3] cultura acheulense.
-200.000Glaciación rissiense.
Xacemento das Gándaras de Budiño (O Porriño),[4] cultura acheulense e musteriense.
-120.000Xacemento de Cabrón de Arbo (Arbo).[5]
-80.000A glaciación würmiense comezou a afectar á península.[6]
-34.000Cova da Valiña (Castroverde),[7] cultura musteriense.
-30.000 – -24.000Xacemento da Cova Eirós (Triacastela), atopouse a primeira manifestación artística: un colgante feito dun canino dun pequeno carnívoro.[8][9]
-17.000Xacemento de Férvedes II, atopouse un colgante pétreo de forma amigdaloide.[6]
Atopouse o fósil máis antigo coñecido: covas de Valdavara (Becerreá), xunto a ferramentas e adornos.[10][11]
-14.000Xacemento de Pena Grande (Bordelle).[12]
Mesolítico
-10.000Xacemento do Prado do Inferno (Muras).
-8.000Retirouse o xeo e o clima fíxose cálido e húmido, espallamento dos carballos, bidueiros, abeleiras, castiñeiros, olmos, etc.[6]
-7.300Restos humanos e animais: Cova do Uro, na serra do Courel.[13][14]
Neolítico
-6.000Xacemento de Xestido (Abadín).[14]
-5.700Cova do Rei Cintolo (Mondoñedo).[14]
-5.000 – -3.000Comezou a propagarse o megalitismo e o fenómeno tumulario galego.
-5.000 – -4.500Xacemento en Arteixo.[14]
-4.350 – -4.240Construíuse a mámoa máis antiga coñecida: A Chousa Nova.[15]
-4.000Segundo os estudos de Bryan Sykes habitantes do noroeste peninsular migraron cara as Illas británicas. Este acontecemento puido quedar refrexado no Lebor Gabála Érenn.[16]
-3.800Construíuse o dolmen de Dombate.
-3.000Comezaron a facerse unha grande cantidade de petróglifos, grupo galaico de arte rupestre.
Idade de Bronce
-2.000Comezou o uso da metalurxia, cultura do vaso campaniforme.[17]
-1.800Comezou o uso das cistas rectangulares con lousas decoradas no noroeste.[6]
-1.200-600Aparición de machados de tope, puntas de lanza de grande tamaño e espadas pistiliformes.[6]
-900Emerxe a primeira fase da cultura castrexa.
-700Castro de Torroso, Mos.
Espadas de lingua de carpa.[6]
-600Castro de Castromao, Celanova.
-500Segunda fase da cultura castrexa.
Comezou a chegada da cultura de Hallstatt á península.
Saunas castrexas.
-400-300Estatuas de guerreiros galaicos.

Antes da Era Común

AnoDataAcontecemento
Século -III
-242-230Segundo Silicius, mercenarios galaicos loitaron no exército de Aníbal contra as lexións romanas.
-219Mercenarios galaicos puideron colaborar con Aníbal no cerco de Sagunto e tamén na fracasada expedición contra Roma polos Alpes.[Cómpre referencia]
Conquista romana da península Ibérica (-218-19)
Século -II
Comezou a terceira fase da cultura castrexa, aumento dos núcleos poboacionais.
Comezou a chegar cerámica campaniense procendente de Italia.[6]
-197Gaius Sempronius Tuditanus e M. Helvius dividen a península en Hispania Ulterior e Hispania Citerior, pero so recollían a costa mediterránea da península.
Guerras celtiberas (-181-133)
Guerras lusitanas (-155-139)
-155Comezaron as guerras lusitanas entre romanos e lusitanos, os galaicos axudan a Viriato contra Roma.
-141Fabius Servilianus foi derrotado ante Viriato.
-139Expedición de Quinto Servilio Cepión contra Viriato, devastando os campos dos galaicos.
Décimo Xunio Bruto recibe o encargo de pacificar a terra dos galaicos, polo que a partir de entón será chamado "Callaecus".[18]
-138Expedición de Décimo, dende o Texo á desembocadura do Douro.
-1379 de xuñoAconteceu a batalla do Douro, contra lusitanos e galaicos, narrada por Apiano e Orosio.
Décimo continúa subindo, cruza o río Limia (Lethes, Oblivionis flumen ou río do Esquecemento) e chega ata as beiras do Miño.
Século -I
Primeiros asentamentos que revelan a convivencia entre galaicos e romanos.[19]
-96-94Expedición comercial de Publio Licinio Craso, atopou as minas de estaño e o ouro.[20] E comenta acerca do carácter pacífico dos galaicos.[6]
-82A loita retomouse en Lusitania, con Quinto Sertorio ao mando.
-74Marco Perperna Veiento conseguiu chegar ao río Limia, no marco da campaña de reclutamento emprendida por Quinto Sertorio entre celtiberos, lusitanos e galaicos.
-73Quinto Sertorio continuou a campaña entre o Douro e o Miño.[6]
-62Ponte de Bermaña en Aquae Celenae (Caldas de Reis)
Lusitania - República Romana
-61-60Expedición de Xulio César, coa axuda dos barcos da familia dos Balbos de Gadir, pola costa galaica ata Brigantium, interesado polos xacementos auríferos acabou por conquistar o territorio galaico.
Guerras cántabras (-29-19)
-29-19Comezaron as Guerras cántabras, nas que o territorio galaico foi unha base de operacións para Roma.[6]
Segundo Estrabón o Imperio Romano logra o control completo sobre os pobos galaicos, chamándolle ao territorio Gallaecia.[Cómpre referencia]
Lusitania - Imperio Romano
-2716 de xaneiroCaio Xulio César Octaviano recibe o título de Augusto polo Senado romano, o que marca o inicio do Imperio Romano.
-22Aconteceu a batalla do Monte Medulio, entre cántabros, ástures e galaicos insurrectos contra as lexións de Caio Furnio e Publio Carisio.
-19As Aras sestianas foron mandadas construír polo xeneral romano Lucio Sestio Quirinalo Albaniano. Nelas conmemorábanse as vitorias das lexións romanas nas últimas campañas das guerras galaico-cántabro-ástures.
Tarraconense - Imperio Romano
-16-13A división de Augusto, reestructurou as provincias pasando Gallaeciae e Asturiae a pertencer a Tarraconense, provincia que reservou para él en calidade imperial polos xacementos auríferos.
-15Termas romanas de Lugo
-15-13Paulo Fabio Máximo, legado do emperador Octavio Augusto, funda a cidade de Lucus Augusti.[21]

Era Común

AnoDataAcontecemento
Século I
Latinización e Romanización de Galicia
Modificación na estrutura social e económica. Os castros comezaron a abandonarse en favor das villae, aínda que outros continúan a ser habitados, mais moi influenciados pola cultura romana. Entre os castros que continúan ata fins do Imperio atópanse o de Fazouro ou o de Viladonga.
28Tabula hospitalis do Courel.
c.40Comezou a chegar cerámica producida no sur da Galia.[6]
c.50Anconteceu o incendio do Castro de Lameán de Arriba, en Ribadumia.[22]
c.50100Comezou a chegar cerámica de sigillata hispanica producidos na Rioxa, na Bética ou na Lusitania.[6]
74Vespasiano concedeu a cidadanía latina (ius Latii) a toda a península.
75100Comezou a construción do campamento Aquis Querquennis nos Baños, Bande.
7980Comezou a construción da Vía Nova, calzada romana destinada a unir Bracara Augusta (Braga), Asturica Augusta (Astorga) e Lucus Augusti (Lugo).
Comezou a construción da Ponte Maior de Ourense, ponte co maior arco de luz de todo o Imperio Romano.[20]
Comezou a construción da Ponte Vella de Lugo.
98117Comezou a construción da Torre de Hércules.
Século II
Reformas da época Flavia, incremento das cidades, acompañadas do apelativo "Flavia", como Iria Flavia (Padrón) ou Aqua Flavia (Chaves). Así como os "forum" ou lugares feirais, como Forum Limicorum (Limia), Forum Bibalorum (Verín), Forum Gigurrorum (A Rúa), etc.[6]
Abandonáronse xeralizadamente os castros.[6]
Itinerario de Antonino.
115Comezou a construción da Ponte do Bibei.
134Miliario de Hadriano da Ponte romana do Burgo.[23]
Século III
Comezou unha crise que xenera inseguridade, as cidades fortificáronse e moitos castros, previamente desocupados, volven ser ocupados.[6]
Nova Citerior Antoniniana - Imperio Romano
212O emperador Caracalla creou unha nova provincia que correspondía coa área galaica diferenciándoa administrativamente do resto da Tarraconense, tamén outorgou a cidadanía romana a todo o Imperio.[6]
c.265310Comezou a construirse a Muralla de Lugo, con 85 ou 86 torres e 4 ou 5 portas, inducida polo temor ás grandes bandas de saqueadores bagaudas.
Gallaecia - Imperio Romano
298A división de Diocleciano dividiu Hispania en sete provincias, de forma que Gallaecia pasa a ter unha administración propia con capital en Lucus Augusti.
Século IV
Contruiuse o templo de Santalla de Bóveda.
Comezou a chegar o Cristianismo, a través do exército lexionario e África do Norte.[6]
c.320330No Sartego de Temes (Carballedo) inscribiuse a lenda "Fides, spes, caritas" (Fe, esperanza, caridade), a inscrición cristiá máis antiga coñecida en Galicia.[24]
379Teodosio I, que puido ter nacido en Cauca, Gallaecia, é coroado emperador de Roma.
381Exeria, unha monxa da Gallaecia, comezou o que sería coñecido como Itinerario de Exeria.
383Magno Máximo, que puido ter nacido en Gallaecia ou na Tarraconense é coroado emperador de Roma.
385Prisciliano foi condenado como herexe, pero deixou unha fonda pegada en Gallaecia que durou varios séculos.

Século V

AnoDataAcontecemento
Galliciense RegnumReino Suevo de Galicia
409Penetraron na península os vándalos, os alanos e os suevos.
c.410425Fíxose o Crismón de Quiroga, unha das primeiras manifestacións artísticas conservadas do cristianismo en Galicia.
411Hermerico pactou un foedus co emperador Honorio e estableceuse formalmente na provincia de Gallaecia, que pasa a ter rango de reino con capital en Braga. Converteríanse así no primeiro regnum independente do Imperio Romano de Occidente.[25]
416418Os visigodos liderados por Walia declararon a guerra a Hermerico en nome de Roma, esperando obter un foedus, ata que Honorio lles concede Aquitania.
Guerra suevo-vándala (419420)
419Batalla dos montes Nervasos entre suevos e romanos contra vándalos e alanos.
430Hermerico comezou a atacar as poboacións e fortalezas dos nativos galaico-romanos para conseguir o control completo da Gallaecia.
438Hermerico abdica da coroa, cedéndolla ao seu fillo Requila.
Requila dirixe unha campaña expansionista pola Lusitania e parte da Bética.
441Requila continúa polo resto da Bética e parte da Cartaxinense.
445Os vándalos, despois de ter conseguido a frota de Cartago, intentaron unha incursión en Turonio, preto de Ponte Caldeas pero foi rexeitada.
446Requila venceu a Vito, magister militum romano, e as súas tropas auxiliares visigodas, consolidando o territorio.
448Morreu Requila en Augusta Emerita, o seu fillo Requiario herdou o trono.
449O rei suevo Requiario converte o reino ao catolicismo converténdose no primeiro rei xermánico en facelo, ademais de ser o primeiro en cuñar moeda propia, chamada siliqua.
Requiario casa coa filla do rei visigodo Teodorico I en Tolosa co obxectivo de manter a paz cos visigodos. Indo saqueou o territorios dos vascóns e algunhas rexións romanas.
450Ao regresar de Tolosa Requiario invadiu as zonas de Caesar Augusta e Ilerda, aprobeitando o xurdimento dun novo movemento bagaúdico no val do Ebro.
453Aecio, dux da Galia, enviou unha embaixada pedindo aos suevos un tratado de paz que estipulaba a devolución ao Imperio da rexións conquistadas da Cartaxinense ao que Requiario aceptou.
455Proclamouse en Roma a Avito como emperador, pero non foi recoñecido por Requiario que volve invadir e conquistar a Cartaxinense.
Primeira guerra suevo-visigoda (456)
456Avito, que atopou apoio no fillo de Teodorico I Teodorico II, enviou embaixadas para que os suevos abandonasen a Cartaxinense, pero non só son rexeitadas por Requiario se non que este comeza unha incursión a Tarraconense da que trouxo moitos cativos á Gallaecia.
Ante a clara negativa de Requiario Teodorico II dirixe o seu exército, co beneplácito do emperador Avito, á península. Contaba co apoio de tropas auxiliares burgundias, co rei Gundioco á fronte, coas que comeza unha gran campaña contra os suevos.
5 de outubroTen lugar a batalla do río Órbigo, onde unha coalición de romanos, visigodos e francos derrota aos suevos acabando coa vida do rei Requiario.
outubroAs tropas de Maioriano e Ricimer, van a busca de Avito á Roma onde acaban coa súa vida. Ricimer estableceu a Maioriano como novo emperador.
decembroRequiario repregouse a Bracara e logo a Portus Cale, de onde intentou fuxir en barco a Roma, onde tiña ao seu irmán Ricimer. Non obstante, unha tempestade fíxolle volver a terra, onde foi apresado polos visigodos e decapitado.
Guerra civil sueva (456463)
456Trala morte de Requiario Teodorico II pon en Emerita a Aguiúlfo como gobernador, para defenderse das posibles invasións suevas mentres Teodorico marcha cara ao norte para protexer o reino visigodo do novo emperador Maioriano imposto por Ricimer, fillo de Requila.
Os suevos do norte, suponse que o Conventus Lucensis, proclamaron a Frantán como rei.
457Os araucóns comezaron a xerar señoríos independentes, ata conseguir unha independencia efectiva dos suevos.
Aguiúlfo, quizais pola ausencia de Teodorico, deserta e únese aos suevos do sur do reino, subindo dende Emerita ata Porto, esperando ser o seu rei.
xuñoUnha parte dos suevos do sur proclaman rei a Maldras, fillo de Massila, provocando unha revolta contra Aguiúlfo. Durante o conflito Aguiúlfo é asasinado no castro do Porto probablemente a mans do mesmo Maldras.
Maldras comezou unha invasión sobre Lusitania.
459
463Remismundo logrou impoñerse sobre os seus opositores e coróase rei.

Século VI

AnoDataAcontecemento
53829 de xuñoO papa Vixilio escribiu unha carta ao bispo Profuturo II de Braga, regulando as actividades relixiosas no tocante ao arianismo e ao priscilianismo.
Peste de Xustiniano
543A peste de Xustiniano chega á península ibérica.
550Carriarico, rei suevo de Gallaecia, converteuse ao catolicismo.
561Celebrouse o Primeiro Concilio de Braga durante o reinado de Teodomiro
559Conversión ao catolicismo de Teodomiro.
572Miro loitou contra os runcóns, ben para reincorporar o territorio ou ben para evitar que fosen subxugados polos visigodos.
Celebrouse o Segundo Concilio de Braga, auspiciado polo rei Miro.
572589Escribiuse o Parochiale suevorum.
a. de 573Fundouse o mosteiro de San Pedro de Rocas.
Segunda guerra suevo-visigoda (580585)
583Fracasou a alianza que o rei Miro mantiña con francos e bizantinos para intervir na guerra civil visigoda.
Galliciense RegnumReino Visigodo de Toledo
585O rei visigodo Leovixildo depón ao rei suevo Andeca, facéndose deste xeito co reino. Fin da monarquía sueva.
586Leovixildo morreu en Toledo e sucedeuno o seu fillo Recaredo.
587Celebrouse o Terceiro Concilio de Toledo, ao que asistiron bispos de Gallaecia, Hispania e Septimania.
589Revolta do duque Arxemundo.

Século VII

AnoDataAcontecemento
601Liuva II sucedeu ao seu pai Recaredo.
603Viterico penetrou no palacio e depuxo a Liuva II, e no verán mandouno executar.
610abrilUnha conxura de nobres e próximos ao clero católico, asasinou a Viterico durante un banquete. Aclamaron como rei a Gundemaro, probablemente dux da Narbonense.
612Gundemaro morreu por causas naturais en Toledo, sucendeuno Sisebuto.
621febreiroSisebuto morreu probablemente envelenado, herdando o seu fillo Recaredo II.
Recaredo II morreu probablemente asasinado. Subiu ao trono Suintila.
631Ante a tentativa de Suintila de trocar a sucesión electiva visigoda pola hereditaria, Sisenando, gobernador da Septimania, organizou unha conxura que puxo fin ao reinado de Suintila.
633No IV Concilio de Toledo Suintila foi excomulgado e Sisenando foi lexitimado como rei, fixando a sucesión electiva.
636Sisenando morreu en Toledo sucedéndolle Chintila.
639Chintila morreu de morte natural sucedéndolle, o seu fillo, Tulga.
64618 de novembroOito bispos de Gallaecia, entre eles Sonna de Bretoña, asistiron ao Sétimo Concilio de Toledo, onde se lles aplicaron restriccións. Neste concilio, Froitoso, daquela bispo de Dume, foi nomeado arcebispo de Braga.
66516 de abrilMorreu o bispo Foitoso en Braga.
675Celebrouse o Terceiro Concilio de Braga, baixo o reinado de Vamba.
c.680Construíuse a igrexa de Santa Comba de Bande.
698O príncipe visigodo Vitiza gobernou Gallaecia con atribución reais, dende a súa corte en Tui.

Século VIII

AnoDataAcontecemento
Invasión musulmá da penínusla ibérica (711720)
711Desembarca en Tarifa un continxente militar musulmán en apoio dos fillos de Vitiza.
Rodrigo foi derrotado na batalla de Guadalete, acabando coa súa vida.
714Musa ibn Nusayr chegou a Lugo, pero un enviado califal obrigoulle a regresar.[26] A aparición do semi-dinar de Musa pode significar que houbo algún tipo de comercio ou trato económico.[27]
718A nobreza elixe a Paio, fillo de Fávila dux de Gallaecia, como princeps. Estableceu a súa corte en Cangas de Onís reunindo opositores ao dominio musulmán, astures, galegos, cántabros e vascos.
Paio venceu a Al Qama na batalla de Covadonga, aínda que foi unha vitoria menor seguramente tivo un éxito moral entre a poboación cristiá.
720Narbona caeu en mans musulmás, provocando a caída de Septimania e da monarquía visigoda.
Galliciense Regnum – Reis cristiáns de Gallaecia
Reconquista cristiá da península ibérica (7221492)
734Incursión en Galicia
737Morreu Paio e herdou o título de princeps o seu fillo Fávila.
739Morreu Fávila herdando o marido da súa irmá Ermesenda, Afonso I.
743A crónica de Ajbar Machmua fala da "reconquista de Galicia polos cristiáns".
774Silo venceu na batalla de Montecubeiro a unhas tropas rebeldes galegas.
776786Beato de Liébana nos seus manuscritos dá o nome de Gallaecia aos dominios dos dirixentes astur-galaicos.
Invasión de Hixam I (791796)
791O emir Hixam I envía unha aceifa contra Galicia, saqueando o interior.
Vermudo I foi derrotado na batalla do río Burbia no Bierzo.
14 de setembroAnte a derrota, Vermudo I abdicou en favor de Afonso II.
Afonso II fixou a capital do reino na cidade de Oviedo.
792
794Afonso II venceu aos musulmáns na batalla de Lutos na rexión asturiana.
Bispos galegos acudiron ao sínodo relixioso celebrado en Frankfurt.
795Oviedo foi saqueada polos musulmáns.
Afonso II foi derrotado na batalla das Babias en Astorga.
798Afonso II decidiu asegurar Galicia, refundou Porto e chegou a Lisboa, onde fixo cativos.

Galería de imaxes do século VIII

Século IX

AnoDataAcontecemento
Invasión de Al-Hakam I (801816)
801/806Afonso II foi apartado do trono temporalmente por un grupo de nobres galegos. Pero un cabaleiro fiel a Afonso II chamado Teudano restaurou o seu posto no trono.
812Descuberta na diocese de Iria do sepulcro do Apóstolo Santiago.
Primeira invasión de Abd al-Rahman II (823826)
825Aconteceu a batalla de Pedrafita, onde morre o comandante Al-Abdas.
Aconteceu a batalla de Narón.
Afonso II venceu a Mallik al Qaisí na batalla de Anceo en Ponte Caldelas.
Segunda invasión de Abd al-Rahman II (838841)
838Al-Walid, irmán de Abd ar-Rahman II dirixiu un exército para atacar Galicia.
84220 de marzoMorreu Afonso II sen cónxuxe nin fillos, deixando a Ramiro I como herdeiro ao trono.
Ante a ausencia de Ramiro I, o nobre palatino Nepociano, alegando que no leito de morte Afonso II o declarara como sucesor e co apoio da nobreza asturiana e vasca, coroouse no trono de Oviedo.
Ramiro I, que foi buscar o apoio da nobreza galega, xuntou un exército en Lugo e derrotou na batalla da Ponte de Corniana a Nepociano.
843xaneiroRamiro I foi coroado en Lugo.
Primeira incursión viquinga (844858)
8441 de agostoRamiro I repeleu unha incursión viquinga, despois de estes chegar ao Farum Brecantium.
8501 de febreiroRamiro I morreu en Oviedo, sucedeu o seu fillo Ordoño I.
858Os viquingos, posiblemente dirixidos por Hastein e Björn Ragnarsson, atacaron as rías Altas e pola ría de Arousa chegaron á sede episcopal de Iria Flavia, que saquearon.
O conde Pedro derrotou aos viquingos, destruíndolles parte dos barcos. Os superviventes dirixíronse cara Al-Andalus.
Ordoño I solicitou ao Papa Nicolao I que permitise trasladar a capital da sé iriense a Compostela.
c.860Vímara Pérez foi responsable da repoboación entre o Miño e o Douro. Formouse así o Condado de Portucale.
866Froila Xemúndiz, conde en Lugo, rebelouse contra o novo rei, proclamándose así rei de Galicia, atacou Oviedo e obrigou o rei a retirarse a Áraba.
Froila Xemúndiz foi asasinado polos partidarios de Afonso III.
868Vímara Pérez conquistou Portus Cale (Porto) ao emirato, despois Afonso II nomeouno conde de Portucale.
878Hermenexildo Gotérrez, conde de Tui, defendeu Porto dun ataque do emirato e conquistou Coímbra.
c.880Hermenexildo Gotérrez repoboou Coímbra, así como as veciñas Braga, Viseu e Lamego.
894Hermenexildo Gotérrez acabou coa rebelión do duque de Galicia, Vitiza.
895Outorgóuselle a Hermenexildo Gotérrez o título de duque de Galicia.

Século X

AnoDataAcontecemento
Afonso III ordena a reconstrución do Castellum Honesti en Catoira. O castelo converteríase nun dos máis importantes de Europa, e deste consérvanse só, parte de dúas das grandes torres, as Torres de Oeste.
Prodúcense numerosos ataques normandos en Galicia remontando a ría de Arousa.
a. de 910García intenta derrocar ao seu pai Afonso III apoiado pola raíña Ximena. Opostos a esta tentativa mostráronse Hermenexildo Gotérrez e a nobreza galega.
91020 de decembroAfonso III morreu na cidade de Zamora e foi sucedido polo seu fillo García que se coroa rei, e instala definitivamente a corte do reino na cidade de León.
O reino dividese entre 3 irmáns, Ordoño II reinará en Galicia e Froilán II en Asturias, ambos subordinados a García I de León.
Segunda incursión viquinga (951970)
951Os viquingos invaden Galicia.
956Trala morte de Ordoño III o reino viuse envolto nunha crise sucesoria entre Sancho I e Ordoño IV.
964Rosendo de Celanova rexeitou unha incursión dos mouros que cruzaran o Mondego e chegaran ao Miño.
966Gonzalo Menendiz asasinou cunha mazá envelenada a Sancho I.
968Gunrod, con 100 naves viquingas, dirixiuse cara Galicia, asentouse co seu exército preto de 3 anos matando e saqueando.
29 de marzoSisnando II Menendiz morreu contra os viquingos de Gunrod na batalla de Fornelos.
970Gonzalo Sánchez, enviado por Rosendo, venceu aos viquingos na ría de Ferrol, deu morte a Gunrod e queimou as súas naves.
c.970Gonzalo Menendiz venceu a Rodrigo Velázquez na batalla de Aguioncha.
Invasión de Almanzor (9771002)
987Almanzor, xeral do califato, saqueou a cidade de Coímbra.
99710 de agostoAlmanzor saqueou a cidade de Compostela.
c.999Menendo II Gundisalviz, duque de Galicia, encargouse trala morte de Vermudo II da rexencia do reino e da titoría do futuro Afonso V.

Século XI

AnoDataAcontecemento
1002Menendo II Gundisalviz, rechazou un ataque do fillo de Almanzor, Abd al-Malik.
Terceiras incursións viquingas (10151066)
1014Ataque normando remontando o río Miño. Arrasaron Tui e secuestraron ó bispo Afonso. Proseguiron o seu camiño romontando o río ata Ourense e Ribas de Sil o cal tivo graves consecuencias para a comarca. A partir deste ataque Tui deixou de ser un centro comercial na contorna do porto fluvial para agruparse defensivamente nun outeiro a carón da nova catedral.[28]
102429 de outubroAfonso V doa a Vistruario, bispo de Iria, as Torres de Oeste.
1027Afonso V morreu dun frechazo durante o asedio a Viseu.
1037Vermudo III morreu de Galicia na batalla de Tamarón, contra casteláns e navarros.
1050Menendo III Nuniz conseguiu o título de dux de Galicia xunto a Velasco Almeiuz.
1064As tropas de Fernando I volveron conquistar Coímbra.
1065García II herda o Reino de Galicia, xunto co condado Portucalense e a protección e parias das taifas de Badaxoz e Sevilla. León recibiuno Afonso VI e Castela Sancho II.
1068Afonso VI intentou facerse co control tributario da taifa de Badaxoz, pero sen éxito, volvendo a recaer na influencia de García II.
107117 de febreiro18 de xaneiroGarcía II venceu a Nuno II Menendiz na batalla de Pedroso.
García II foi apreixoado por Sancho II, quen, despois de exiliar a García II, proclamouse Rei de Castela e Galicia.
García II veuse obrigado a se exiliar debido á entrada en Galicia do seu irmán Afonso VI, coaligado co outro irmán, Sancho II.
García II despois da morte de Sancho II, volveu do exilio, pero é enganado por Afonso VI, que o encerrou no castelo de Luna, Babia.
1075Afonso VI e o bispo Diego Páez iniciaron as obras da catedral románica de Santiago de Compostela.
1085O conde Rodrigo Ovéquiz encabezou unha rebelión contra Afonso VI respaldado polo bispo de Santiago Diego Páez, buscou o apoio de Guillerme I de Inglaterra co obxectivo de liberar o rei García e casalo cunha das fillas de Guillerme.
1088A rebelión foi finalmente sufocada e Rodrigo enviado ao exilio e os seus bens adxudicados á catedral de Lugo.
Diego Páez foi destituído, parándose as obras da catedral por algún tempo
1088Concilio de Husillos, onde se depuxo a Rodrigo Ovéquiz.
1093As obras da catedral de Santiago volveron reanudarse da man de Diego Xelmírez, o novo bispo Dalmacio e de Raimundo de Borgoña.

Galería de imaxes do século XI

Século XII

AnoDataAcontecemento
Contruiuse o Castelo de Soutomaior.
1105Afonso VI concedeu dereitos forais a Santiago.
Era compostelá
1107Trala morte de Raimundo, Urraca reafirmou a súa autoridade, momento en que asinou como totius Gallecie imperatrix.
Urraca intentou casar de novo con Afonso I de Aragón, pero o Papa Pascual II anulou o matrimonio por seren, os dous, bisnetos de Sancho III. Inda así permaneceron xuntos xerando moito malestar na nobreza galega, xa que postergaba a sucesión de Afonso VII Raimúndez.
1108Afonso VI perdeu contra os musulmáns na batalla de Uclés, onde morreu o seu fillo e herdeiro Sancho Afónsez.
1109Trala morte de Afonso VI, Urraca coroouse como raíña. Resultou ser así a primeira raíña titular da historia de Galicia e España.
Pedro Foilaz, conde de Traba, proclamou a Afonso VII Raimúndez como rei de Galicia.
1111Diego Xelmírez consagrou a Afonso VII Raimúndez como rei na Catedral de Santiago.
Aconteceu a batalla de Viadangos.
1112Urraca acordou o cogoberno co seu fillo, en beneficio da nobreza galega.
1114Urraca abandona o seu matrimonio con Afonso I de Aragón.
1115Urraca foi consograda raíña na Catedral de Santiago por Diego Xelmírez a pesar das atribucións reais do seu fillo, despois dun levantamento na cidade.
1121Un exército galego-leonés dirixido por Urraca cercou o castelo de Lanhoso, impoñendo a súa autoridade en Portucale.
112625 de xulloCelebrouse por primeira vez o Ano Santo Xacobeo.
1128A alianza política e amorosa de Tareixa Afónsez con Fernando Pérez de Traba fixo que o seu fillo Afonso a quixese depor.
Aconteceu a batalla de San Mamede, onde Tareixa Afónsez foi derrotada exiliándose a Galicia.
Afonso consegue o título de conde de Portucale, pero comeza unha carreira pola independencia do reino.
1130Revolta de Carnota
1133Diego Xelmírez otorgou dereitos forais á diocese e terra de Santiago.
1137Tratado de Tui.
1139Afonso I renunciou ao vasalaxe de Afonso VII e estableceu o Reino de Portugal.
1142Refundouse o Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes como primeiro mosteiro cístercense da península.[29]
1188Morreu Fernando II, sucedeulle Afonso VIII como rei de León e Galicia; xa que Urraca non conseguiu o apoio da nobreza leonesa.
Afonso VIII Cortes de León, recoñecidas como a testemuña máis antiga dun sistema parlamentario europeo.

Século XIII

AnoDataAcontecemento
1208Afonso VIII de León e Galicia deu á Coruña os privilexios de desembarcar e vender sal sen pagar impostos.
Comezou a construción da Muralla da Coruña.
1211Pedro Muñiz consagrou a Catedral de Santiago de Compostela.
121913 de febreiroAfonso VIII concedeulles aos habitantes de San Martiño de Tiobre (Betanzos o Vello) cambiarse ao Castro de Untia (actual Betanzos).
1228abrilEscribiuse o Foro do bo burgo de Castro Caldelas, considerado un dos primeiros documentos conservados na variante galega actual. Nel Afonso VIII outorga aos cidadáns de Castro Caldelas os seus foros e regula o seu réxime
Reino de Galicia - Coroa de Castela
1230Fernando III de Castela usurpa ás súas irmás os reinos de Galicia e León.
1238O papa nomea a Xoán Arias arcebispo de Santiago, quen despois manda construír o castelo da Rocha Forte.
c.1270Escribíronse as Cantigas de Santa María.
1296Xoán I, durante a minoría de idade de Fernando IV, foi proclamado como rei de Galicia, León e Sevilla.

Século XIV

AnoDataAcontecemento
1301Malia o apoio de Rodrigo Álvarez Osorio e Dinís I, o rei Xoán I reconciliouse con Fernando IV e renuncia ao título rexio.
131715 de xulloO dominico francés Berenguel de Landoira foi nomeado por Xoán XXII como arcebispo de Santiago.
1318Unha coalición opositora liderada por Alonso Suárez de Deza prohibiulle o paso a Santiago a Berenguel de Landoira.[30]
1320Berenguel de Landoira sitiou Santiago e asasinou a Alonso Suárez de Deza no castelo da Rocha.[30]
16 de setembroBerenguel de Landoira invitou aos líderes do levantamento ao seu castelo da Rocha Forte onde foron asasinados.
26 de outubroBerenguel de Landoira conseguiu entrar en Compostela como señor feudal.
27 de outubroAsinouse a paz entre Berenguel de Landoira e os nobre rebeldes.
1321Berenguel de Landoira atacou e incendiou a fortaleza de Felpós, preto de Palas de Rei, desde onde Alvar Sánchez de Ulloa se dedicaba a asaltar aos peregrinos que facían a ruta xacobea.[30]
Peste negra (1347–1351)
1348outubroA peste bubónica comezou a chegar aos portos de Galicia, principalmente Baiona e o condado de Tui.[30]
136629 de xuñoO sobriño de Alonso Suárez de Deza acabou coa vida do arcebispo Sueiro Gómez.
1369Comezan as obras do Castelo de Andrade, sobre unha fortaleza previa do século XIII.
A vilas galegas proclaman como o seu rei a Fernando I de Portugal, este logra reinar apenas uns meses ata que Henrique II de Trastámara ataca Portugal.
1367Fernando I de Portugal entrou en Galicia e foi proclamado coma rei en varias cidades.
1372Tratado de Tui.
138618 de xuñoMaría Castaña dirixiu unha revolta contra a opresión do bispo de Lugo, Pedro López de Aguiar, quen obrigaba aos lucenses a facer fronte a elevados impostos.
20 de xulloXoán de Gante chegou á Coruña e a Betanzos cunha enorme frota anglo-portuguesa que levaba un exército duns 5.000 homes máis unha extensa familia "real" e a súa muller e fillas.
25 de xulloAtracou na zona da Pescaría (daquela aínda separada da cidade), onde permanecerían instalados máis dun mes nun ambiente lúdico de xustas e festas. A cidade, que era imposible de sitiar, decidiu non rendirse e condicionaron a súa homenaxe a que fose recoñecido como rei polo resto de Castela.[31]
Aconteceu a xusta de Betanzos, onde loitaron en duelo un cabaleiro inglés e outro francés.
Debido a certos percances cos nobres locais Xoán de Gante decidiu marchar co exército cara Santiago de Compostela onde, tras negociacións co bispo, entrou xunto coa súa muller xa coroados coma reis.[31]
agostoXoán de Gante estableceu en Ourense unha corte e chancelería rudimentarias e recibiu a submisión da nobreza galega e da maioría das vilas de Galicia.
novembroXoán de Gante coñeceu ao rei Xoán I de Portugal na Ponte do Mouro, ao lado sur do río Miño e chegou a un acordo con él para facer unha invasión conxunta anglo-portuguesa ao centro de Castela. O tratado foi selado polo matrimonio da filla maior de Xoán, Filipa, co rei portugués.
Ourense e o exército de Xoán de Gante foron vítimas da peste negra. A maior parte do exército de Xoán sucumbira á enfermidade e, cando se puxo en marcha a invasión, xa eran superados en número polos seus aliados portugueses.
1387abrilComezou a campaña pero os casteláns negáronse a ofrecer batalla directa e as tropas galaico-anglo-portuguesas centráronse en longos asedios que provocaron ás tropas a buscar alimento na árida meseta, onde eran acosados polos mercenarios franceses do rei castelán.
Aconteceu o cerco de Ribadavia.
xuñoO exército volvese a Portugal, Xoán de Gante concluíu un tratado secreto con Xoán I de Castela en virtude do cal él e a súa muller renunciaban a toda reclamación ao trono castelán a cambio dunha cuantiosa paga anual e do casamento da súa filla Catarina con Henrique III.
c.1390Os burgueses de Lugo trataron de imporse ao bispo, apoiados polos cabaleiros, encabezados polos Osorio de Lemos e os Ulloa de Monterroso. Usurparon sistemáticamente os bens da igrexa.[30]

Século XV

AnoDataAcontecemento
1418Aproveitando a ausencia do arcebispo Lope de Mendoza creouse en Santiago unha irmandade, baixo a dirección de Rui Sánchez de Moscoso.[30]
1419Os nobres e burgueses de Ourense enfrontáronse ao bispo Francisco, resultando na súa morte.[30]
1422Estalou a revolta de Santiago, encabezada por Rui Sánchez de Moscoso e un grupo de artesáns.[30]
1431Ten lugar a primeira revolta irmandiña en terras de Andrade por parte da Irmandade Fusquenlla.
1434Na diocese de Tui os campesiños negáronse a pagar ao cabildo, deu lugar a un enfrontamento nos que o campesiños contaban co apoio dos habitantes das vilas de A Guarda e Baiona.
1451Xurdiu a "primeira irmandade" nas rías de Pontevedra e Arousa.
Xurdiron as irmandades de Coruña e Betanzos.
1458Xurdiron as irmandades de Santiago de Compostela, Muros e Noia.
1466Epidemia
Guerra Irmandiña (14671469)
14671469Estala o conflito civil da Gran Guerra Irmandiña.
1467Primeira reunión da Xunta Irmandiña en Melide.[32]
14703 de novembroVarios nobres galegos firman o pacto de Puente cabrero, nel contemplábase a axuda mutua na contra de Fonseca.[Cómpre referencia]
14758 de novembroComezou o control político dos Reis Católicos sobre o Reino de Galicia, co nomeamento do primeiro gobernador galego, Enrique Enríquez de Mendoza, conde de Alba.[30]
14761 de marzoSucedeu a batalla de Toro, onde morre Enrique Enríquez de Mendoza detendo a actividade do gobernador.
14774 de outubroA maioría da nobreza rexeitou a instauración da Santa Irmandade ofrecéndolle ao novo gobernador que o estamento nobiliario fose o encargado de garantir a orde pública.
1479Os Reis Católicos deciden apoiar ao bispo Diego de Muros fronte a Pedro Madruga.
148018 de febreiroInstituíuse a Santa Irmandade co benepláctito de Alonso de Fonseca e a burguesía urbana pero co receo dos grandes nobres.[30]
3 de agostoOs Reis Católicos instauraron a Real Audiencia de Galicia para o sometemento e pacificación do reino e a restauración da xustiza real sometendo aos señores. Nomeron a Fernando de Acuña e a Lope García de Chinchilla.
O Gobernador Fernando de Acuña coa axuda de nobres galegos cercaron a Catedral santiaguesa.
1481Afastamento da influencia política do Arcebispo Alonso de Fonseca quitándoo do medio co nomeamento de Presidente do Consello de Castela.
1483Faleceu o conde de Lemos Pedro Álvarez Osorio figura moi respectada.
Execución do Mariscal Pardo de Cela diante da Catedral de Mondoñedo por orde de Fernando de Acuña, gobernador de Galicia e representante dos Reis Católicos.
1486Establécese a primeira imprenta estable en Santiago de Compostela.[33]
7 de setembroOs Reis Católicos viaxan ao reino para constatar o sometemento da nobreza galega.[30] Procedentes de Ponferrada, dirixíronse a Santiago, onde permaneceron uns vinte días, e de alí a Betanzos, A Coruña e Lugo.[34]
6 de outubroRecibíronse ao Reis Católicos na Coruña na Porta da Torre. O pobo e as autoridades reclamaron a confirmación dos privilexios da vila, manifestaron a súa lealdade á coroa e entregaron agasallos aos reis.[34]
16 de outubroOs Reis Católicos marchan de Galicia.
1487Os Reis Católicos obtiveron do papado unha bula para levar adiante reformas nos mosteiros galegos.
149231 de marzoDecreto da Alhambra
14931 de marzoA carabela A Pinta desembarca na praia da Ribeira, en Baiona, cargada de recursos do Novo Mundo, sendo o primeiro lugar do mundo en coñecer o descubrimento de América.[35]
14943 de febreiroPublícase o primeiro libro impreso en Galicia, Missale Auriense.[33]
Guerras italianas (14941559)
1494Os Reis Católicos obtiveron do papado outra bula para levar adiante reformas nos mosteiros galegos.
1495Enviouse a célula dos Reis Católicos, dirixida ao gobernador de Galicia, para executar a reforma dos mosteiros.[36]
1498A Santa Irmandade foi suprimida.
1500Apareceu por vez primeira a Xunta do Reino de Galicia con representación de 5 provincias.

Século XVI

AnoDataAcontecemento
Creouse a primeira traída de augas da Coruña dende os mananciais de Vioño ata as fontes da cidade.
1501Comezou a construírse o Hospital Real de Santiago de Compostela para cubrir as necesidades da cidade que xa contaba con varios hospitais pero eran insuficientes.
17 de xulloCreouse o Estudio Vello, orixe da Universidade de Santiago de Compostela.[37]
1504Confirmouse a creación da Universidade de Santiago de Compostela na bula do papa Xulio II.
1506Filipe I de Castela e Xoana I de Castela viaxaron a Galicia.[34]
1509Aconteceu a batalla do cabo Fisterra entre Portugal e Francia.
1511A Real Audiencia de Galicia tiña a súa sede na Capela de Ánimas en Santiago de Compostela, convertida así á cidade en capital do reino.[38]
1518As cidades e vilas galegas comezaron a mobilizarse para recuperar o voto lexítimo nas Cortes.
1520Carlos I viaxou a Galicia para asistir a as Cortes de Santiago.[34]
4 de decembroCelebrouse a asemblea de Melide.
1522Tralo regreso de Juan Sebastián Elcano dende as illas das especias creouse a Casa da Especiaría na Coruña pola súa proximidade xeográfica con Flandres, para a distribución nos mercados de Inglaterra, Francia, Alemaña, Escocia, Dinamarca e Noruega.[39]
1528Instituiuse formalmente a Xunta do Reino de Galicia, constituída polos delegados das 7 provincias.
15293 de febreiroOrixinouse o Arquivo do Reino de Galicia grazas a Real cédula emitida por Carlos I.
A Coruña e Baiona recibiron a autorización real para comerciar coas Indias.[Cómpre referencia]
A Casa da Especiaría da Coruña foi clausurada.[39]
15431 de marzoCarlos I ordenou a salvagarda e custodia dos procedementos da Real Audiencia de Galicia.
25 de xulloAconteceu a batalla de Muros, no marco das guerras italianas.
1554xuñoFilipe II, aínda príncipe, viaxou a Galicia como peregrino.[34]
156314 de agostoA Coruña converteuse na capital de Galicia, cando Filipe II lle concedeu a sede da capitanía e da audiencia mediante Real Cédula, ademais de fortalecer a cidade como baluarte militar para evitar conflitos co poder arzobispal de Santiago.[40]
1569A cidade de Vigo sufriu os efectos da peste, quedando illada un ano, morreron preto de 5.000 persoas.[36]
1570setembroA entrada do arcebispo Cristobal de Valtodano en Compostela, asignado por Filipe II, fixo que os gremios sacasen os seus entremeses do Corpus Christi e Antonio de Mondragón representou un Auto.[41][34]
1580A peste asolou a cidade da Coruña.
15894 - 18 de maioA Armada Británica lanzou o Asedio da Coruña. María Pita dirixe a defensa da cidade.
A capela da Illa de Tambo foi saqueada por Francis Drake, o cal botou a figura de Santa María de Graza ao mar.
1590Aconteceu a batalla das Illas Cíes.
1591Levouse a cabo o censo de 1591 recollendo 629.336 habitantes en Galicia, unha densidade media superior ao resto dos territorios da Coroa de Castela.[30]
1597Afundiu o San Giacomo na ría de Ribadeo, a nave de guerra capitana da segunda armada invencible.

Século XVII

AnoDataAcontecemento
Construíuse o Santuario de Nosa Señora das Ermidas no Bolo.
1609O pintor galego Santiago Morán ocupou a praza de pintor de cámara de Filipe III.
1610Primeiras plantacións de millo en Galicia na zona do Barbanza.[Cómpre referencia]
1613Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar, foi nomeado embaixador en Londres por Filipe III.
1617Incursión dos piratas turco-berberiscos en Vigo e na costa do Morrazo.
16235 de febreiroFilipe IV concedeulle ao Reino de Galicia o voto nas Cortes Reais tras pagar 100.000 ducados.
162924 de novembroPor manda de Úrsula Menéndez de Texeda fúndase o Colexio de Orfas en Betanzos.
Guerra de Restauración Portuguesa (16401668)
16401 de decembroOs primeiros levantamentos nas vilas portuguesas marcaron o inicio da Guerra de Restauración Portuguesa. O duque de Bragança, chegou ao trono como Xoán IV de Portugal.
1641O exército da fronte galega liderado polo Capitán xeneral de Galicia, Marqués de Valparaíso, queimou a Igrexa de Fiaes.
1642Aconteceu a batalla de Vilaza onde un exército galego rexeitou un ataque portugués.
164315 de agostoOs portugueses conquisatan o castelo de Salvaterra de Miño, despois de que o casteleiro lle entregase as chaves.
1644Os portugueses atacaron Goián e saquearon Freixo e Panzeques. O Capitán xeneral de Galicia como castigo atacou Lañela, Seixas e Gondarém e queimou as barcas de Caminha.
1647O Capitán xeneral de Galicia lanzou outra ofensiva contra Salvaterra de Miño sen conseguir ocupala.
1649Na fronte galega servían 4.000 soldados de infantería e 800 de cabalaría.
O Capitán xeneral de Galicia volveu lanzar outra ofensiva contra Salvaterra de Miño outra vez sen éxito.
1652A gornición de Monterrei saquea a bisbarra portuguesa de Barreiros polo que o gobernador de Tras os Montes saquea A Mezquita.
Vicente Gonzaga atacou Valença do Minho pero sen homes suficientes como para tomala rematou por ir a San Pedro da Torre onde ergueu o forte de San Luis Gonzaga en pleno territorio portugués.
1655Tropas portuguesas ao mando do conde de Prado saquearon e incendiaron o Porriño.
1658O exército da fronte galega dirixido por Rodrigo Pimenetal, Marqúes de Viana do Bolo, conquistou Monçao e Lapela.
165917 de febreiroO exército da fronte galega recuperou a fortaleza de Salvaterra de Miño, rebautizada polos portugueses como Salvaterra de Portugal.
1662Pedro Carrillo de Acuña conseguiu chegar ata Arcos de Valdevez e queimala ata que o exército galego ao mando de Baltasar de Rojas deu media volta e puxo seu cuartel de inverno na conquistada Monçao.
1663Os portugueses cruzaron o Miño e tomaron Goián, Tomiño e atacaron as aldeas do arredor.
Formouse o primeiro Batallón Literario como resposta aos ataques portugueses a Monterrei.[Cómpre referencia]
c.1665Constrúese a Muralla de Vigo comenzando a conformarse a morfoloxía da cidade.
1665Os portugueses, aproveitando a morte do rei español, desataron unha ofensiva en Galicia para conquistar o porto de Vigo e Baiona, avanzaron dende Goián polo Rosal saqueando o Val Miñor e Gondomar e incendiaron Porriño e tomaron A Guarda.
1666O exército da fronte galega atacou a fronte oriental galega paseándose polo Támega, saqueando Vinhais e achegándose á capital de Chaves mentres voltaban os portugueses atacar A Mezquita.
166813 de febreiroA monarquía española recoñeceu a independencia de Portugal no Tratado de Lisboa.
1671Gabriel Feixóo de Araúxo deu a coñecer o Entremés famoso sobre a pesca do río Miño, a peza teatral coñecida máis antiga en lingua galega.
1672Constrúese a Cruz de Avelán, o cruceiro de capela máis antigo conservado en Galicia.
1673Diego de Romai deseñou o cadeirado do coro baixo de San Martiño Pinario.
1676Domingo de Andrade, nomeado mestre de obras da catedral, fixo as reformas da torre do Reloxo da catedral de Santiago de Compostela.
1691Comezaron as obras do Convento de San Xoán de Poio levadas a cabo por Pedro de Monteagudo.

Século XVIII

AnoDataAcontecemento
Constrúese o Camiño e Plantío Real, camiño de roda arborado que uniu Pontevedra e A Coruña con Santiago de Compostela, a partir da rede viaria romana e os camiños castrexos. Nas súas beiras atopábanse fontes, reloxos de sol e zonas de descanso. A súa construción incluíu a de varias pontes coma a Ponte Barosa, Ponte do Cárcere, Ponte Malvar e a Ponte Vedra e foi ordenada polo Arcebispo Malvar. Este vial evolucionaría posteriormente na estrada N-550
O pulo adquirido polo viño portugués do Douro no mercado inglés foi a causa de decadencia de moitos dos viñedos ourensáns.[36]
Guerra de Sucesión Española (17011713)
1702Aconteceu a batalla de Rande, enfrontou ás coalicións anglo-holandesa e hispano-francesa.
1709Ano de malas colleitas, provocou moita fame e crime.[36]
Guerra da Cuádruple Alianza (17171720)
1717Fúndase en Betanzos o Banco Etcheverría, banco máis antigo de España
171910 de xuñoBatalla de Glen Shiel
10 de outubroAconteceu a toma de Vigo a mans británicas.
1722Construíuse o acueduto do Paseo das Pontes na Coruña, feito por Fernando de Casas Novoa.
1735Lucas Ferro Caaveiro foi elixido para realizar as obras do pazo da Casa do Concello de Lugo.
174714 de maioPrimeira batalla do cabo Fisterra.
25 de outubroSegunda batalla do cabo Fisterra.
1749Comeza a construción do Real Arsenal de Ferrol e dos Reales Estaleiros de Esteiro
c.1750Revoltas e motíns nas rías galegas contra os pesqueiros cataláns.[36]
17521.299.312 habitantes.[30]
Terremoto de Lisboa
c.1760Constrúese a Casa Cornide na Cidade Vella da Coruña.
1761Constrúese o Camiño Real da Coruña que unía Madrid co porto da Coruña. Ata entón todo o transporte entre Galicia e Castela facíase a pé (o cal deu lugar á profesión do arrieiro) ou na parte traseira dunha mula por camiños de ferradura, ao contrario que os camiños de roda que permitían circular carros e carretas. Esta se percorría en de 8 a 9 días con bo tempo e entre 16 e 20 días con climatoloxía adversa. Posteriormente converteríase na estrada xeral nº7.
13 ou 14 de agostoLibrouse a batalla do cabo Fisterra entre Francia e Inglaterra.
1763Implantouse a primeira lotaría.
176520 de xaneiroInaugurouse a Academia de Agricultura do Reino de Galicia na Coruña.[42]
177522 de outubroPor Real cédula de Carlos III, creouse formalmente o Arquivo do Reino de Galicia, asignándolle persoal e unhas normas de funcionamento, no Palacio da Real Audiencia.
1778Galicia padeceu de fame e peste.[43]
Comezou o favorecemento do cultivo da pataca en Galicia.[43]
17808 de xaneiroAconteceu a acción do 8 de xaneiro de 1780.
178125 de febreiroAconteceu a acción do 25 de febreiro de 1781.
1784Creouse a Real Sociedade Económica de Amigos do País de Lugo.[44]
15 de febreiroCelebrouse a sesión inaugural da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago.
17871.345.803 habitantes.[45][30]
1794Vigo obtén permiso para comerciar coas Indias.[46]
27 de setembroFundouse o primeiro hospital da Coruña, o Hospital da Caridade, polo que loitou Teresa Herrera.
1798Veciños de Portocelo, San Cibrao, Burela e Nois, levantáronse en motín contra o marqués de Sargadelos.[36]
1800Publícase o primeiro xornal de Galicia, El Catón Compostelano.[47]
25 e 26 de agostoAconteceu a batalla de Brión.

Século XIX

AnoDataAcontecemento
Guerras napoleónicas (18031815)
1803Comezou a construción do camiño de Benavente a Vigo.[46][48]
30 de novembroPartiu da Coruña a Real Expedición Filantrópica da Vacina dirixida polo doctor Balmis.
1804A Coruña quedou illada para evitar a peste. As penas alcanzaron os 200 latigazos e os 10 anos de cárcere.
180522 de xulloAconteceu a batalla do cabo Fisterra, na que se enfrontaron España e Francia contra o Reino Unido.
4 de novembroAconteceu a batalla do Cabo Ortegal, na que se enfrontaron o Reino Unido contra Francia.
1806Cerámica de Sargadelos.
1808Formación da Xunta Suprema do Reino de Galicia coa fin de defender o reino ante os exércitos napoleónicos. Recuperación de atribucións de autogoberno extraordinarias.
Acordouse a colaboración da Universidade co movemento popular a prol de liberar o país, constituíuse o Batallón Literario.
180916 de xaneiroAconteceu a batalla de Elviña.
6 e 7 de marzoAconteceu a batalla do Val de Monterrei.
28 de marzoOs habitantes Vigo álzase contra o exército francés, no que se coñece coma a Reconquista de Vigo
27 de abrilAconteceu a batalla de Casal do Eirigo.
30 de maioLevantamento da Coruña e de Santiago.
7 a 9 de xuñoAconteceu a batalla de Ponte Sampaio.
1810Naufragaron a fragata Santa María Magdalena e o bergantín Palomo na costa de Viveiro.
181517 a 18 de setembroPronunciamento de Porlier na Coruña, co obxectivo de derribar o réxime absolutista de Fernando VII e restaurar a Constitución de Cádiz.
1816Comeza a operar o servizo de dilixencias entre Vigo na Coruña con Madrid, que podían levar ata 22 persoas.
1820Revolución Liberal de Rafael del Riego.
c.1825Construíuse o muiño do Pozo do Cachón en Serres, Muros.
18251832Durante un período de tempo a capitalidade tivoa Santiago de Compostela, para despois volver á Coruña.[49]
18317 de abrilFúndase a Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia
Rexión de Galicia - Reino de España
1833A rexente María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias asina o decreto da disolución da Xunta do Reino de Galicia.
30 de novembroA división territorial de España en 1833 pon fin ao Reino de Galicia pasando a ser a Rexión de Galicia, dividida en 4 provincias.
1834O ilustrado Domingo Fontán remata a Carta xeométrica de Galicia, o primeiro mapa realizado en España con métodos científicos e medicións matemáticas
1838Apareceu a primeira revista ilustrada de Galicia, Semanario Instructivo, que xa contaba con litografías e ilustracións policromadas.[47]
1843Celébrase en Lugo unha asemblea federal para estudar a reorganización de Galicia, na cal Antolín Faraldo propuxo debater a independencia de Galicia.
Constitúese unha Xunta Central de Galicia presidida por Xosé María Suances oposta á rexencia de Baldomero Espartero.
Enrique Luard abriu a primeira tenda de fotografía de Galicia na rúa San Andrés na Coruña.[47]
Revolución galega (1846)
18462 de abrilProdúcese o levantamento do comandante Miguel Solís en Lugo, que disolve o Consello Provincial e a Deputación organizando a Xunta Superior do Goberno de Galicia, presidida por Pío Rodríguez Terrazo.
23 de abrilAconteceu a batalla de Cacheiras no alto de Montouto.
26 de abrilFusilamento dos Mártires de Carral.
184931 de outubroA Real Academia Galega de Belas Artes, foi unha das trece creadas en España por Real Decreto.
18512 de abrilO químico Antonio Casares realiza o primeiro experimento con luz eléctrica de España no claustro da Universidade de Santiago de Compostela, onde crea un arco voltaico e causa gran expectación.[50]
185224 de xulloAntonio Casares repitiu o experimento, iluminando unha das fachadas da catedral.[50]
Publícase A gaita gallega de Xoán Manuel Pintos, primeiro libro impreso en galego e precursor do Rexurdimento.
Diáspora galega
1853Foi o ano da fame en Galicia, as chuvias excesivas e as baixas temperaturas estragaron as colleitas. As cidades galegas viron chegar multitude de campesiños pedindo pan e roupa.[51] Espoleta do inicio da diáspora galega.[52]
6 de abrilManuel Blanco Romasanta, o primeiro asasino en serie galego documentado, foi condeado á sentenza de morte en Allariz.
1854Fíxose a rede de luz a gas na Coruña.[53]
18562 de marzoCelebrouse o Banquete de Conxo.
18603 de marzoPublicouse a primeira revista escrita enteiramente en galego, O Vello do Pico-Sagro.[47]
18601900Comezou unha gran migración de Galicia cara as américas, principalmente Cuba. Neste período Galicia ten saldo migratorio de -370.462.[36]
Rexurdimento
186317 de maioPublicouse Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, inauguración definitiva do Rexurdimento poñendo fin ós Séculos Escuros.
186819 de outubroO ministro de facenda do goberno provisional do Xeneral Serrano, Laureano Figuerola, asinou o decreto polo cal se implantaba a peseta como unidade monetaria de España sustituindo ao real español, ao mesmo tempo que entraba en vigor oficialmente o sistema métrico.
5 de novembroCoa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1864, o territorio galego é ampliado ao lle ser anexado o Couto Mixto, un microestado independente entre Galicia e Portugal. En contraprestación, a parte galega das denominadas poboacións promiscuasCambedo, Lamadarcos e Souteliño― é incorporada a Portugal.[54]
Rexión de Galicia - Primeira República Española
187311 de febreiroProxecto de Estatuto Federal de Galicia. Nas eleccións elixen 37 deputados federalistas dun total de 45 en Galicia.[Cómpre referencia]
27 de maioInaugurouse a oficina en Vigo da Eastern Telegraph Company que comunicaba co resto do mundo mediante telégrafo, a través dun cable submarino ata Porthcurno, o maior centro telegráfico do mundo.[55]
15 de agostoInaugurouse a primeira liña de tren de Galicia, entre Cornes (Santiago) e Carril (Vilagarcía). A súa prolongación posterior ata Vigo e A Coruña daría orixe ó Eixe Atlántico.
Rexión de Galicia - Reino de España
1875O tren A Coruña-Lugo comezou a circular.[56]
1880Constuiuse a rede de luz eléctrica na Coruña.[53]
2 de febreiroO Real Decreto ditado por Saturnino Álvarez Bugallal determinou a Galicia ―así como a Aragón, Baleares, Cataluña, Navarra e o País Vasco― como rexión foral.[57]
Comezou a circular o primeiro tranvía de Galicia entre Verín e o manancial de Cabreiroá.[58]
1882Comezou a publicarse o xornal La Voz de Galicia.
1883Proxecto de Constitución para o futuro Estado galego, realizado polo Consello Federal de Galicia presidido por Moreno Barcia.
1885O tren A Coruña-Madrid comezou a circular.
1886Inaugurouse a Ponte Internacional Tui-Valença que substituíu as barcazas que eran necesarias anteriormente para cruzar o Río Miño.[59]
18872 - 7 de xulloCelebrouse en Lugo a Asemblea Federal da Rexión Galega para ratificar o Proxecto de Constitución para o futuro Estado galego.
189125 de maioTrasladouse o corpo de Rosalía de Castro dende o cemiterio de Iria Flavia ao Panteón de Galegos Ilustres.
1893Emilia Pardo Bazán e mais a súa nai decidiron encargar a construción do Pazo de Meirás.
1895Construíuse o Obelisco dos Cantóns da cidade da Coruña.
189615 de xaneiroVolveuse inaugurar o faro de cabo Vilán, converténdose no primeiro faro con luz eléctrica de España.[20]
2 de setembroUnha exhibición realizada no Teatro Circo Coruñés deu inicio á historia do cinema de Galicia.[Cómpre referencia]
1897Formouse a Liga Gallega, o primeiro partido galego organizado.[Cómpre referencia]
1900Galicia comezou o século con 1,98 millóns de habitantes.[60]

Século XX

AnoDataAcontecemento
19018 de xuñoMarcela e Elisa casaron na Igrexa de San Xurxo da Coruña converténdose no primeiro matrimonio entre persoas do mesmo sexo en España.
1903Comezou a circular o tranvía da Coruña.[58]
1906Creouse a empresa Aguas de Cabreiroá, cunha planta de embotellamento en Verín.
30 de setembroConstituíuse a Real Academia Galega, presidida por Manuel Murguía.
190815 ou 16 de agostoCelebrouse a Primeira Asemblea Agraria de Galicia en Monforte de Lemos.
1910Creouse a xunta de obras do porto de Ferrol para ampliación da dársena co peirao de Curuxeiras.
1911O aviador francés Léonce Garnier realizou o primeiro voo en Galicia sobre o Río Lérez.[61]
1912Ramón María Aller construíu en Lalín o primeiro observatorio astronómico de Galicia.[62]
1913Inaugurouse o tren Ferrol-Betanzos.[63]
1914Comezou a circular o tranvía de Vigo.[58]
decembroJosé Piñeiro González converteuse nun dos pilotos pioneiros en voar boca abaixo en Cuba.[64]
191618 de maioOrganizáronse as Irmandades da Fala, acordada nunha xuntanza nos locais da Real Academia Galega na Coruña.
12 de outubroOs agora coñecidos como Mártires de Cans son asasinados pola Garda Civil ao mobilizarse por impostos xustos.
Gripe española
1918Gripe de 1918
8 e 9 de marzoA Revolta das Pedradas pola suba de impostos e prezos aos labregos.
17 ao 18 de novembroCelebrouse a Primeira Asemblea Nacionalista en Lugo.
Movemento Renovador
192030 de outubroPublicouse o primeiro número da revista Nós en Ourense.
Grupo Nós
1921Contituiuse legalmente o Grupo Nós.
192228 de novembroOs agora coñecidos como Mártires de Sobredo foron asasinados por defender un veciño contra o pago dos foros.
19238 de xulloAs Irmandades da Fala fundaron as Escolas de Insiño Galego, que funcionaron até 1930.
1924Reimplantouse a caza de baleas en Galicia, establecéronse no país dúas compañías baleeiras, Compañía Ballenera Española e Sociedad Anónima Corona.
192511 de novembroRematou a construción do Edificio do Banco Pastor da Coruña, primeiro rañaceos de España e por aquel entón o edificio máis alto do estado.
Avelino Cachafeiro, O Gaiteiro de Soutelo, foi proclamado o mellor gaiteiro galego nun concurso celebrado en Santiago.
1927Enrique Barreiro Vázquez realizou a primeira gravación de vídeo a cor de España, o documental Pontevedra, cuna de Colón.[65]
1928Anunciouse a construción da autovía Madrid-Ponferrada-A Coruña que contará cun ramal a Vigo.[66]
1929marzoAbriuse oficialmente o tráfico aéreo aos hidroavións no porto marítimo e a ría de Vigo. Decidiuse construír un "aeroporto marítimo" na praia de Cesantes, Redondela.[67]
193126 de abrilHomenaxe aos Mártires de Carral organizado polas Irmandades da Fala.
Rexión de Galicia - Primeira República Galega
193127 de xuñoProclamouse a República Galega durante unhas horas, un día antes das eleccións ás Cortes Constituíntes da II República Española.
Rexión de Galicia - Segunda República Española
19315 e 6 de decembroConstituiuse o Partido Galeguista, reclamando por primeira vez o dereito de autodeterminación e proclamando a redacción dun Estatuto de Autonomía.
Fundouse a empresa madeireira FINSA como un serradoiro por Manuel García Cambón.
1932Construíuse o aeroclub de Lavacolla.
1933xaneiroA historia da radio en Galicia comezou coa instalación da primeira antena en San Domingos de Bonaval e a inauguración de Unión Radio Galicia.
Recoñecemento internacional como nación
193316 ao 18 de setembroGalicia acadou o recoñecemento internacional como nación no 9º Congreso de Nacionalidades Europeas, patrocinado pola Sociedade de Nacións.
1935O Banco Simeón adquiriu un dos cinco mil exemplares da máquina Millonaire, precedente da informática en Galicia.[68]
27 de xulloInaugurouse o aeródromo de Lavacolla, o que posteriormente se convertería no aeroporto de Santiago de Compostela. Contaba con tres pistas de aterraxe formando un triángulo.
193628 de xuñoVotouse a aprobouse o Estatuto de autonomía de Galicia de 1936 pero nunca chega a facerse efectivo.
Guerra civil española (19361939)
193618 de xulloComezou unha insurrección militar coñecida como o Golpe de Estado de 1936, daría comezo á Guerra civil española.
20 e 21 de xulloSucedeu a batalla de Vigo,[69] entre o exército sublevado e as milicias republicanas viguesas.
17 de agostoAlexandre Bóveda foi asasinado polos fascistas na Caeira, Poio, este día marcaría o Día da Galiza Mártir.
1937Comezan os servizos comerciais regulares no aeroporto de Santiago de Compostela coa liña SantiagoSalamancaValladolidZaragoza. O aeroporto só contaba cun barracón de madeira para albergar aos pasaxeiros.
Rexión de Galicia - Ditadura franquista
19391 de abrilA Guerra civil española concluíu coa vitoria do bando rebelde e coa instauración dunha ditadura de carácter fascista.
c.1940As irmás Touza de Ribadavia axudaron a escapar a Portugal a máis 500 xudeus durante o holocausto.
194410 de marzoCastelao publicou Sempre en Galiza en Bos Aires, considerado a obra canónica do nacionalismo galego.
194825 de xulloCastelao pronunciou o discurso Alba de Gloria en Bos Aires.
194916 de setembroInaugurouse o encoro das Conchas, primeiro grande encoro galego que daría lugar ao nacemento de Fenosa.[70]
1950Publicouse Muiñeiro de Brétemas, de Manuel María dando inicio a corrente da poesía galega coñecida como Escola da Tebra.
25 de xulloFundouse a Editorial Galaxia.
1953Fundouse a empresa de fundición de aceiro Metalurgia Galaica, SA.
Nova narrativa galega
1954Publicouse Nasce un árbore de Gonzalo Rodríguez Mourullo dando incio á corrente da Nova narrativa galega.
20 de abrilComezou a operar o Aeroporto de Vigo.
Astano comezou a operar o primeiro ordenador de Galicia, un clasificador de tarxetas.[68]
1958Fundouse a empresa Televés co nome de TresB.
Fundouse a empresa conserveira de Jealsa da man de Jesús Alonso Fernández.
abrilCreouse Citroën Hispania o que deu lugar ao centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën ligada ao porto de Vigo.
1959Fundouse o grupo empresarial alimenticio Coren por Eulogio Gómez Franqueira.
1960O xogador galego de fútbol Luis Suárez Miramontes converteuse no primeiro de España en gañar un Balón de Ouro.
Fundouse a empresa pesqueira Pescanova por Xosé Fernández López.
196317 de maioCelebrouse por primeira vez o Día das Letras Galegas, homenaxeando a Rosalía de Castro.
25 de maioInaugurouse o Aeroporto da Coruña.
2 de decembroPromulgouse a Lei de Compilación do Dereito Civil Especial de Galicia, antecedente do actual Dereito civil galego.[71]
196525 de xulloO crego Xaime Seixas deu a primeira misa íntegra en galego despois da ditadura.
1968A Estampa Popular Galega comezou a súa actividade.
Mobilizacións estudantís na Universidade de Santiago de Compostela.
Magín Alfredo Froiz remodelou un supermercado co nome de Supermercado Froiz.
1969A Universidade de Santiago estreou o seu primeiro ordenador, un IBM 1130 de última xeración.[68]
1970Miguel Anxo Araúxo foi ordenado bispo na primeira destas cerimonias en galego na Catedral de Ourense.
197313 de agostoAccidente aéreo de Montrove, Liáns, Oleiros.[72]
1974Finalizou a construción do encoro das Portas no concello de Vilariño de Conso.[20]
Transición española
197520 de novembroMorre Francisco Franco dando o comezo a transición española.
27 de decembroTrala morte de Francisco Franco, de acordo coa Lei de Sucesión na Xefatura do Estado de 1947, Xoán Carlos I foi recoñecido como rei de España e lexítimo herdeiro da dinastía histórica de Borbón.
197612 de maioNaufraxio do buque Urquiola na Coruña, vertendo 100.000 toneladas de petróleo.
197723 de abrilFundouse a Real Academia Galega de Ciencias.
A Xunta preautonómica nomeou a Antonio Rosón Pérez como presidente, puxo en marcha o estatuto dos dezaseis.
15 de xulloInaugurouse o parque de Santa Margarida na Coruña.
Galicia - Reino de España
197816 de marzoA Xunta de Galicia foi designada como goberno galego.[73][74]
19799 de xuñoXosé Quiroga Suárez tomou posesión do cargo de presidente da Xunta de Galicia.
19803 de maioAsociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
21 de decembroCelebrouse o referendo do estatuto de autonomía de Galicia.
19817 de febreiroInaugurouse a ponte de Rande atravesando a ría de Vigo.[75]
Estatuto de autonomía
19816 de abrilAprobouse o estatuto de autonomía de Galicia, establecendo Santiago de Compostela como capital.
20 de outubroPrimeiras eleccións ao Parlamento de Galicia.
Inaugurouse o primeiro tramo da Autoestrada do Atlántico.[Cómpre referencia]
Galicia acadou o seu máximo histórico de poboación, con 2.811.942 habitantes.[76]
198222 de xaneiroXerardo Fernández Albor converteuse no primeiro presidente da Xunta de Galicia elixido polo Parlamento de Galicia.
198428 de xuñoOs restos mortais de Castelao foron repatriados e levados para o Panteón de Galegos Ilustres, no convento de San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela).
3 de outubroGalicia foi azoutada polo furacán Hortensia. En Bares rexistráronse ventos de 198 quilómetros por hora, a maior marca galega desde que hai estatísticas.[77]
Iniciouse a expansión do porto de Ferrol ata a extensión actual.
198512 de xuñoFundouse a empresa Inditex por Amancio Ortega.
24 de xulloA Televisión de Galicia inaugurou as súas emisións,[78] inaugurando cos actos do Día do Apóstolo.
Fundouse o grupo empresarial alimenticio Gadisa por Roberto Tojeiro Díaz.
19861 de xaneiroGalicia entrou co resto de España na CEE (actual Unión Europea).
198726 de setembroFernando González Laxe presentou unha moción de censura contra o goberno de Fernández Albor.
28 de setembroFormouse un goberno de coalición tripartito en PSdeG, Coalición Galega e Partido Nacionalista Galego, presidido por Fernando González Laxe.
5 de decembroO Cason naufragou fronte ás costas galegas, con posible carga de armas químicas ou materiais para fabricalas, ou mesmo material radioactivo.
198920 de xulloCreouse a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo a través da lei de ordenación do sistema universitario de Galicia.
199012 de xuñoIniciouse a Operación Nécora contra o narcotráfico.[79]
5 de febreiroManuel Fraga Iribarne foi investido como presidente da Xunta na praza do Obradoiro.
1991Realizouse a exposición Galicia no tempo, presentaba arredor de 250 pezas de escultura e ourivaría de entre o século XVI e a idade moderna.
1992Anuario de Estudos Literarios Galegos
3 de decembroNaufraxio do Aegean Sea na costa da Coruña.[80]
1993maioCreouse o Centro de Supercomputación de Galicia, que adquiriu un Fujitsu VP1400, o primeiro superordenador vectorial do país.[68]
199418 de abrilComezou a emitirse na Televisión de Galicia o programa infantil Xabarín Club.
199610 de setembroDerrubamento do vertedoiro de Bens, vertendo sobre O Portiño e o mar 200.000 toneladas de lixo e matando un veciño.
2000Publicouse o primeiro capítulo de Os Bolechas da man do ilustrador Pepe Carreiro.
31 de decembroGalicia comeza o século con 2.698.025 habitantes.[81]

Século XXI

AnoDataAcontecemento
2001A compañía R comeza a operar a súa rede de fibra óptica.
20021 de xaneiroO euro (€) entrou en circulación xunto coa peseta, convivindo as dúas moedas.
1 de marzoA peseta deixou de ser unha moeda de curso legal.
Marea Negra do Prestige
200219 de novembroNaufragou o petroleiro Prestige, provocado unha marea negra sobre as costas galegas.
21 de novembroNacemento do movemento Nunca Máis.
200421 de setembroPlan Xeral de Normalización da Lingua Galega
200511 de marzoIniciaronse os traballos de construcción do porto exterior da Coruña.
2 de agostoEmilio Pérez Touriño encabezou un goberno de coalición co BNG coñecido como bipartito galego.
Vaga de incendios forestais de 2006
20063 e 15 de agostoUn conxunto de 1.970 incendios forestais (37 deles de grandes proporcións) arrasaron Galicia, especialmente as provincias de Pontevedra e A Coruña.
200916 de abrilAlberto Núñez Feijóo foi nomeado Presidente da Xunta de Galicia polo Parlamento de Galicia.
201418 de xuñoAbdicación de Xoán Carlos I en favor do seu sucesor, Filipe VI.
2015marzoCompletouse o Eixe atlántico de alta velocidade coa inauguración do treito Santiago de Compostela - Vigo.[82]
Vaga de incendios forestais de 2017
201713 e 18 de outubroUnha serie de incendios forestais afectaron ás catro provincias galegas con cadansúas vagas en Asturias e Portugal.
Pandemia de COVID-19
20204 de marzoDetectouse o primeiro caso confirmado da pandemia de COVID-19 en Galicia.
202121 de decembroComezou a operar a Liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia.[83]
202222 de maioAlfonso Rueda Valenzuela foi investido xefe do executivo galego.
202319 de setembroXosé Ramón Gómez Besteiro convertiuse no primeiro deputado en intervir en galego no Congreso español.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Notas