Upolu

Upolu é unha illa de Samoa, formada por un gran volcán que se levanta desde o fondo do mar no océano Pacífico occidental. A principos do s. XIX esta illa foi tamén coñecida como Ojalava. A illa ten 75 km. de longo, e 1.125 km² de superficie e é a segunda illa máis grande en área xeográfica así como a máis poboada das Illas Samoanas con 143.500 habitantes. Upolu sitúase ao sueste da "grande illa", Savai'i. A capital, Apia, está no centro da costa norte co aeroporto internacional de Faleolo no extremo occidental da illa. A illa non tivo ningunha erupción rexistrada historicamente, aínda que tres fluxos de lava remóntanse só duns poucos centos a algúns miles de anos.

Upolu
Localización da illa
Situación
PaísSamoa Samoa
MarOcéano Pacífico
Coordenadas13°55′S 171°45′O / -13.917, -171.750171°45′O / -13.917, -171.750
Xeografía
XeoloxíaIlla volcánica
Superficie1.125 km²
Longura máxima75 km.
Largura máxima24 km.
Punto máis alto1.113 m. Monte Fito
Demografía
CapitalApia (pob. 58.800)
Poboación143.418 (2011)
Densidade127 hab./km²

Upolu é un personaxe presente na mitoloxía polinésica especialmente na mitoloxía Samoana. Foi a primeira muller en pisar a illa do seu mesmo nome.

En 1841, a illa foi o sitio do Bombardeo de Upolu, un incidente durante a Expedición de Exploración dos Estados Unidos.

A finais do século XIX, o escritor escocés Robert Louis Stevenson posuía unha propiedade de 160 hectáreas na vila de Vailima, e morreu alí en 1894. Eestá enterrado na cima do Monte Vaea sobre a súa antiga casa. A herdade de Vailima foi comprada en 1900 como a residencia oficial para o gobernador de Alemaña e, despois da confiscación polo Reino Unido, serviu sucesivamente como residencia para o administrador de Nova Zelandia e para o xefe do Estado de Samoa logo da independencia.

Unha especie extremadamente pequena de araña vive en Upolu. De acordo co Libro Guinness dos Récords, a araña é do tamaño dun punt nunha páxina impresa.[1]

2009 tsunami de samoa

A illa de Upolu viuse afectada por un tsunami ás 6:48:11 hora local o 29 de setembro de 2009 (17:48:11 UTC).[2] Vinte aldeas no lado sur de Upolu foron destruídas, incluíndo Lepa, o fogar do primeiro ministro de Samoa.[3] Tuilaepa Lupesoliai Sailele Malielegaoi. En Lepa, só a igrexa e o sinal de benvida da aldea permaneceron de pé despois do desastre.[4][5]

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas