Unión Balompédica Conquense

A Unión Balompédica Conquense, habitualmente coñecida como Conquense, é un club de fútbol de España, da cidade de Cuenca, en Castela-A Mancha. Foi fundado en 1946 e xoga na Terceira División Española.

Conquense
NomeUnión Balompédica Conquense
Fundación1946
EstadioEstadio La Fuensanta,
Cuenca, España España
Capacidade3.000
PresidenteEspaña Jesús Fernández Ruiz
AdestradorEspaña José Luis Montes
LigaTerceira División Española
2011–1216º (2ª B - Grupo 1)
Na rede
http://www.ubconquense.es/
Titular
Alternativo

Historia

A Unión Balompédica Conquense naceu en 1946. Na tempada 1987-88 debuta na Segunda División B. Na tempada 2004/05 o equipo quedou entre os catro primeiros, clasificándose para a fase de promoción. Gañando na semifinal, foi derrotado na final polo Real Madrid B. A tempada seguinte o equipo descendeu á Terceira División. Na tempada 2006/07 o Conquense quedou primeiro no grupo castelán manchego con 92 puntos, seis por encima do Guadalajara. Na semifinal da fase de ascenso, derrotou ao CD San Fernando por un global de 2-0. Na final, enfrontouse á SD Negreira. A ida, xogada en Negreira concluíu cun empate sen goles. Na volta, disputada na Fuensanta o 24 de xuño de 2007, o Conquense gañou 3-0, marcando todos os goles na primeira parte, conseguindo dese modo o ascenso. Na tempada 2009/2010 finalizou 10º no grupo II.

Na tempada 2011-12 acaba en 16ª posición e xoga a promoción pola permanencia en Segunda B. O equipo perde contra o Real Zaragoza B 1-0 na ida e 0-3 en La Fuensanta e descende a Terceira.

Uniforme

  • Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón negro e medias negras.

Xogadores

Cadro actual

PostoPaísXogador
POR Eduardo
POR José Bermúdez
DEF Alba
DEF de la Plata
DEF Felipe Belmonte
DEF Diego Garrido
DEF Héctor Sánchez
DEF Jorge Campos
DEF Juachi
DEF Juan Bardal
PostoPaísXogador
MED Berodia
MED Cubillo
MED Elías
MED Mario Ortiz
MED Nacho Calvillo
MED Nevado
DIA Aday
DIA Belencoso
DIA Carlos Valverde
DIA Cristian

Estadios

  • Estadio La Fuensanta, con capacidade para 3.000 persoas. Dimensións 105x68 metros.
  • Campo Municipal Luis Ocaña (Campo de adestramento)

Datos do club

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 10
  • Tempadas en : 36
  • Tempadas en Categorías rexionais: 17
  • Mellor posto na liga: 2º en Segunda B (tempada 04-05)
  • Peor posto na liga: 19º en Segunda B (tempada 87-88)

Palmarés

Premios

  • Trofeo Invicto Don Balón: 2006-07

Véxase tamén

Ligazóns externas