Ulpiano Villanueva
Ulpiano Villanueva Castro, nado en Pontedeume en 1900 e finado en Santiago de Compostela o 31 de xaneiro de 1967,[1] foi un médico galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 Pontedeume, España |
Morte | 31 de xaneiro de 1967 (66/67 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | médico |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Valeriano Villanueva |
Traxectoria
Fillo do agrarista Valeriano Villanueva. Estudou Medicina na Universidade de Santiago entre 1920 e 1926. En 1928 conseguiu a praza de profesor auxiliar da Cátedra de Fisioloxía e Hixiene. Doutorouse na Universidade de Santiago en 1932. Foi pensionado para traballar no Instituto de Enfermidades Tropicais de Hamburgo e logo no Instituto Pasteur de París. En 1935 gañou a Cátedra de Hixiene na Facultade de Medicina de Cádiz.
Posteriormente retornou á Facultade de Medicina de Santiago onde foi catedrático de Hixiene e Sanidade e Microbioloxía e Parasitoloxía, alternando a docencia coa publicación de numerosos estudos sobre as bacterias e as enfermidades infecciosas e co exercicio da medicina.
De talante liberal e humanitario, axudou a moitos represaliados polo franquismo e ás súas familias na Compostela dos anos corenta e cincuenta. En 1947 foi encarcerado en Vigo xunto co médico Ramón Baltar Domínguez, acusados de contribuír ao Socorro Rojo Internacional aínda que, en realidade, estaban vinculados á Unión de Intelectuales Libres. Estiveron ao redor dun mes no cárcere e foron sometidos a consello de guerra, aínda que finalmente todos os casos foron sobresidos excepto o de Francisco Rey Drox considerado o promotor.[2]
Publicacións
- La Precipitorreacción de Kahn en la lepra, 1931.
- Estudio del signo de Huddleson para el diagnóstico diferencial entre Brucellas Bang y Melitensis, 1934.
- Bacterium typhi Flavum: Investigaciones a propósito de la presencia de este gérmen amarillo en la naturaleza y estudio de 76 razas, 1934.
- La bilis como medio diferencial, 1934.
- Escollos en el conocimiento de las virasis, virus-proteinas cristalizados y patologia infecciosa, 1958.
Recoñecementos
O mesmo ano da súa morte, o concello de Pontedeume dedicoulle unha rúa por consideralo gran benfeitor, principalmente aos veciños de Pontedeume e a súa Comarca que a el se dirixían, onde encontraban sempre o Médico e o humano acolledor, segundo consta na Acta Municipal que recolle o acordo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Castro Álvarez, Carlos de (2004). "Nombres ilustres en las calles, plazas y jardines de Pontedeume" (PDF). Cátedra (11): 46. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de xuño de 2012.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
Ligazóns externas
- Bibliografía en Google Books