Tristana Moraleja
Tristana María Moraleja Gómez, nada en 1971 en Lugo, é unha política galega do Partido Popular de Galicia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de agosto de 1971 (52 anos) Lugo, España |
Deputada de España | |
Representa: Partido Popular 3 de decembro de 2019 – Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña | |
Deputada de España | |
8 de maio de 2019 – Lexislatura: XIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña | |
Deputada de España | |
14 de xullo de 2016 – 5 de marzo de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electa en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Deputada de España | |
5 de decembro de 2011 – 27 de outubro de 2015 Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electa en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Alcalá |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Popular |
Lingua | Lingua castelá |
Páxina web | tristanamoraleja.com |
Traxectoria
Licenciada en Económicas pola Universidade de Alcalá, ten un mestrado en Administración financeira tributaria pola Universidade da Coruña. Comezou a traballar na Xunta de Galicia en 1999, onde ocupou postos relevantes nas consellerías de Familia, Economía e Facenda, Asuntos Sociais, Política Territorial ou Traballo. En 2000 pasou a traballar no departamento económico-financeiro do Porto da Coruña, ata que en 2003 aprobou as oposicións do grupo A e volveu á administración autonómica. En 2009 foi designada xefa territorial da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia na Provincia da Coruña. En 2011 presentouse ás eleccións locais no concello de Oleiros en postos do remate da lista, e uns meses máis tarde foi escollida nos postos de saída da lista do Partido Popular nas Eleccións ao Congreso dos Deputados, por onde resultou elixida.
Foi candidata á alcaldía de Oleiros nas eleccións municipais de 2015.[1] Repetiu nas listas do PP ao Congreso pola Coruña, de número 2, nas Eleccións xerais de abril e nas de novembro de 2019.
Vida persoal
Vive en Perillo, Oleiros.[2]