Tressis

O tressis (voz latina) foi unha moeda da Antiga Roma de bronce, de tempos da República, emitida nos séculos III e I a. de C., co valor de tres ases.[1][2][3]

Historia

Esta moeda emitiuse inicialmente en dúas ocasións en bronce fundido durante o século III a. de C., na República de Roma: a primeira delas en torno ao ano 260 a. de C. e a segunda arredor de 215 a. de C., ambas saídas dos obradoiros monetarios de Roma.[4][5]

A marca de valor destas moedas consistía en tres liñas verticais (unha por cada ás).[6] Nos seus anversos amosan o busto da deusa Roma ollando á dereita. Nos seus reversos, os tressis da primeira emisión exhiben unha roda con seis raios e a marca de valor, en tanto que os da segunda emisión amosan a tradicional proa de barco característica da moeda romana de bronce desta época.[7][8][9]

Coincidindo coa introdución do denario en 211 a. de C. foi retirada da circulación, debido a que o seu grande tamaño dificultaba moito o seu uso.

Porén, o tressis reviviu monetáneamente no século I a. C., xa ao final da época republicana, nesta ocasión xa non fundida, senón cuñada, ao ser emitida entre o 38 e o 37 a. de C. polos prefectos da frota de Marco Antonio.[10]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Ligazóns externas