Arco, Renfe

(Redirección desde «Tren Arco»)

Arco foi un servizo comercial de viaxeiros de Renfe Operadora en España. Usaba trens que xurdiron dunha profunda transformación realizada aos coches B11x-10200 (serie 10000 de segunda clase) de Renfe, dotándoos de novos bogies aptos para 220 km/h. En esencia son unha versión mellorada do Diurno.

Arco nº 697 García Lorca ao seu paso pola estación de Alzira (Valencia).

Historia

O proxecto Arco foi lanzado por Renfe no ano 2001, cando decidiu crear un servizo de Longa Distancia entre Portbou, Barcelona, Valencia, Alacant e Murcia, para complementar a trens Talgo e Euromed facendo máis paradas intermedias.

Para iso, Renfe colleu 41 coches B11x-10200 (pertencentes á Serie 10000) e nas súas instalacións de Los Prados (Málaga) levou a cabo a súa reforma, que consistiu nunha total renovación do interior, carenado dalgúns elementos, e uns bogies totalmente innovadores para os coches de viaxeiros de Renfe, que son unha modificación do bogie GC-1 de CAF, son denominados GC-3 e permiten alcanzar os 200 km/h cun alto grao de confort para o viaxeiro. Nace así a Serie 2000.

A parte do Arco Portbou-Alacant mencionado anteriormente, créase no mesmo ano o servizo Arco García Lorca, que substitúe ao antigo Diurno do mesmo nome; o nome cámbiase de "Diurno" a "Arco" xa que no canto de usarse coches Serie 9000 usaranse os renovados Serie 2000, máis modernos e con maior velocidade máxima. O principal inconveniente vén cando se producen problemas de freado no tren a grandes velocidades cando a composición supera os tres coches de lonxitude. Estes problemas non son solucionados e o Arco García Lorca é limitado a 160 km/h, igual que o anterior «Diurno».

A partir de maio de 2008, o Diurno A Coruña/Vigo-Irún/Bilbao foi substituído polo Arco Camiño de Santiago, que facía o mesmo percorrido pero con coches da Serie 2000. Na actualidade este mesmo tren opera baixo a marca Intercity.

Nalgunhas ocasións completáronse os trens Arco con coches da serie 9000, de inferior calidade.

Datos técnicos

FabricantesRENFE, CAF
Unidades fabricadas41
Ano de posta en servizo1999
Velocidade máxima220 km/h
Velocidade comercial200 km/h
Número de prazasA9t-2000 56 prazas en clase Preferente
B10t-2200 80 prazas en clase Turista
Br3t-2800 21 prazas en clase Turista + 1 praza P.M.R
Manga de calefacciónsi, a 3 kV (CC)
Ancho de vía1.668 mm

Servizos prestados

Arco Camino de Santiago

O Arco Camino de Santiago estaba formado por dúas ramas con destino e orixe diferentes pero que circulaban xuntas entre as estacións de Miranda de Ebro e Ourense. Substituíuse por un Intercity.

Rama BilbaoRama Hendaia
Bilbao-Abando
Laudio-Llodio
Hendaia
Irún
Donostia-San Sebastián
Zumarraga
Altsasu-Alsasua
Vitoria-Gasteiz
Miranda de Ebro
Burgos-Rosa de Lima
Palencia
Sahagún
León
Astorga
Bembibre
Ponferrada
O Barco de Valdeorras
A Rúa-Petín
Monforte de Lemos
Ourense-Empalme
Guillarei
Redondela
Vigo
O Carballiño
Santiago de Compostela
A Coruña-San Cristovo
Rama VigoRama A Coruña

Arco A Coruña-Monforte de Lemos

Este tren foi posto en servizo en 2008 para enlazar en Monforte de Lemos co tren diario Alvia que circula entre Barcelona e Vigo. Antigamente o servizo era cuberto por un Talgo que se dividía en Monforte en dúas ramas á Coruña e Vigo, pero coa substitución deste por un Alvia, deixou de prestarse o servizo á Coruña, xa que a vía entre Monforte e A Coruña carece de electrificación.

Deixou de funcionar coa posta en marcha da liña de alta velocidade entre A Coruña e Ourense.

A Coruña-San Cristovo
Betanzos-Infesta
Curtis
Guitiriz
Lugo
Sarria
Monforte de Lemos

Arco García Lorca

En orixe, o Arco García Lorca era un único tren formado por varias ramas que se axustaban e desacomplaban en diferentes estacións ao longo do percorrido. Desde agosto de 2011 o tren García Lorca foi dividido de modo que só dispuña de dúas ramas: unha Barcelona-Málaga e unha Barcelona-Sevilla, que se unían en Córdoba. Desde entón as ramas de Badaxoz, Granada e Almería eran trens Arco independentes que tiñan transbordo garantido á composición principal.

O 11 de setembro de 2011, os trens Arco das dúas ramas Barcelona-Málaga e Barcelona-Sevilla foron substituídos por dúas composicións da serie 490 de Renfe en servizo Alaris, que tamén circulan axustadas a partir de Córdoba. Afórrase algo máis dunha hora en ambos os traxectos co cambio xa que estas composicións si chegan aos 200 km/h, mentres que os coches Arco só alcanzaban esta velocidade con composicións máis curtas das utilizadas no García Lorca; os prezos subiron lixeiramente con respecto ás tarifas aplicadas nos trens Arco. A cambio, a cantidade de prazas á venda diminuíu, pasouse dunha oferta de 620 prazas a unha de 320, a pesar da boa ocupación do servizo.

A rama de Granada e Almería circulaba alternativamente, saíndo pola mañá dunha cidade en dirección Linares-Baeza e regresando pola tarde á cidade contraria. Os martes non circulaba. No cambio de horarios do 11 de decembro de 2011 foron substituídos por trens de Media Distancia no mesmo percorrido.

Tramo común
Barcelona-Sants
Sant Vicenç de Calders
Tarragona
Salou
L'Aldea-Amposta-Tortosa
Vinaròs
Benicarló-Peníscola
Castelló de la Plana
València-Nord
Xàtiva
Albacete
Villarrobledo
Socuéllamos
Alcázar de San Juan
Manzanares
Daimiel
Almagro
Cidade Real-Central
Puertollano
Almadenejos-Almadén
Cabeza del Buey
Castuera
Campanario
Villanueva de la Serena
Don Benito
Guarena
Mérida
Montijo
Badaxoz
Manzanares
Valdepeñas
Vilches
Linares-Baeza
Jódar-Úbeda
Cabra del Santo Cristo
Moreda
Guadix
Fiñana
Gador
Almería
Jódar-Úbeda
Cabra del Santo Cristo
Moreda
Iznalloz
Granada
Espeluy
Andújar
Córdoba Central
Sevilla-Santa Justa
Espeluy
Andújar
Córdoba Central
Montilla
Puente Genil
Bobadilla
Málaga-María Zambrano
Rama EstremaduraRama AlmeríaRama GranadaRama SevillaRama Málaga

Arco Portbou-Murcia

Foi o primeiro servizo Arco creado, e unía Portbou con Barcelona, Valencia, Alacant e Murcia, a través do Corredor mediterráneo. Circulou desde o ano 2001 ata o 2008, cando foi substituído por unha unidade Serie 490 en servizo Alaris que xa só unía Barcelona con Alacant, sen chegar a Portbou e Murcia. A composición deste Arco era fixa de tres coches: un de clase Preferente, un de clase Turista, e no centro da composición un coche mixto Cafetería/Turista; eran arrastrados sempre por locomotoras Serie 252. A esta composición si se lle permitía alcanzar os 200 km/h xa que a formaban só tres coches.

Véxase tamén

Ligazóns externas