Tremarctinos
- Artigo principal: Úrsidos.
Tremarctinos Tremarctinae Rango fósil: eoceno - actualidade | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Un oso de anteollos no Zoo Tennōji de Osaka | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||
|
A dos tremarctinos (Tremarctinae) é unha subfamilia de mamíferos da orde dos carnívoros e familia dos úrsidos.
Na actualidade a subfamilia só inclúe un representante vivo Tremarctos ornatus, coñecido na bibliografía como oso de anteollos, única especie de oso de América do Sur.
Á parte desta, están rexistradas varias especies extintas de catro xéneros:
- Unha do xénero Tremarctus: Tremarctos floridanus, da Florida.
- Os chamados "osos de cara curta norteamericanos", dos xéneros Plionarctos (P edensis e P. harroldorum) e Arctodus (A. pristinus e A. simus)
- Os denominados "osos de cara curta suramericanos" do xénero Arctotherium (A. latidens, A. brasilense,[2] A. angustidens, A. vetustum, A. bonariense, A. tarijense e A. wingei.[3]
Taxonomía
A subfamilia Tremarctinae foi descrita en 1925 por John Campbell Merriam e Chester Stock.[1]
Os seus xéneros foron incluídos en 1970 por P. E. Bjork na familia dos úrsidos.[4]
Finalmente, na actualidade (a partir de 2008), é recoñecida como unha das tres subfamilias dos úrsidos .[5]
- Subfamilia Tremarctinae
- Xénero Arctodus †
- Xénero Arctotherium †
- Xénero Plionarctos †
- Xénero Tremarctos
Notas
🔥 Top keywords: PortadaEspecial:ProcurarEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontGerardo Lorenzo GonzálezMaría JamardoXelucho Abella ChouciñoWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXISurFátima IglesiasSegunda guerra mundialHeroínas de SálvoraAWStatsAxuda:IntroduciónA illa das mentirasProne Lugo ADListenbourgRaquel AtanesWikipedia:Artigos de calidadeSecuenciación de proteínasEva Iglesias MiguénsJavier CasqueiroAxuda:Cambios relacionadosPosicións sexuaisProxyPasaporte iroquésEslovaquiaGaliciaColocación do pronome átono en galegoHerbas de san XoánWikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquiasLista de xentilicios de concellos galegosUxía Oviedop06skA CoruñaWikipedia:Advertencia xeralShinovaLista de castelos de Portugalfjra5