Tragúlidos
Tragúlidos Tragulidae Cervos rato Rango fósil: mioceno temperán - actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Tragulus javanicus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||
|
A dos tragúlidos (Tragulidae) é unha familia de mamíferos artiodáctilos ruminantes, a única da infraorde dos tragulinos (Tragulina), que son coñecidos vulgarmente como cervos rato.[1]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d1/Em_-_Hyemoschus_aquaticus.jpg/210px-Em_-_Hyemoschus_aquaticus.jpg)
Son criaturas pequenas, misteriosas, que se encontran soamente nas selvas tropicais de África, a India e o sueste asiático.
A familia inclúe tres xéneros e dez especies,[2] varias delas, dos xéneros Moschiola e Tragulus, descritas en 2004 e 2005.
Características
Os tragúlidos son un exemplo dunha forma primitiva de ruminantes. Aínda que teñen o estómago dividido en catro compartimentos para fermentar plantas resistentes, a terceira cámara está pouco desenvolvida.
Non teñen cornos, pero ambos os sexos posúen os caninos superiores grandes,[3] os dos machos son mou prominentes e afiados, proxectándose para fóra da mandíbula.
As patas son curtas e finas, que lles permite pouca axilidade, pero en cambio serven para camiñar pola densa follaxe do seu ambiente.
O maior membro da familia é Hyemoschus aquaticus, de África, que mide aproximadamente 80 cm de lonxitude e un peso duns 10 kg.[4]
E o máis pequeno, Tragulis javanicus, do sueste asiático, é o menor de todos os ungulados: os adultos miden 45 cm de lonxitude e pesan 2 kg.[5]
Taxonomía
A familia foi descrita en 1864 polo zoólogo francés Henri Milne-Edwards, e comprende os seguintes xéneros e especies:[2]
- Familia Tragulidae
- Xénero Hyemoschus
- Hyemoschus aquaticus
- Xénero Moschiola
- Xénero Tragulus
- Tragulus javanicus
- Tragulus kanchil
- Tragulus napu
- Tragulus nigricans
- Tragulus versicolor
- Tragulus williamsoni
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
- Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. The Johns Hopkins University Press. Baltimore, Maryland, USA. ISBN 0-8018-8221-4.