Tour de Francia 2008

O Tour de Francia 2008 foi a 95ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O percorrido de 3559 quilómetros comezou o 5 de xullo na cidade bretoa de Brest, e rematou o 27 de xullo nos Campos Elisios de París.

Modelo:Competición deportivaTour de Francia 2008
Imaxe
TipoTour de Francia Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
Distancia do evento3.558,5 km Editar o valor em Wikidata
Lugar de saídaBrest Editar o valor em Wikidata
Liña de metaParís Editar o valor em Wikidata
Número de participantes145, final
180, inicio Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísFrancia e Italia Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo5 de xullo de 2008 – 27 de xullo de 2008 Editar o valor em Wikidata
Número de edición95 Editar o valor em Wikidata
Competición

Gañador da clasificación xeral Carlos Sastre
Segundo da clasificación xeral Cadel Evans
Terceiro da clasificación xeral Denis Menchov
Gañador da clasificación por puntos Óscar Freire
Gañador da clasificación da montaña Carlos Sastre
Vencedor da classificação dos jovens Andy Schleck
Winner of the most combative rider Sylvain Chavanel
Vencedora da classificação por equipas Tinkoff-Saxo
Editar o valor em Wikidata

2007 Editar o valor em Wikidata
2009 Editar o valor em Wikidata

Percorrido

A ronda gala saíu da cidade bretoa de Brest e chegou como decote á cidade de París, onde tivo a meta nos seus Campos Elisios. A proba decorreu case totalmente por territorio francés, se ben pasou tamén por Italia. Na vila de Prato Nevoso tivo lugar a chegada da 15ª tirada, mentres que a 16ª saíu de Cuneo, tamén na zona alpina italiana.

O percorrido, de 3.554 quilómetros, tivo 21 tiradas sen prólogo, algo novidoso no conxunto das últimas edicións.

Houbo dúas xornadas de descanso intercaladas, cinco chegadas en alto, once tiradas chás, catro de media montaña e dúas contra o reloxo individuais.

Participantes

20 equipos tomaron a saída, con 9 corredores por equipo, facendo un total de 180 participantes, dos que remataron a carreira 144.

EquipoLíder
AgritubelCristophe Moreau
Ag2r La MondialeCyril Dessel
Garmin ChipotleChristian Vande Velde
BarloworldMauricio Soler
Bouygues TélécomPierrick Fedrigo
Caisse d´EpargneAlejandro Valverde
CofidisSylvain Chavanel
Crédit AgricoleThor Hushovd
Euskaltel-EuskadiHaimar Zubeldia
Française des JeuxSandy Casar
EquipoLíder
GerolsteinerStefan Schumacher
LampreDamiano Cunego
LiquigasFilippo Pozzato
Silence-LottoCadel Evans
Quick Step-InnergeticStijn Devolder
RabobankDenis Menchov
Saunier Duval-ProdirRiccardo Riccò
CSC Saxo BankCarlos Sastre
MilramErik Zabel
Team ColumbiaKim Kirchen

Galegos no Tour

O único corredor galego no Tour foi Óscar Pereiro, do equipo Caisse d'Epargne, partindo co dorsal 37. Pereiro tivo que retirarse logo de sufrir unha perigosa caída[1] na décimo quinta tirada.

Etapas

EtapaDataPercorridokmGañadorLíder
1.ª5 de xulloBrestPlumelec 195 Alejandro Valverde Alejandro Valverde
2.ª6 de xulloAuraySaint-Brieuc165 Thor Hushovd Alejandro Valverde
3.ª7 de xulloSaint-MaloNantes195 Samuel Dumoulin Romain Feillu
4.ª8 de xulloCholetCholet 29 (CRI) S.Schumacher Kim Kirchen S.Schumacher Kim Kirchen
5.ª9 de xulloCholetChâteauroux230 Mark Cavendish S.Schumacher Kim Kirchen
6.ª10 de xulloAigurande–Super-Besse 195 R.Ricco Alejandro Valverde Kim Kirchen
7.ª11 de xulloBrioude–Aurillac158 Luis León Sánchez Kim Kirchen
8.ª12 de xulloFigeac–Tolosa174 Mark Cavendish Kim Kirchen
9.ª13 de xulloTolosa–Bagnères de Bigorre 222 R.Ricco Vladimir Efimkin Kim Kirchen
10.ª14 de xulloPau – Hautacam 156 L.Piepoli Juan José Cobo Cadel Evans
11.ª16 de xulloLannemezan–Foix166 Kurt Asle Arvesen Cadel Evans
12.ª17 de xulloLavelanet–Narbona168 Mark Cavendish Cadel Evans
13.ª18 de xulloNarbonaNimes182 Mark Cavendish Cadel Evans
14.ª19 de xulloNimes–Digne-les-Bains182 Óscar Freire Cadel Evans
15.ª20 de xulloEmbrun– Prato Nevoso 216 Simon Gerrans Frank Schleck
16.ª22 de xullo Cuneo–Jausiers 157 Cyril Dessel Frank Schleck
17.ª23 de xulloEmbrun–Alpe d'Huez 210 Carlos Sastre Carlos Sastre
18.ª24 de xulloBourg-d'Oisans–Saint-Étienne197 Marcus Burghardt Carlos Sastre
19.ª25 de xulloRoanne–Montluçon163 Sylvain Chavanel Carlos Sastre
20.ª26 de xulloCérilly–Saint Amand Montrond 53 (CRI) S.Schumacher Fabian Cancellara Carlos Sastre
21.ª27 de xulloÉtampes–París143 Gert Steegmans Carlos Sastre
  • CRI - Contra o reloxo individual.

Dopaxe

Tres ciclistas foron acusados de empregaren substancias ou prácticas dopantes durante a celebración desta edición do Tour de Francia. O primeiro caso detectado foi o do ciclista español Manuel Beltrán, do Liquigas, ao que se lle atoparon[2], niveis anómalos de EPO no sangue nun control pasado na primeira tirada da proba. Foi expulsado do Tour. O segundo foi o tamén español Moisés Dueñas, tamén do Liquigas, e tamén por EPO. No rexistro policial subseguinte atopáronlle materiais dopantes, e foi detido[3] e expulsado do Tour. O terceiro foi o italiano Riccardo Riccò, do Saunier Duval, así mesmo por consumo de EPO. Riccò obtivera a vitoria en dúas tiradas da rolda gala, e figuraba á cabeza da clasificación da montaña. Riccò era o líder do seu equipo, foi detido e expulsado do Tour, ao mesmo tempo que o conxunto do equipo deixaba a proba[4].

Clasificación xeral

O terceiro clasificado da xeral, o austríaco Bernhard Kohl, foi eliminado da carreira tralo seu remate, por mor dun positivo nun control antidopaxe. A clasificación da montaña, liderada polo mesmo corredor, quedou sen gañador.

Carlos Sastre entrando en París co maillot amarelo.
PosiciónCiclistaEquipoTempo
Carlos SastreCSC-Saxo Bank87h 52' 52"
2 Cadel EvansSilence-Lotto+ 58"
Desc. Bernhard KohlGerolsteiner+ 1' 13"
3 Denis MenchovRabobank+ 2' 10"
4 Christian Vande VeldeGarmin Chipotle+ 3' 05"
5 Frank SchleckCSC-Saxo Bank+ 4' 28″
6 Samuel SánchezEuskaltel-Euskadi+ 6' 25″
7 Kim KirchenColumbia+ 6' 55″
8 Alejandro ValverdeCaisse d'Épargne+ 7' 12″
9 Tadej ValjavecAG2R La Mondiale+ 9' 05″
10 Vladimir EfimkinAG2R La Mondiale+ 9' 55″

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Outros artigos

  • Giro de Italia 2008
  • Vuelta a España 2008