Tose ferina

A tose ferina é unha doenza infecciosa aguda moi contaxiosa das vías respiratorias altas causada pola bacteria gramnegativa Bordetella pertussis.[1][2][3] Caracterízase pola inflamación traqueobronquial e accesos típicos de tose violenta e espasmódica con sensación de asfixia que rematan cun ruído estridente durante a inspiración (estridor inspiratorio).[4] B. parapertussis e outros microorganismos causan unha doenza semellante pero máis leve á que se denomina síndrome coqueluchoide.[5] Este termo prefírese cando o diagnóstico é exclusivamente clínico e a enfermidade pode deberse a outros axentes virales ou bacterianos.

Tose ferina
Clasificación e recursos externos
Neno con tose ferina, durante unha crise de tose.
MedlinePlus001561
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

As complicacións poden incluír compromiso do sistema nervioso e o miocardio. A aparición da tose ferina é posible a calquera idade pero os máis afectados son os nenos menores de cinco anos. A infección difúndese durante a primavera e o verán. Aínda que nos países desenvolvidos a incidencia desta enfermidade é moi baixa grazas á vacinación, en todo o mundo hai entre 30 e 50 millóns de casos de tose ferina e máis de 300.000 mortes anuais. En xeral, malia a alta cobertura coas vacinas DPT e DTaP, a tose ferina é unha das principais causas de morte prevenible por vacinación en todo o mundo. A maior parte das mortes ocorren entre os nenos pequenos non vacinados ou cunha vacinación incompleta: a protección completa contra a tose ferina require tres doses da vacina. A tose ferina considérase endémica, con ciclos de tres a cinco anos de incremento da enfermidade.[6][7]O noventa por cento de todos os casos prodúcense nos países en vías de desenvolvemento. Canadá é o único país desenvolvido no que a tose ferina é endémica.

Notas